• Contratación dun Técnico de Igualdade para o Concello de Camariñas

    Concello de Camariñas

    ANUNCIO DO CONCELLO DE CAMARIÑAS DE PROCEDEMENTO DE  SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO, DUN/DUNHA TÉCNICO/A DE IGUALDADE QUE SE ENCARGARÁ DO DESENVOLVEMENTO E EXECUCIÓN DAS ACTUACIÓNS SUBVENCIONADAS POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA NO MARCO “DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS E OUTRAS ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA PARA O DESENVOLVEMENTO DE POLÍTICAS DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES E DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO ANO 2012”
  • Encontros de Encaixeiras e Cursos na XXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

    A Mostra 2013 comeza a coller forma con moitas novidades interesantes

    Dende o Concello de Camariñas comuinícasenos que xa está aberto o prazo de inscripción para participar nas xuntanzas e nos cursos que se realizarán na XXIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas. Son éstas actividades que esta semana nos amosaron á redacción de Camarinas.eu dúas das novidades que se presentarán progresivamente mentras se vaia acercando unha das datas máis importantes no calendario económico e festivo do Concello de Camariñas.
  • IV ANDAINA "COÑECE CAMIÑOS" RUTA DA INSUA (XAVIÑA)

    Nova ruta de sendeirismo por Xaviña

    Con motivo do Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xenero, o Concello de Camariñas organiza a IV Andaina "Coñece Camiños" esta vez pola Ruta da Insua, na parroquia de Xaviña.
  • Concurso Cartel Mostra do Encaixe 2013

    Comeza a quentar motores a que será a Mostra do Encaixe 2013

    O Concello de Camariñas convoca a I edición do Concurso de Carteis que ten como obxectivo premiar ao mellor traballo para a difusión e coñecemento da XXIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, certame comercial e cultural de ámbito internacional, que se celebra sempre en Semana Santa, esta edición coincide desde o 27 ao 31 de marzo de 2013.O cartel gañador non só cumprirá a función como tal, senón que servirá de base da imaxe de toda a campaña da Mostra do Encaixe, polo que se valorará a súa facilidade de aplicación para soporte en papelería, diplomas, prensa, banners, etc. A convocatoria e as súas bases publicaranse na páxina web do Concello de Camariñas www.camarinas.net. e tamén se anunciará a través dos medios de comunicación.
  • Actos conmemorativos do 122 Aniversario do afundimento do Serpent

    Un clásico dos actos oficiais verá a súa edición do 2012 este sábado 10 de novembro. Ca presencia do Alcalde camariñán Pichurri, do Delegado en Galicia da Real Liga Naval Española (¿?) José Manuel Pato González, do escritor Juan Campos e do Deseñador Antonio Pernas a partires das 22:30 e baixo o fondo musical do Coro Municipal darase cumprida homenaxe aos náufragos da maior traxedia marítima da Costa da Morte no entorno salvaxe do Cemiterio dos Ingleses. Sin un só representante das autoridades británicas, que se saiba. Tal vez e pasando por enriba de comparacións odiosas haia que preguntarse se na Gran Bretaña honran as pequenas vilas costeiras a aqueles mariños españoles, maiormente galegos, que se esnaquizaron contra as rochas británicas por mor dos elementos alá na expedición da Armada Invencible.
  • XORNADA DE PRESENTACIÓN DE AXUDAS ÁS EMPRESAS E EMPRENDEDORES

    Concello de Camariñas

    A Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas e o Plan Revive da Costa da Morte do IGAPE organizan unha xornada para presentar as axudas ás empresas e emprendedores de cara aoano 2013. Colabora a Asociación de Empresas do Sector Turístico de Camariñas.
  • Obradoiros de Memoria no Concello de Camariñas

    Concello de Camariñas

    O Concello de Camariñas organiza un obradoiro de memoria para os nosos maiores este 14 de novembro de 2012.

