• CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE EN CAMARIÑAS. O teu sangue é vida. Compártea.

    Campaña de doazón de sangue en Camariñas
    O venres 4 de outubro a unidade móbil de doazón de sangue estará en Camariñas. Situarase fronte ao edificio da Seguridade Social no acceso á lonxa coma sempre e abrirá pola tarde de 16:30 ás 21:00.  O venres 4 de outubro 500 persoas dependen de ti. Dende o Concello de Camariñas instamos a tódolos veciños a colaborar nesta causa. O teu sangue é vida. Compártea. Moitas grazas.
  • ANUNCIO URXENTE SOBRE A PRE-SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR DO OBRADOIRO DE EMPREGO “TERRA DE SONEIRA 2013-2014”

    Hoxe, 18 de setembro de 2013, a Oficina de Emprego de Cee publicou as bases e o baremo provisionais para a pre-selección do alumnado traballador e persoal do obradoiro de emprego “Terra de Soneira 2013-2014” e o listado provisional dos pre-candidatos dos tres concellos. As persoas pre-seleccionadas terán que presentar a documentación canto antes e as entrevistas comezan o venres.
  • CURSOS DE INFORMÁTICA EN CAMARIÑAS ATA DECEMBRO DE 2013

    Cursos de informática en Camariñas
    Durante os meses de setembro a decembro o Concello de Camariñas xunto ca rede CeMIT organizarán varios cursos de informática no Centro de Iniciativas (ao lado do centro de saúde). O primeiro curso será de iniciación a informática e empezará o 18 de setembro. Os cursos teñen unha duración media de tres días cada un e o horario é de 17:00 a 19:00.
  • SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL (ANIMADOR/A) NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

    Concello de Camariñas
    O Concello de Camariñas publicou hoxe no BOP a convocatoria e bases que rexerán o procedemento de selección para a contratación laboral temporal, mediante concurso, dun/ dunha animador/a cultural. 
  • A Deputación da Coruña impulsa e patrocina o primeiro torneo de xadrez para grandes mestres que se celebra en Galicia

    O Presidente da Deputación Diego Calvo xunto aos Alcaldes de Camariñas, Muxía e Fisterra
    O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, presentou esta mañá na sede do organismo provincial o Torneo Internacional de Xadrez “Entre Faros”, que se celebrará do 5 ao 14 de outubro entre Fisterra, Camariñas e Muxía. Na presentación, Calvo estivo acompañado polo presidente do Clube de Xadrez Cabo Touriñán, Santiago Pérez Haz, organizador do evento e os alcaldes de Fisterra, José Manuel Traba; Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León; e o de Muxía, Félix Porto Serantes.
  • OBRADOIRO DE EMPREGO TERRA DE SONEIRA - Camariñas, Vimianzo e Zas

    Escola Taller Aldea Madeira, a últiuma escola obradoiro en Camariñas
    As persoas desempregadas de Camariñas que desexen participar no obradoiro de emprego teñen que acudir o antes posible á oficina de emprego. Especialidades que se van impartir son as de Interpretación e educación ambiental e Confección e publicación de páxinas web.
  • O Concello de Camariñas estrea este 12 de setembro a súa sede electrónica

    O concello de Camariñas estrea a súa sede electrónica
    O 12 de setembro o Concello de Camariñas estará a disposición de calquera cidadán do mundo, calquera día do ano e a calquera hora. Nace un novo xeito de tramitar e ver as xestións no Concello, sen saír de casa, sen colas nin horarios, con transparencia. Coa seguridade dos datos a través do DNI electrónico.
  • O Concello organiza visitas guiadas pola Capital do Encaixe

    O Concello de Camariñas organiza visitas guiadas pola vila das Palilleiras

    As visitas guiadas por Camariñas realizaranse todos os venres ata finais de Setembro. Son gratuitas e realizaranse para grupos de entre 5 e 12 persoas. As persoas interesadas deberan inscribirse na Caseta de Información Turística de Camariñas. Situada no Paseo Marítimo, tfn.: 981 736199 , Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • O Alcalde Pichurri visita aos alumnos do curso de ebanistería

