Estes días deron comezo os traballos de renovación e mellora do parque infantil do CEIP da Ponte do Porto por parte do Concello de Camariñas. A través desta actuación, moi demandada polos pais e nais dos nenos porteños, instalaranse tres xogos que consistirán en un tobogán e dous balancíns así como tamén se habilitará unha zona de descanso para que os pequenos estudantes da escola da Ponte podan recobrar folgos despois dos seus xogos. Tamén se adecentou o firme cunha capa de pavimento pulido pola cal se distribuirán os novos xogos. O obxectivo do goberno local dirixido por Sandra Ínsua consite en continuar a mellorar as zonas de xogos dos máis pequenos sobretodo nos centros escolares de cada parroquia. E dende Camarinas.eu trataremos de seguir estas obras menores, eso si, pero que redundan inmensamente no benestar dos nosos pequenos.
ste martes 4 de xuño de 2019 os nenos e nenas de sexto de primaria dos CEIP de Camariñas e da Ponte do Porto realizaron unha visita ás instalacións de ASPABER (Asociación de Padres de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños). Esta visita está enmarcada dentro do programa que está a levar a cabo o departamento de Asuntos Sociais do Concello de Camariñas dirixido aos escolares de todo o municipio para fomentar a inclusión e normalizar a diversidade que existe na nosa sociedade. Os nenos pasarono moi ben e tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man todo o gran traballo que esta asociación está a realizar.
A área de Igualdade do Concello de Camariñas, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller que terá lugar o 8 de marzo, levará a cabo durante o mes de febreiro unha serie de actividades para fomentar a igualdade dirixidas aos estudantes do municipio.