     

  • Nota do Concello de Camariñas sobre ciclos formativos falsos

    Concello de Camariñas

    Dende o concello vimos de detectar a existencia dun portal de Internet denominado ciclosformativosfp.com no que aparece información sobre supostos ciclos formativos de grado medio e superior a distancia en Camariñas. Ó final da información ofrecida por este portal aparece un mapa de Camariñas así como os datos de contacto do concello.
  • PROGRAMA “A Igualdade: MISSIÓN POSSIBLE”

    OBRADOIROS DE EDUCACIÓN PARA A  IGUALDADE E PREVENCIÓN  DA VIOLENCIA DE XÉNERO NOS CENTROS EDUCATIVOS. PROGRAMA “A Igualdade: MISSIÓN POSSIBLE”

    Concello de Camariñas

    Dende a Área de Igualdade temos o pracer de informarlles que estamos a realizar distintos obradoiros nos centros educativos que se enmarcan dentro do programa de traballo preventivo e de concienciación no ámbito escolar  “A Igualdade: MISSIÓN POSSIBLE” que estamos a desenvolver dende fai 5 anos.  Os obradoiros comezaron onte día 3 de outubro no CEIP “O Areal” de Camariñas.
  • XOVES DE CAMARIÑAS VIAXAN A FORLÍ (ITALIA)

    Xoves de Camariñas viaxan a Forlí (Italia)

    Unha delegación do Concello de Camariñas participou, do 24 ao 27 deste mes, no terceiro encontro do proxecto europeo Ypad no que este municipio participa xunto con outros catro municipios de Italia, Suecia e Finlandia dentro do programa Europa de los Ciudadanos. Cinco personas compoñían a delegación que acudiu a este encontro: Sergio Caamaño, concelleiro de desenvolvemento e Emilio González, técnico de desenvolvemento, representaron ao concello, acompañados por tres xoves camariñáns pertencentes ao grupo local do proxecto: Silvia Tedín, Isabel Dios e Jose Manuel Rodriguez.
  • ITV para ciclomotores no Concello de Camariñas

    Concello de Camariñas

    A unidade móbil de ITV estará no Concello de Camariñas para realizar inspeccións técnicas periódicas de CICLOMOTORES, MOTOS E QUADS o próximo 23 de outubro de 9:00 a 13:30. Supervisión y Control S.A., empresa adicada a realizar todas estas inspeccións, asignará hora de atención ao público directamente no polideportivo. Para calquer consulta pode dirixirse ao Concelleiro de Urbanismo e Desenvolvemento Local do Concello Sergio Caamaño na Casa de Pedra ou ben chamando ao 981 73 70 04.

  • Cursos de informática en Camariñas este setembro

    Concello de Camariñas

    Durante os meses de setembro a decembro o Concello de Camariñas xunto ca rede CeMIT organizarán varios cursos de informática no Centro de Iniciativas (ao lado do centro de saúde). O primeiro curso será de iniciación a informática e realizarase do 25 de setembro ao 27 de 17:00 a 19:00.
  • Bases e listaxe para as ofertas de Cooperación do Concello de Camariñas

    Concello de Camariñas

    O 27 de agosto o Concello de Camariñas anunciou as ofertas de emprego para 4 peóns e un técnico de Medio Ambiente. Este grupo foi solicitado polo Concello, entre outros máis que non foron concedidos, á Xunta de Galicia dentro dos programas de Cooperación.Hoxe (03/09/2012) publícase no taboleiro da Casa do Concello de Camariñas o anuncio, as bases e os candidatos preseleccionados polo Servizo Público de Emprego de Galicia para as 4 prazas de peón e a praza de técnico de Medio Ambiente.
  • A unidade móbil de doazón de sangue en Camariñas

    Concello de Camariñas

    O próximo martes 4 de setembro a unidade móbil de doazón de sangue estará Camelle. Situarase ao carón da Lonxa coma sempre e abrirá pola tarde de 16:30 ás 21:00. O mércores 5 de setembro a unidade móbil estará na Ponte do Porto. Situarase ao carón do Centro de Saúde coma sempre e abrirá pola tarde tamén de 16:30 ás 21:00. Hoxe 500 persoas dependen de ti. Dende o Concello de Camariñas instamos a tódolos veciños a colaborar nesta causa. Moitas gracias.

    Sergio Caamaño Fernández
    Concelleiro de Urbanismo e Desenvolvemento Local
    Concello de Camariñas.