    Este pasado mércores 21 de agosto o Alcalde acompañado de Sandra Insua, Mª Carmen Linares e Sergio Caamaño visitaron as instalación onde se imparte o curso de Ebanistería. Este curso, pertencente ao programa de Accións Formativas dirixidas para Desempregados, foi solicitado polo Concello de Camariñas á Xunta de Galicia.
  • Operativo de seguridade Carmen 2013

    A Xunta de Seguridade Local de Camariñas reuníuse este xoves 27 de xuño

    Despois do episodio da desaparición dos arcos da Danza de Camariñas, toda precaución é pouca. Debío ser por elo que na mañán deste xoves 27 de xuño de 2013 na Casa do Concello tiña lugar unha reunión da Xunta Local de Seguridade cos ollos postos na xa tan próxima Festa do Carme do Camariñas. A importancia do evento facía que estivera presente o subdelegado do Goberno na Provincia da Coruña, o que ata que Aznar por indicación expresa de Jordi Pujol lles dou fin viría a ser o antigo Gobernador Civil. Foi o prolegómeno da vindeira reunión da Comisión de Coordinación Policial onde xa se determinará polo miudo o operativo encargado de manter a seguridade na que é por dereito propio a maior festividade do Arco Atlántico.
  • CURSO DE EBANISTERÍA GRATUÍTO PARA PERSOAS DESEMPREGADAS

    Curso de ebanistería no Concello de Camariñas

    A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia concedeu curso de Ebanistería dentro das accións formativas prioritarias para persoas desempregadas solicitadas polo Concello de Camariñas. Ata o venres 7 de xuño teñen de prazo as persoas interesadas para solicitar este curso na oficina de emprego. As persoas que superen o curso con éxito poderán solicitar certificado de profesionalidade.
  • Talleres de educación vial nos colexios do Concello de Camariñas

    Os axentes da policía Municipal de Camariñas impartiron cursos de seguridade vial aos nenos

    Rematou Maio e con el vai rematando o curso escolar. Coma aquel que di ,hai tres días que estábamos deseñando as actividades educativas que poderíamos ofertar o longo deste curso e xa estamos as portas do remate. Entre as actividades máis destacadas e que máis lles chamaron a atención os nosos pequenos e pequenas sen dúbida están os talleres de educación viaria. Os axentes da policía local do noso concello achegáronse as clases para explicarlle o alumnado de 1º e 2º de primaria dos colexios O Areal de Camariñas e O Allo de Ponte do Porto :
  • Acto de despedida no IES Pedra da Águia

    O grupo IPAD nunha visita recente ao Concello de Camariñas

    Mañana viernes 5 de abril, a las doce del mediodía, el eurodiputado gallego Antolín Sánchez Presedo, el alcalde de Camariñas, el concejal de Desenvolvemento y miembros del grupo local del proyecto europeo YPAD, Young People and Devolpmented, visitarán el IES Pedra da Aguia de A Ponte do Porto. El acto tiene por objeto felicitar y mantener una breve charla con los 20 alumnos de 4º de la ESO que la próxima semana irán a Estrasburgo para asistir, en el Parlamento Europeo, a una jornada de convivencia y reflexión con más de 450 estudiantes procedentes de 21 países comunitarios.
  • Proxección das fotos de Camarinas Mar

    As imaxes do concurso de Camariñas Mar serán expostas no Faro Vilán

    Esta SEMANA SANTA, do 25 ao 31 de marzo, moitas das fotografías que participaron ao través de Facebook ou Instagram no concurso "Camariñas, Toda la Mar" proxectaranse continuadamente no edificio do Faro Vilán nunha pantalla de 50”. Con esta proxección queremos dar as grazas ás persoas que compartiron as súas fotos durante o concurso e ás que nos siguen nas redes sociais.
  • Cursos de emprego no Concello de Camariñas

