• 2ª Edición do programa de Andainas Coñece a Costa da Morte

    2ª Edición do programa de Andainas Coñece a Costa da Morte, nas que o Concello de Camariñas é primeiro dos oito Concellos que este ano participamos no programa, en botar a andar a súa Andaina. A data da mesma será o sábado 5 de Abril, data límite de inscrición o xoves día 3 de Abril.
  • O Concello de Camariñas acondiciona o Museo do Encaixe para protexer as pezas

    O Concello de Camariñas está realizando obras de remodelación na fachada acristalada do Museo do Encaixe para protexer as pezas artesanais que alí se atopan evitando que pase a luz solar. Os técnicos están instalando uns vinilos decorativos nos ventanais que reducirán  o impacto  da luz do sol, xa que ésta pode afectar gravemente aos diseños de encaixe que alí se gardan. Ademais de reducir o impacto solar, os vinilos servirán para promocionar a Mostra do Encaixe e outros símbolos de Camariñas como o Faro Vilán, xa que haberá varias imaxes típicas que se poden ver dende o exterior. Nun deles lucirá unha imaxe deste emblemático edificio, noutro o cartel promocional da Mostra do Encaixe deste ano –unha noiva co traxe típico da comarca e mantilla- e noutro un cartel dunha pasada edición. Tamén aparecen  unhas mans de palilleira e o logotipo do encaixe de Camariñas como producto de calidade.
  • El Concello de Camariñas lleva a Vigo su Mostra do Encaixe 2014

    Cinco jóvenes de la ciudad olívica y la comarca participan en el concurso de Diseñadores Noveles del certamen. La Escuela Municipal de Artes y Oficios de Vigo acoge este jueves 13 de marzo una rueda de prensa para presentar la Mostra do Encaixe de Camariñas (A Coruña) que se celebra en esta localidad durante la Semana Santa. El acto será a las 12.00 horas en la hemeroteca del centro.
  • PROGRAMA CONMEMORATIVO DO 8 MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

    Dende a Área de Igualdade do Concello de Camariñas poñémonos en contacto con vós para informarlles do programa que se vai a levar a cabo relativo ao Día Internacional da Muller no noso concello. Este ano decidimos centrarnos en actuacións de carácter reivindicativo onde se dea visibilidade ás mulleres como colectivo  e aos dereitos que aínda que moitos están recoñecidos a nivel legal as mulleres non conseguiron na realidade.   
  • Presentación da Mostra do Encaixe 2014 na Deputación Provincial da Coruña

    A sede da Deputación da Coruña acolleu hoxe a presentación da XXIV Mostra do Encaixe de Camariñas que, un ano máis, se celebrará durante a Semana Santa para dar a coñecer este antigo arte das mulleres da Costa da Morte. A vicepresidenta da Deputación, Mariel Padín, foi a responsable de presentar un evento co que a entidade provincial colabora con 60.000 euros, máis do 50% do orzamento total, ademais de asumir todas as labores de imprenta no que respecta á impresión de carteis, folletos, entradas…
  • PRESENTACIÓN DE O MAR NA ESCOLA 2014 - XOGANDO CO VENTO

    O Alcalde do Concello de Camariñas Manuel V. Alonso de León convídavos o Xoves 18 de Febreiro,  11.00 horas, á presentación do programa “O Mar na Escola 2014”, destinado a nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria dos colexios C.E.I.P O Areal e C.E.I.P Ponte do Porto, que se desenvolverá durante os meses de Marzo, Abril e Maio. O programa conta co patrocinio de INDUSTRIAS CERDEIMAR, a colaboración do programa Xogade da Xunta de Galicia e do Club Náutico de Camariñase está promovido polo Concello de Camariñas dende o ano 2004.
  • CURSOS DE LINGUA GALEGA PRAPARATORIOS PARA AS PROBAS CELGA 2014

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia vén de convocar cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. O concello quere solicitar os ditos cursos polo que abrimos prazo de inscrición para que as persoas interesadas vos anotedes. Os cursos terán carácter gratuíto e 70 horas de duración.
  • III Carreira Popular Concello de Camariñas

    O Domingo día 9 de Marzo terá a lugar a III Carreira Popular de Camariñas, dita carreira forma parte do I Circuito Correndo pola Costa da Morte. As categorías van dende Pitufos (2007- 2010) ata vetrán M50 (maiores de 50 anos). Como novidade a destacar está o feito que nas probas de adultos haberá a posiblidade de participar na carreira 10K ou a carreira 5K. Para máis información pinchade no regulamento e se tedes algunha dúbida, chamade ao Concello de Camariñas no número 981 73 60 00 e preguntade por Fran Puga.
  • Presentación da XXIV Mostra do Encaixe de Camariñas en FITUR

    Hoy jueves, a las 17:00 H. será el acto de presentación de la XXIV Mostra do Encaixe de Camariñas en el cual contamos con la inestimable colaboración del diseñador y presidente de la Asociación de Creadores de Moda de España el diseñador Modesto Lomba, colaborador de la Mostra do Encaixe de Camariñas que desde hace años viene apoyando a nuestra artesanía exaltando el Encaje de Camariñas en colecciones presentadas en Cibeles, New York,…
  • ITV PARA CICLOMOTORES NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE CAMARIÑAS

    A unidade móbil de ITV estará no Concello de Camariñas para realizar inspeccións técnicas periódicas de CICLOMOTORES de dúas rodas e máis de tres anos, MOTOS E QUADS de máis de catro anos de antigüedade. A cita previa poderá concertarse a través da web www.sycitv.com ou no teléfono 902309000. Aos que se presenten sen cita previa asignaráselles hora directamente na estación, segundo a disponibilidade.
  • UNHA PANTALLA LUMINOSA PARA APOIAR AO COMERCIO LOCAL DE CAMARIÑAS

