• Victoria del CB Camariñas Conservas Boya ante el Ourense

    Pese a acudir a Ourense en cuadro, al Boya le costó hacerse con el partido en casa del colista, una victoria muy importante, ya que le permite seguir en los puestos de cabeza con tres partidos ganados de tres jugados. El Bm. Ourense presentó una defensa 6-0 muy dura, a la que un Camariñas muy mermado de efectivos y sin cambios, no pudo superar comodamente hasta bien mediado el segundo tiempo. Destacar por el Camariñas a Fary, Perón y Antelo, y por el Ourense a su dura y coordinada defensa.  El próximo fin de semana en el Pabellón municipal de Camariñas, el sábado a las 18:30 horas tendrá lugar uno de los partidos mas interesantes de la Primera división Autonómica masculina, entre el Club Balonmano Camariñas y el Seis do Nadal-Coia, de Vigo. Un partido que nos dirá el verdadero alcance y donde pueden llegar las aspiracones de un joven Camariñas que no renuncia a nada y aspira a todo en esta liga recien comenzada.
  • CB Camariñas Conservas Boya 39 - 26 SD Teucro Asergrup

    Se clásificó el Camariñas para la fase final de la Copa Autonómica que se celebará en el mes de Abril, cuya sede está todavía por determinar. Se clasifican los primeros de los cuatro grupos para jugar las semifinales. En Camariñas se vió un partido muy rápido, electrizante, por momentos, en donde a base de aplicar una buena defensa y efectivos contragolpes, solamente pudo aguantar el equipo visitante, el primer cuarto de hora, para luego jugar el resto del partido al ritmo que marcaban los locales. Primer partido en casa de la temporada, que deja buenas sensaciones, aunque hay que significar la lesión de Catalán con una posible rotura de ligamentos en la mano izquierda. El próximo fin de semana El Encaixe C. Boya, viajará a Ferrol para enfrentarseal Ferrolterra y los masculinos del Camariñas C. Boya  viajarán a la dificil cancha de Ribadavia para enfrentarse al correoso Viña Costeira en el primer partido de una liga de Primera División Autonómica, en la que los de Camariñas aspiran a todo.
  • Buen inicio de la fase de clasificación para la Copa del Conservas Boya

    Aunque con diversa suerte, pues Catalán el el entrenamiento del viernes sufrió una lesión en la mano izquierda que le puede dejar fuera de 1 a 3 meses. Por el resto, buen debut del Camariñas que con un  partido cómodo se permitió rotar a todo el banquillo y así ver la evolución de los chavales de la cantera. Desde el inicio el equipo conservero fue superior y con notable mejoría defensiva con respecto a la pasada campaña, lo que propició el contraataque y las segundas oleadas, permitiendo así marcharse en el marcador hasta 10 goles por encima. El próximo sábado se jugará en Camariñas contra el Teucro de Pontevedra, el que salga ganador del encuentro estára clasificado para la fase final de la Copa que tendrá lugar al final de la liga.
    A las 17:30 Encaixe Conservas Boya - Teucro de Pontevedra (Senior Feminino liga)
    A las 19:00 Camariñas Conservas Boya - Teucro de Pontevedra (Senior masculino Copa)
  • Os equipos do CB Camariñas Conservas Boya quentan motores para a tempada 2014-15

    Despois das vacacións de veran, os equipos “Senior” feminino e masculino, do Club Balonmán Camariñas – Conservas Boya comezaron a pretempada esta semana, un ano mais onde a canteira local segue a ser a base dos dous equipos.
  • Encontro de Balonmán Mostra do Encaixe 2014

    Este sábado 19 de abril, en plena ebullición encaixeira celebrarase o encontro de balonmán feminino "Mostra do Encaixe de Camariñas" que enfrontará ao equipo local das invencibles espartanas coas integrantes do conxunto bergantiñán do Goldie Xiria. Elo acontecerá pro razóns loxísticas obvias no Pavillón Municipal da Ponte do Porto a partires das 17:30 horas nun evento que xa se vai convertindo nun complemento imprescendible do calendario da semana grande encaixeira camariñana. Aquelas mulleres que antes tecían laboriosa e arduamente fíos nunha almofada agora verían como as súas netas, bisnetas, se adican a competir de xeito implacable pero noble nunha cancha de balonmán. Cambian os tempos
  • Bochornoso espectáculo do público do Lavadores de Vigo contra xogadoras e familiares do CB Encaixe-Camariñas