    Cursos de emprego no Concello de Camariñas

    O Concello de Camariñas solicitou á Consellería de Traballo e Benestar cursos para persoas desempregadas. Un deles é o de Ebanisteria, especialidade formativa prioritaria da Comarca Terra de Soneira onde Camariñas é o único centro homologado pola Consellería. No entanto, fai máis de 3 anos que a Xunta non concede este curso prioritario a Camariñas. Outro é atención sociosanitaria a persoas dependentes nos domicilios. Ademais o Concello colabora con diferentes entidades para que se impartan os seguintes cursos para desempregados en Camariñas. Estas entidades ten solicitadas á Consellería distintas especialidades. A Asociación Galega de Emprendedores solicitará o Curso Atencion sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais en Camariñas. A Federación Galega de redeiras artesans “O Peirao” solicitará o Curso de redeiras: Confección e mantemento de artes e aparellos de pesca. Por último, no programa de formación para persoas desempregadas da RedeXiana2 da Deputación da Coruña, aínda non iniciado, Camariñas está seleccionada como centro para realizar as seguintes accións formativas: Obradoiros de emprego, Habilidades sociais e comunicativas, Alfabetización informática: internet, Responsabilidade Social, Busca de emprego e novas tecnoloxías, apoio preparación para as probas de competencias clave, Condución económica y eficiente, e Comercialización e venda electrónica.

    Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas
  • CURSO DE GALEGO PREPARATORIO CELGA 4 EN CAMARIÑAS

    Concello de Camariñas

    Informámosvos de que o concello vén de solicitar á Xunta de Galicia a realización dun curso preparatorio de galego nivel Celga 4.  O curso terá carácter gratuíto e 70 horas de duración. A realización do curso estará condicionada á concesión por parte da Xunta de Galicia do permiso necesario para a súa impartición e a que se manteña o número mínimo de 20 persoas inscritas. Aínda que se acadaron as inscricións mínimas necesarias para a solicitude dispoñemos dalgunha praza vacante polo que as persoas interesadas podedes aínda anotarvos para o dito curso.
  • XORNADAS SOBRE AS REDEIRAS E AS ACREDITACIONS PROFESIONAIS

    Sesión informativa en Camariñas sobre o oficio de redeiras

    A federación galega de redeiras O Peirao en colaboración coa Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas, impartiran o 14 de febreiro ás 11:00horas no Centro de Iniciativas de Camariñas, una sesion informativa sobre o oficio das redeiras, as acreditacións profesionais e a diversificación do seu traballo con actividades complementarias.
  • CURSOS DE BUSCA DE EMPREGO NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

    Novos cursos para busca de emprego no Concello de Camariñas

    O Concello de Camariñas, entidade colaboradora do SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia), servizo da Xunta de Galicia cofinanciado polo Fondo Social Europeo, desenvolverá nos meses de febreiro e marzo diferentes cursos sobre busca de emprego. O fin é facilitarlle ás persoas interesadas neste tema información e ferramentas que posibiliten o seu acceso ao mercado laboral. Os distintos obradoiros son de carácter gratuíto e serán impartidos pola orientadora laboral. En total ofértanse 4 cursos:
  • O Grupo YPAD de Camariñas crece

    O GRUPO YPAD DE CAMARIÑAS AUMENTA E PREPARA A SÚA VISITA AO EVENTO DE FERROL

    Hai dous anos o Concello de Camariñas logrou entrar nun programa europeo chamado Europe for Citizens Programme. En Borgotaro (Italia) un representante de Camariñas reuníase con outros representantes doutros países onde comezou un proxecto dentro dese programa co nome YPAD, Young People and Development. O obxectivo do programa consistiría en intercambiar boas prácticas entre os municipios socios en temas tan importantes para a xuventude como o desemprego, a formación e o autoemprego.
  • CHARLA EN CAMARIÑAS SOBRE O AFORRRO DE ENERXÍA E AUGA NO FOGAR

    Este martes 29 de xaneiro interesante charla sobre o aforro de enerxía no fogar

    Delia Outes Rey, técnica de Medio ambiente do Concello de Camariñas, vai impartir a última da serie de charlas dirixidas tanto ao alumnado do IES Pedra da Aguia como ao persoal municipal. Ás 11 horas do vindeiro martes 29 de xaneiro, no salón de plenos do concello, vaise celebrar a segunda charla dirixida á veciñanza de Camariñas na que se  informará dos medios para reducir o consumo de auga e enerxía no fogar. Detrás está o feito de que os comportamentos aforradores no fogar teñen tamén un impacto medioambiental e social.A charla, apoiada con presentacións, terá unha duración dunha hora e se desenvolveran os seguintes temas: