Con esta situación de inferioridade total o equipo camariñán non puido facer nada ante a aplastante superioridade numérica do Xiria que pasou por enriba dos bravos xogadores do Camariñas. A pesar de todo esta pésima e favoritista actuación arbitral non foi a única xa que noutro partido que estes dous elementos arbitraron aos xuveniles do Balonmán Camariñas xa demostraron ás súas intencións contra calqueira equipo que leve no seu dorsal o nome de Camariñas asoballando aos rapaces do noso pobo. Os árbitros deste partido José Carlos Fernández Pereira e Daniel Lago Leirós demostraron que teñen unha guerra contra o C.B. Camariñas. Desde onte téñena tamén contra camarinas.eu
O xaviñán Felipe foi un dos xogadores máis destacados do encontro contra no Rasoeiro Nun partido moi igualado (31-32) o Club Balonmán Camariñas deixou a victoria para o Rasoeiro que sigue na Copa. Todos os xogadores do Camariñas fixeron un bo traballo en equipo, pero o máis destacados foi Felipe Santos que cuaxou un gran partido. O seu talento nato para o balonmán estase a demostrar día a día nun campo como o de Camariñas que non está para tirar cohetes..de feito os seus tiros, xunto cos de Fabián (que foi expulsado neste partido) son os únicos cohetes que se tiran en Camariñas a día de hoxe. Para ver a galería especial deste partido PULSA AQUÍ
Páxina 4 de 4