    Partido moi difícil e moi trabado para as nosas xogadoras donde en ningún momento se encontraron cómodas frente a un equipo donde estivo mas acertado cara a porteria. Primeira parte onde as de Camariñas intentárono todo para que o equipo de Lavadores non se escapara no marcador pero non era o dia nin en defensa nin en ataque, a pesar de estar incómadas marcáronse o vestiario con opcións de entrar no partido na segunda parte visto o xogo das de Vigo.
  • Cartel da Festa do Entroido 2014 do CB Conservas Boya

    Continúa Camarinas.eu colaborando activamente coas iniciativas de todas as asociacións e clubes deportivos do Concello de Camariñas. Desta volta son os nosos queridos amigos do CB Camariñas Conservas Boya os que están a ultimar todos os detalles da próxima Festa do Entroido que o club camariñán ten previsto organizar este primeiro de marzo de 2014 a partir das 22:00 horas. Unha festa de unión e amizade entre todos os afeccioados ao deporte do balonmán que terá tamén unha vertente gastronómica coa degustación dun exquisito cocido que terá un precio de 5 euros para os nenos e para os adultos 20. Ademáis, durante esta festa haberá xogos, hinchables e un concurso de disfraces para os nenos. Despois será o turno do grupo musical que amenizará a velada e xa para rematar, os máis festeiros serán agasallados polo CB Conservas Boya cunha Discoteca Móvil ata altas horas da madrugada. Unha boa iniciativa do conxunto deportivo camariñán que terá, como ven sendo habitual nas iniciativas de todas as asociacións do concello que así no lo fagan saber, unha cobertura completa por parte de Camarinas.eu.
  • Presentación do CB Camariñas 2013-2014 no Club Náutico

    Todos os equipos que integran o balonmán de Camariñas na foto oficial da presente temporada

    Na mañá deste sábado 26 de outubro Camarinas.eu estaba invitada a asistir á presentación oficial para a tempada 2013-2014 do CB Camariñas.  Un acto que unha vez superados problemas loxísticos do pasado retornou ás instalacións do Club Náutico de Camariñas cunha marea de nenos, pais, xogadores e directivos que quixeron estar presentes nesta nova singladura que daba comezo este mesmo sábado cos encontros desputados pola mañán polos equipos das categorías inferiores e que precedía aos que pola tarde enfrontaría ao Encaixe-Camariñas co Caselas (17:00) e ao Conservas Boya cos mecos do Rasoeiro do Grove (18:30), partido no que ao fin e á postre os camariñáns resultarían vencedores.
  • Homenaxe do CB Camariñas Conservas Boya a Javier Sesma

    O pasado sábado, durante o descanso do partido, o Club de Balonmán Boya, de Camariñas, tivo a feliz idea de homenaxear ao noso Javier. Non estamos afeitos a que se recoñeza publicamente o noso traballo e foi, para todos nós, unha alegría que alguén recoñecese o labor realizado por Javier durante todos estes anos. Estou certamente seguro, e penso que non son o único, que o deporte neste concello non sería igual sen a súa presenza, esforzo e constancia. Desde logo, eu non sería igual! Desde aqueles primeiros anos cambiaron moitas cousas, pero sempre quedarán na memoria as Festas da bicicleta, os equipos de deporte escolar, as primeiras clases de vela, as carreiras de campo a través, o descenso do río en piragua, as clases de esgrima, de escalada, de... Non, rapaz, ideas nunca che faltaron!
  • Borja, Fabián e Cristian: Novas fichaxes do Camariñas Conservas Boya

    Si de algo servío o grande e histórico logro conseguido polo Club Balonmán Conservas Boya esta tempada, ademáis de situar á nosa vila na élite do balonmán en toda España, foi para recuperar para o noso pobo a tres auténticas estrelas saídas das Escolas Municipais de Balonmán de Camariñas. Así, en nota de prensa recibida nesta redacción pudemos saber que tres dos mellores xogadores que dou este deporte na provincia da Coruña, os Camariñáns Fabián Canosa, Borja Tajes e Cristian Vigo volverán á terra que os víu nacer tanto deportiva como físicamente para xogar co noso equipo Camariñas Conservas Boya neste novo reto que afrontará esta tempada na Primeira División Nacional. Será para camarinas.eu un pracer seguir novamente as andaduras do noso equipo outra vez nun terreo si cabe máis duro e dificultoso comparado cos vividos tempadas atrás. Deste xeito queremos meter tamén o noso graiño de area para conseguir que esta exemplar forma de levar un deporte da man tanto do Concello de Camariñas como da empresa Conservas Boya así como de todos os socios sexa esta tempada como a da consolidación do CB Camariñas coma un equipo de referencia a nivel estatal. Noraboa aos directivos que fixeron posible o retorno destes tres carismáticos xogadores Camariñáns. Noraboa por entender desta forma o deporte camariñán.
  • Entrevista a Dioni Quelle, adestrador do CB Conservas Boya

    Dionisio Quelle Rodríguez, máis conocido no mundo do balonmán i entre os seus amigos como “DIONI”, naceu un 20 de novembro do ano 1968 en Vigo. Todos que o coñecen din que sendo un rapaz, aínda en idade escolar, xa mostraba dotes de ser unha persoa que iba a levar o balonmán na sangue, deste xeito, non foi de estranar que tan só con 16 anos, comenzase a súa laboura como adestrador de balonmán, e a partires de ahí, comezaría unha carreira exitosa ata o dia de hoxe, onde apura os seus derradeiros dias en Camariñas, para despois de unha breve estancia na súa terra natal, emprenderá unha longa viaxe que o levará a cruzar o charco en busca de novas metas que estamos seguros estarán ao seu alcance.
  • Ascenso do CB Camariñas Conservas Boya a 1ª División Nacional

    Nunha mañán de cans, con vento, chuvia e moito frío, máis propia do mes de xaneiro, o CB Camariñas fixo historia e entrou na leyenda. Mañán de paixóns extremas, de bágoas incontibles de ledicia e emocións nuns e de pesar e tristeza noutros: a grandeza do deporte no seu estado máis puro adueñouse do Pabellón Municipal de O Areal nun día que difícilmente olvidarán todos aqueles privilexiados que tiveron a sorte de estar alí onde con letras de ouro se escribía a historia. Enfrontado a conxuntos de grandes cidades, maiores orzamentos, superiores recursos, un pequeno club dunha remota vila mariñeira formado maiormente a base de xogadores da terra, dos de andar por casa, acadaba unha xesta difícilmente superable e entraba na gloria en tres irrepetibles días dun fin de semana de maio.
  • Primeiro día da Fase de Ascenso do CB Camariñas Conservas Boya

    Gracias ao esforzo sen precedentes realizado dende o Concello de Camariñas, a Vila das Palilleiras xa ten a súa Fase de Ascenso á Primeira División Nacional de Balonmán. E o fin de semana grande do balonmán no noso concello comenzaba pasadas as 18.00 da tarde deste venres 6 de maio de 2011 cunha recepción oficial celebrada na Casa de Pedra onde o alcalde camariñán daba a benvida aos catro equipos que mediante un sistema de liguilla competirán ata o domingo por ver cal deles é o que finalmente acada o tan ansiado ascenso. Unha vez rematado este acto que incluío o reparto duns pequenos agasallos, as plantillas, corpos técnicos e directivos de Salamanca, La Laguna, Plasencia e CB Camariñas desplazáronse ata o Pabellón Municipal de O Areal para iniciar a vertiente deportiva da fase de ascenso.
  • Comenza a Fase de Ascenso a 1ª Nacional do CB Camariñas Conservas Boya

    Comenza hoxe en Camariñas ás 18:30 da tarde a fase de ascenso a primeira división nacional onde o Camariñas Conservas Boya loitará con tres equipos de recoñecido prestixio pola tan ansiada praza de ascenso. Camarinas.eu quere aproveitar esta ocasión para homenaxear a un dos xogadores máis carismáticos do equipo camariñán. Un xogador que probablemente se retirará definitivamente esta tempada por diversos motivos entre os cales está o recente nacemento da súa filliña. Estamos a falar do veciño da Rúa Eugenio López chamado Alan que seguramente aproveitará esta ocasión para sacar o mellor de sí mesmo para lograr o mellor resultado para os nosos neste primeiro partido que xogará o Camariñas hoxe ás 20:30 fronte o tinerfeño Universidad de La Laguna. En fin, comeza o espectáculo e Camarinas.eu tratará de seguir na medida do posible todos e cada un dos partidos que xogue o Camariñas. Vai por ti Alan.
  • A fase de Ascenso a 1ª Nacional celebrarase en Camariñas