  • Contratación dun/dunha auxiliar doméstica

    Concello de Camariñas

    ANUNCIO DO CONCELLO DE CAMARIÑAS DE PROCEDEMENTO DE  SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DUN/dunha AUXILIAR doméstico/a DO Servizo de Axuda No FOGAR
  • Procedemento aberto para a adxudicación do Tanatorio de Camariñas

    PROCEDEMENTO ABERTO CON MULTIPLICIDADE DE CRITERIOS DE VALORACIÓN PARA A ADXUDICACIÓN DAS OBRAS COMPRENDIDAS NO PROXECTO DENOMINADO “MODIFICADO DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DE CONSTRUCCIÓN DE EDIFICIO PARA TANATORIO MUNICIPAL”

  • Procedemento de selección para a contratación dun técnico no Concello de Camariñas

    Concello de Camariñas

    ANUNCIO DO CONCELLO DE CAMARIÑAS, PROCEDEMENTO DE  SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DUN/dunha téCnico/a QUE SE ENCARGARÁ DO DESENVOLVEMENTO E EXECUCIÓN DAS ACTUACIÓNS SUBVENCIONADAS AO ABEIRO DA RESOLUCIÓN DO 4 DE XANEIRO DE 2012, DA SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE
  • Festa da Praia en Xaviña 2012

    A Praia do Ariño acollerá outro ano máis a Festa da Praia de Xaviña

    Coma tódolos anos o 25 de xullo o Ariño recibirá a Festa da Praia. Organizado polo Concello de Camariñas este evento comezará ás 12 do mediodía comezará esta festa cunha misa na que actuarán o coro Anduriñas de Xaviña en honor a Santiago Apóstolo. A continuación, e a partir das 2 da tarde aproximadamente, traballadores municipais faran unha gran sardiñada para degustación dos asistentes. As 4 da tarde teremos un hinchable e unha serie de xogos populares para os máis pequenos. Tamén a partir desa hora comezarán as actuacións musicais a cargo do grupo de gaitas Abrindo Rejo, o grupo de gaitas municipal, o grupo de baile municipal e o cantautor Xan Solo. Esperamos que todos e todas nos acompañedes este día no merendeiro e praia do Ariño.

    SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ
    Concelleiro de Urbanismo e Desenvolvemento Local
    Concello de Camariñas.
    Pz. de Insuela, s/n - 15123 Camariñas - A Coruña.

    Tlf: 981737004

  • Charla sobre doazón de órganos

    O noso querido amigo Luis Martínez Sierra ao frente da loita pola doazón de órganosO noso querido amigo e usuario Luis Martínez Sierra da na tarde deste xoves 12 de xullo de 2012 unha nova charla sobre doazón de órganos no Centro de Iniciativas Empresariais, sito na Rúa do Prado, ao carón mesmo da... Clínica de Camariñas. Será a partires das 20:00 horas e realizarase en colaboración ca Concellería de Asuntos Sociais. Unha charla necesaria, para informarse dun tema que pode axudar a salvar tantas e tantas vidas de persoas que necesitan dramáticamente un órgano. Sempre é de destacar a colaboración desinteresada e permanente de Luis Martínez Sierra na celebración deste tipo de actos así como da Concelleira Mari Carmen Linares Chica poñendo á súa disposición a axuda municipal necesaria, unha muller que renunciou á dedicación que percibía do Concello e que segue a traballar darreo e cuio exemplo aínda seguimos esperando que empece a ser seguido por algún asesor provincial que cobra anualmente máis de 20.000 euros da Deputación pola noble labor de andar tirado polos bares. Pero non pasa nada: para compensar xa está o Goberno para baixar os salarios aos empregados públicos e botar para a rúa a uns cantos de miles dos mesmos, amén de subir o IVA ao xeral da cidadanía. En definitiva, mellor non pensar demasiado nesto porque si non un xa pode ser que tolee (despois aínda se queixarán os nosos gobernantes: "coño, pero cos sacrificios que estamos facendo, que mal vistos estamos"), e nembargantes sí acudir a esta interesante charla, que xa fai a segunda da colaboración Luis Martínez Sierra en nome de Alcer (Asociación para la lucha contra las enfermedades del riñón)-Concello de Camariñas. Hai que dicir que na primeira das charlas estivo presente un rapaciño de Camariñas que se chama Miguel e que esta semana pasada foi transplantado exitosamente de un riñón. Gracias precisamente a unha doazón.
  • Curso de manipulador de alimentos en Camariñas

    Concello de Camariñas

    O Concello de Camariñas organiza un curso de manipulador de alimentos, obrigatorio para desenvolver ocupacións que impliquen a manipulación de produtos alimentarios. A realización do curso está prevista para o mes de setembro e estará condicionada a que se xunte un grupo mínimo de participantes. Tódolos asistentes recibirán un certificado da realización acción formativa.