• Gran laconada do Carme 2019 no Pavillón de Camariñas


    O próximo 24 de febreiro celebrarán unha GRAN LACONADA no polideportivo O Areal, elaborada con produtos da zona e por profesionais moi recoñecidos na hostalería local de Camariñas. O servicio correrá a cargo dos membros da Asociación. Preténdese representar aqueles xantares tradicionais onde se reunían familiares e amigos para comer a fartar, falar e bailar na sobremesa.

  • Novas actividades da Comisión de Festas 2019 do Carmen de Camariñas

    A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” é unha entidade sen ánimo de lucro que desenvolve distintas actividades ao longo do ano, aínda que a súa función principal é a organización das festas patronais do Carme de Camariñas. Tamén desenvolve todo un amplo abano de actividades, entre elas, a organización de distintas actividades deportivas vinculadas ao aire libre, como son as andainas.
  • A Comisión do Carme organiza unha Andaina dende Camelle ata Camariñas

    A comisión de veciños encargada da organización da Festa do Carmen de Camariñas encara o inicio deste novo ano cunha chea de proxectos e actividades das que iremos dando boa conta aquí nesta web. Entre todas elas procedemos a publicar o anuncio dunha nova Andaina do Carmen pola costa de Camariñas que se celebrará o próximo domingo 27 de xaneiro e que dará comezo na Casa do Alemán en Camelle rematando na Casa de Pedra de Camariñas. Nesta nova edición destas exitosas andaindas, ademáis de coidar a saúde facendo deporte, terás a oportunidade de colaborar na recaudación de fondos para o Carmen 2019. O punto de chegada e lugar de recepción de participantes é a Casa de Pedra sendo a hora de saída do Museo de Man ás 10 horas. Habilitarase un punto de concentración na Casa de Pedra ás 9:30 para todos aqueles que non dispoñan de coche para ir pola súa conta ata Camelle. Os interesados en participar nesta andaina poden facelo chamando ao teléfono de contacto 646 94 22 95 onde os informarán de todos os detalles da actividade. Compre destacar que despois de ter rematada esta intensa camiñata todos os asistentes veranse recompensados cunha espectacular churrascada ofrecida pola comisión de festas do carmen. Todo elo se poderá desfrutar o día 29 de xaneiro de 2019 polo módico prezo de 15 euros. Nos alí estaremos.
  • Este sábado 1 de decembro Cena do Carme de Camariñas

    Chega o nadal e xa están con nos esas inevitables cenas de empresa, de amigos, familiares, etc... e a Comisión de Festas do Carme de Camariñas non vai a ser menos e celebrará este sábado 1 de nadal no Pavillón Municipal de Camariñas a cea baile do Carmen 2019. E entre todas as grandes novidades que esta comisión ten preparadas e que se irán desvelando pouco a pouco nesta web hoxe tocanos anunciar esta cena benéfica a prol do Carme. Unha velada que se prevée multitudinaria en canto a asistencia e tamén en número e calidade de platos a servir, que é o importante nestes casos para moitos. O espectacular menú que nos terán preparado para esta velada benéfica conta con un menú composto por abundantes entremeses variados, gambón cocido, tenreira asada ao estilo camariñán, un surtido de postres variados deliciosos e todo elo regado cun bo viñiño do país. Xa finalizada o menú chegará o turno de reposar e facer a dixestión. Para elo a comisión terá preparado un excelente café de pota acompañado polos inevitables chopitos que faran que os máis bailadores se vaian levantando para comezar o baile que será amenizado polo exitoso DJ camariñán Xiba. Os organizadores do evento tamén pensaron nos máis pequenos e terán un delicioso menú infantil a base de entrantes, milanesa con patacas e postre "rico rico". Para todos aqueles que desexen asistir e colaborar nesta cena benéfica para que a nosa festa siga sendo a "Mellor Festa do Mundo" non teñen máis que chamar canto antes ao 646 94 22 95 e reservar sitio porque as plazas dispoñibles a día de hoxe son moi limitadas. E alí estará Camarinas.eu para deixar testimonio de todo o que aconteza nesta gran cena benéfica a prol do noso Carme, sen dúbidas a Mellor Festa do Mundo. Viva O Carme!
  • Paula Esteiro Ramos, nomeada Camariñana de Honra 2018

    A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” acordou nomear á atleta camariñana Paula Esteiro Ramos, Camariñana de Honra 2018. Este recoñecemento, que se fai por primeira vez, pretende, con carácter anual e coincidindo coa festividade do Carme de Camariñas, recoñecer á persoa, entidade ou institución que represente mellor os valores camariñáns. 
  • Aquí está a Comisión de Festas do Carmen de Camariñas 2018

    En esto das comisións de festas pasa como no fútbol: o importante é que o legado dunha xeración gloriosa se transmita á seguinte. Toda unha sabiduría acumulada, uns valores e un saber facer que sexan traspasados ás novas xeracións por medio de uns cantos estandartes que recollan as esencias gloriosas do club. Así, no seu momento, Di Stéfano fui o encargado de transmitir o know-how madridista á xeración dos ye-yés (Copa de Europa de 1966). Os Amancio, Pirri, Benito e compañía recolleron daquelas sagradas mans un legado que despois recaería nos Santillana, Juanito (D.E.P.) ou Camacho. Nos tumultuosos anos 80 do Felipismo a Quinta da Buitre continuou unha lenda que anos despois resucitarían Raúl, Fernando Redondo e a Quinta dos Ferrari con 3 novas memorables Copas de Europa (1998-2000-2002). E así ata estes heroicos días nos que Cristiano Ronaldo é o máximo expoñente da continuidade dun nunca inigualado legado futbolístico.
  • Día Histórico en Camariñas: Inaugúrase a estatua da Virxen do Carmen