    Camarinas.eu está en condicións de afirmar que durante os vindeiros días 6, 7 e 8 de maio de 2011  finalmente celebrarase en Camariñas a fase de ascenso á 1ª División Nacional de balonmán. Xogadores, aficcionados, técnicos e directivos dos tres clubs aos que se medirá o CB Camariñas, P. C. Salamanca (Campeón de Castela-León), Universidad de La Laguna-Tenerife (Campeón de Canarias) e Bm. Plasencia (Campeón de Extremadira), veranse desta maneira obrigados a pernoctar en Camariñas durante o fin de semana no que se ventilará o conxunto que ascenderá a tan ansiada 1ª División, co que elo ten de impulso económico para o Concello de Camariñas. Elo sin contar a posibilidade de que algún que outro aficcionado ao balonmán en Galicia se deixe caer por estos pagos así como xornalistas que veñan a cubrir o evento. Ademáis, xogando na súa casa, co seu público volcado, as posibilidades de ascenso do CB Camariñas entendemos que se elevan expoñencialmente.
  • CB Camariñas, Campeón de Liga

    Os siareiros e xogadores que conquistaron Bueu

    Cando alá polo mes de setembro lle preguntamos aquí en camarinas.eu ao noso experto en balonmán, José Manuel Canosa Campaña, como se presentaba a tempada que recén se aveciñaba, a resposta fui clara: os obxectivos son máximos, posiblemente a mellor plantilla da historia, o ascenso será a nosa meta. Por elo non fui unha sorpresa cando nas últimas horas da tarde deste histórico 16 de abril de 2011 unha voz emocionada ao outro lado do tendido telefónico, facéndose un oco a duras penas entre os gritos de algarabía, de xustificado festexo incontrolado dun vestiario campeón, nos constataba dende o hexemónico sur galego a boa nova: por primeira vez na súa historia o balonmán camariñán saía campeón da 2ª División Autonómica tras unha heroica victoria por 29 a 33 no Pavillón Municipal de Bueu.
  • Categorías Inferiores CB Camariñas

     
    As categorçias inferiores do CB Camariñas esperan reeditar no futuro os éxitos deportivos dos seus maioresCelebrouse na mañán deste sábado 12 de febreiro os partidos de benxamins, alevins, infantis e cadetes do CB Camariñas. Os benxamins perderon os seus dous partidos ante rivais cos aventaxaban nun ou dous anos ca diferencia que iso supón en edades tempranas, ainda asi pasarono de "vicio" que e o importante nestes comenzos da suas vidas deportivas. Os alevins empataron co Conxo de Santiago entre os aplausos dos pais asistentes. Os infantis acadaron un meritorio empate ante o Cambre no seu segundo partido da tempada. Pola súa parte, os Cadetes por fin acadaron a sua primeira victoria, merecida e que seguro vai a encher de moral os nosos rapaces para seguir traballando e mellorando como o están a facer. (Camariñas 31 Viveiro 18). Para rematar os xuvenís venderon cara a sua derrota ante un dos favoritos o ascenso como e o Tuy, os nosos rapaces reforzados con algún cadete fixeron un bo partido mantendo o marcador nivelado ate cerca do final do encontro, onde as exclusións de Martín e Caamaño foron decisivas.
  • CB Camarinas 34 - Samper Sardoma 29

    Agora, a polo título

    O CB Camariñas estivo a altura das expectativase así clasificouse para loitar polo título
    O CB Camariñas estivo a altura das expectativase así clasificouse para loitar polo título

    Pois este anos os do Club Balonmán Camariñas non quixeron correr riscos innecesarios e fixeron os seus deberes antes que nadie. Desta forma unha vez rematada a liguilla regular quedaron en cuarto posto do seu grupo o que lle da dereito a disputar o tan ansiado  título. É por elo que pasaran unhas navidades tranquilas ca conciencia do deber cumprido e xa preparando intensivamente os vitais encontros que se aveciñan. Dada a trascendencia do choque, camarinas.eu non podía olvidar ao noso querido equipo de balonmán e acercouse polo Pabellón Municipal para sacar xa non se sabe nin cantas fotos porque non chegarían os dedos do público asistente para contalas.  Cousas, querido electorado, que só camarinas.eu pode facer.

  • Duelos do CB Porriño e o Rasoeiro

    Dous partidos en menos de 12 horas

    O Encaixe de Camariñas debe canto antes volver á senda da victoria para recuperar o ánimo e a autoestima
    O Encaixe de Camariñas debe canto antes volver á senda da victoria para recuperar o ánimo e a autoestima

    Panorama nada alentador para o equipo camariñán femenino de balonmano: á nova derrota sumada en terras da fronteira portuguesa, súmaselle este fin de semana a dobre sesión de encontros que deberá afrontar diante do primeiro e cuarto clasificados, o Club Balonmán Porriño e o Rasoeiro, respectivamente. