• O Club Náutico de Camariñas homenaxea aos seus socios cunha gran churrascada

    Hai fins de semana de agosto en Camariñas que posiblemente se bata algún record do mundo en canto a cenas, festas, homenaxes, bautizos, vodas, etc... e este fin de semana fui o exemplo perfecto de elo. Despois da multitudinaria e apocalíptica festa do venres no Cafe Bar Arnela (pasarán os anos e seguirá a ser recordada por todos os participantes na mesma), o sábado celebráronse dúas cenas de grupo máis convenientemente cubertas como corresponde pola web máis visitada da Costa da Morte:  a da Danza de Arcos e a Cena de Homenaxe ao Socio que anualmente celebra o CNC e a que foi invitado moi amablemente o director de camarinas.eu.