    O Concello de Camariñas instala unha pantalla informativa para mellorar a rede comercial local. Na última reunión da mesa local de comercio da que forman parte o Concello de Camariñas, a Asociación de Empresarios e a Asociación de Amas de Casa aprobouse o Plan de Desenvolvemento Comercio 2013-2014.
  • Man coas tuas mans, Xornada creativa para entender a obra do Alemán de Camelle

    Man cOas Tuas manS. Participa na Xornada creativa para entender a obra do Alemán de Camelle. Preténdese que os nen@s, e non tan nen@s, tomen conciencia ecolóxica e, a partir de materiais de refugallo e as súas mans, poidan crear obras coma o do Alemán de Camelle.
  • Cartel da Mostra do Encaixe de Camariñas 2014

    O Concello de Camariñas presentou o cartel da vindeira edición da Mostra do Encaixe, que se celebrará na Semana Santa, entre os días 16 e 20 de abril. No cartel aparece unha modelo co traxe de noiva típico da Costa da Morte do século XVIII con aplicacións de encaixe de Camariñas, do deseñador Franco Quintáns (vestido de dúas pezas de cor negro), e mantilla de cor branco. A mantilla é unha réplica da que foi regalada á raíña Victoria polo Concello de Camariñas. A mantilla e o vestido de noiva atópanse expostos no Museo do Encaixe, que pode ser visitado polas persoas que o desexen.
  • PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO 2014 (BALNEARIOS)

    Está aberto o prazo para solicitar praza no programa de Termalismo Social do Imserso para o ano 2014 cos seguintes requisitos: Ser Pensionistas da Seguridade Social de xubilación ou de invalidez e, de viudedade ou doutras pensións sempre e cando o beneficiario teña cumpridos os 60 anos. Ser españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos. Non padecer doenzas mentais graves nin enfermidade infecto-contaxiosa. Valerse por si mesmo para as tarefas da vida diaria. Acadar  a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitados, de conformidade coa baremación esixida. Se admitirá como acompañante o/a cónxuxe aínda que non alcance a idade sempre que cumpra o resto dos requisitos.
  • O CONCELLO DE CAMARIÑAS PARTICIPA NUN OBRADOIRO SOBRE A XUVENTUDE E A INICIATIVA EMPRENDEDORA EN SUECIA

    Durante a semana pasada tivo lugar en Pitea, Suecia, unha xuntanza dos coordinadores do proxecto europeo YPAD, Xuventude e Desenvolvemento. Este proxecto desenvolveuse durante dous anos a través de encontros nos seis municipios socios: Borgotaro e Forlí en Italia, Masku en Finlandia, Pitea, Ferrol e Camariñas. Camariñas acolleu o encontro de clausura o pasado mes de maio.
  • SERVIZO DE APOIO E FORMACION PARA ENTIDADES E ASOCIACIONS DE CAMARIÑAS.

    O Concello de Camariñas pon en funcionamento dende o  26 de novembro ata o 19 de decembro de 2013, un servizo de apoio e formación para entidades e asociacións de Camariñas co obxectivo de dotar de ferramentas á directivas que faciliten a tramitación de axudas e subvención e doutros trámites administrativos on line.
  • ​ANA MARTÍNEZ ARRANZ, PSICÓLOGA DEL AYUNTAMIENTO DE CAMARIÑAS RECIBE EL RECONOCIMIENTO DEL MINISTERIO DE FOMENTO

    Este sábado 26 de octubre, se procedía en el Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, a la entrega de una Placa de Honor de la Orden del Mérito Civil, al Grupo de Intervención Psicológica en Catástrofes y Emergencias (GIPCE), del que nuestra querida Ana fue coordinadora durante el accidente ferroviario ocurrido en Angrois, el pasado 24 de julio.
  • SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL (PEÓNS) PARA CAMARIÑAS

     
    O Concello de Camariñas formulará a partir do día 22/10/2013 dúas ofertas xenéricas de emprego ante a Oficina Pública de Emprego de Cee, unha mediante o código 96011029 “Peón de obras públicas en xeral” e outra mediante o código 95431028 “Peón forestal”. As persoas interesadas que non teñan xa estes códigos terán que ir a Cee apuntarse. Son catro prazas de peóns (2 peóns forestais e 2 peóns de obras) estan subvencionados pola Conselleria de Traballo e Benestar dentro do Programa Cooperación. A Oficina Pública de Emprego remitirá unha pre-selección de candidatos que o Concello de Camariñas fará pública mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello, e a efectos únicamente informativos na web municipal www.camarinas.net. As persoas interesadas incluídas na lista enviada por Cee disporán de 3 días hábiles para presentar a documentación indicada nas bases.
  • O Concello promociona o encaixe de Camariñas en Xove (Lugo)

    As máis pequeneas palillieras destacaron no encontro de encaixeiras de Mos
    O Concello de Camariñas mediante a Consellería de Cultura, Educación e Encaixe sigue a promover o Encaixe de Camariñas asistindo a encontros de encaixeiras.  Mañá, sábado día 5 de outubro, participarase no IV Encontro de Palilleiras de Xove  con encaixeiras pertencentes a Asociación Profesional Rendas e a Asociación de Amas de Casa, ámbalas dúas de Camariñas.
  • Bases del XXI Concurso de Jóvenes Diseñadores de Moda - Mostra 2014

    Bases del XXI Concurso de Jóvenes Diseñadores de Moda - "XXIV Mostra do Encaixe de Camariñas" del 16 al 20 de abril de 2014 - Plazo límite para remitir la memoria: 2 de diciembre de 2013. Catálogo de “Encaixe de Camariñas” a través del cual se le facilitará encajes para realizar la colección.