Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Comercio
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Campaña de nadal nos comercios do Concello de Camariñas
A concellalía de Comercio e Turismo do Concello de Camariñas que dirixe a concelleira María José Gerpe, e a rede de comercio de Camariñas organizan outro ano máis esta campaña no mes de decembro para incentivar as compras nos establecementos comerciais colaboradores. Dende o 1 ao 31 de decembro a clientela recibirá polas súas compras nas tendas participantes dende 20€ uns “rascas” que teñen premio seguro. Incluso a compra realizada lles pode sair gratis.
O black friday 2017 xa chegou a Camariñas
A Rede de comercio e o Concello de Camariñas creada pola concelleira socialista María José Gerpe, organiza a segunda edición da campaña de descontos comerciais Black Friday que se vai celebrar os días venres 24 e o sábado 25 de novembro. Na campaña participarán máis de 30 comercios e establecementos de todo o Concello (Camariñas, Ponte do Porto, Camelle e Xaviña).
Resultado do concurso Namórate no Entroido organizado pola Rede de Comercio de Camariñas
Pois xa temos gañadores da recente campaña ideada para promover o comercio e que foi denominada acertadamente "Namórate no Entroido" dada a confluencia das datas carnavaleiras co día dos namorados. Foi esta promoción ideada pola recentemente creada Rede de Comercio de Camariñas coa colaboración do Concello da vila. Os gañadores do orixinal concurso foron os nosos amigos de Xaviña Margarita e Abelardo con un cupón recollido no establecemento de roupa e complementos infantís Kerubín. Dito premio consta de unha romántica cea en calqueira dos ristorantes que participaron en dita campaña. Pois dende Camarinas.eu non temos máis que desexarlle a Margarita e Abelardo que disfruten desta cea así como dar a noraboa aos organizadores e colaboradores destas boas iniciativas en beneficio do comercio local.
Campaña "Namorate no Entroido" da rede de comercio de Camariñas
Do 1 ao 14 desenvolverase esta campaña que pretende impulsar o consumo interno e desenvolver actividades de promoción conxunta entre os comercios que desexen adherirse á rede de Camariñas. Esta campaña está coordinada por un comité composto polos comercios LadyXul, O escaparate e Kerubín de Camariñas que se encargan das tarefas de organización e desenvolvemento da campaña.
Campaña Merca no teu Concello, merca en Camariñas
O Concello de Camariñas co cofinanciamento da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria e a colaboración da Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, organiza unha campaña de INCENTIVACION AO CONSUMO NO MERCADO E COMERCIOS 2014 con actividades que se desenvolveran dende este final de mes de novembro. Esta campaña chamase “Merca no teu Concello, merca en Camariñas” e constará de varias actividades:
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Carreira Pedestre: Categoría Absoluta
O Alemán xa ten a súa estatua en Camelle
Restos do Mar nas Praias de Reira
Camarinas.eu en Vieiros.com
Ampliación do horario de peche dos locais de hostalaría de Camariñas durante a campaña de Nadal