    Día grande, emotivo, dos que quedan para o recordo na Vila de Camariñas. Fruto da colaboración entre o Concello de Camariñas, Camarinas.eu e a Comisión da Festa do Carmen presidida polo noso gran amigo Rubén Lema, que á fin e á postre foi de quen partío esta acertada iniciativa, Camariñas vivía un día de festa a partires das 13:00 horas deste histórico sábado 22 de decembro de 2012. No seu Paseo Marítimo, ca bendición sacra do Páter camariñán Don Jesús Baneira, cos saltos multicolores da Danza de Arcos, ca máis alta representación institucional, cos membros da Comisión, non foi raro ver signos de ledicia espontánea, infantil incluso, rostros de emoción, bágoas serpenteando furtivas polas meixelas, nos presentes.
  • Próxima Inauguración da Estatua á Virxen do Carmen de Camariñas

    Comenzou como unha sinxela iniciativa da Comisión da Festa do Carmen que acabou collendo vuelo gracias á implicación de Camarinas.eu e do Concello de Camariñas e que finalmente todo indica acabará sendo un evento chamado a pervivir durante décadas no imaxinario colectivo da Vila das Palilleiras. Elo acontecerá este sábado 22 de decembro de 2012 a partires das 14:00 horas cando teña lugar a solemne inauguración do Monumento á Virxe do Carmen no Paseo Marítimo de Camariñas. Máis ou menos en frente ao Gadis, ca bendición santa do páter Don Jesús e ca presencia estelar da Danza de Arcos. Unha hora antes, ás 13:00 horas, e tal e como mandan os cánones, celebrarase na Capela do Virxen do Carmen unha misa solemne en honor á Patroa de tódolos mariñeiros.
  • Nova Estatua para Camariñas

    No que constitúe unha nova exclusiva, Camarinas.eu está en condicións de adiantar que si Portos de Galicia non arruina a operación Camariñas contará en breve cun novo monumento que embelezca os seus rueiros. A Comisión da Festa do Carmen, liderada polo noso querido amigo Rubén Lema, ven en datas recentes de adquirir unha Virxen do Carmen de pedra coa intención de instalala de forma permanente no Paseo Marítimo, diante do Gadis. A estatua da Patroa dos Mariñeiros quedaría mirando cara o lugar onde a súa intercesión salvadora desprega os seus efectos benefactores, o mar camariñán, e se todo marcha ben e se obteñen os permisos correspondentes para o día 22 de decembro do exercicio en curso estaría prevista a súa inauguración oficial previa misa solemne de consagración.
  • Entrevista a Jose Manuel Canosa Campana, Presidente da Comisión de Festas do Carmen 2010

    Os camariñáns de ben eternamente agradecidos

    Nunca quería saír nas fotos. Eran desa clase de persoas ás que non lle gusta o protagonismo e si o traballo sordo, calado, serio e concienzudo, por elo das miles de fotos publicadas por camarinas.eu das tres edicións das Festas do Carme nas que lle tocou en sorte ser Presidente da Comisión de Festas, non haberá máis que un puñado de fotos súas, unha ducia, ao mellor nin eso. Tras unha serie de edicións desvaídas, sin brilo algún, lonxanas e frías, e nas que se chegou a temer pola sorte que puidera correr a mesmísima Procesión Marítima, a xoven e competente Comisión presidida por José Manuel Canosa Campaña será recordada por ser aquela que revitalizou dunha maneira decisiva unhas Festas do Carme que presentaban naquel momento de inicios de ano 2008 un tinte preocupantemente moribundo e conformista, a que voltou a acercar á festa ao pobo, a que trouxo a Camariñas as mellores orquestas, a das edicións máis masivas que se recorden. No momento do adeus, Campaña sincérase ante camarinas.eu e pasa revista ao acontecido nos tres anos que cambiaron posiblemente de forma definitiva a cara das Festas do Carme.
  • Festa da Xuventude 2009 en Camariñas

    A pesares de todos os esforzos realizados e dunha organización e intendencia cáseque perfectas por parte da Comisión de Festas, as actuacións programadas dos dj's chegados de Suiza e da Orquesta Trole non foron quen de atraer cara a Area da Vila o importante número de visitantes esperado. A elo debe sumárselle un clima que amenazou chuvia toda a tarde descargando finalmente de forma inclemente nas primeiras horas da noite. Con todo, tratouse dunha iniciativa boa e pioneira da que a nosa Comisión tomará boa conta e que debe repetirse en edicións posteriores cun cartel de actuacións máis adecuado. As nosas redactoras Lucía e Karina (Pión) achegáronse ata o areal camariñán para degustar unhas das 600 suculentas racións de churrasco que estaban preparadas e traen ás páxinas da web líder da Costa Atlántica a presente reportaxe.
  • Festas do Carme 2009: Nestes duros momentos, todos ca Comisión de Festas

    Tensa espera. Un pobo en vilo debido a decisións inexplicables. Nunca as Festas do Carme correron tanto perigo. Unha Comisión de Festas desolada. Amagos de dimisión entre algúns do seus membros provocadas polas decisións dos máis altos gerifaltes.  En Laxe, Muxía, non houbo problemas para a ocupación dos seus respectivos paseos marítimos. En Camariñas parece que sí, ¿por que? Nestes momentos duros e difíciles, nos que a incertidume se abate sobre todo un pobo ilusionado cas máis grandes festas da Costa da Morte, camarinas.eu, a única páxina web libre, independente, xamáis vinculada a partido político algun ou grupo de interés, quere recalcar o seu compromiso co xoven grupo de camariñáns que compoñe a mellor e máis ilusionante comisión de festas en moitos anos.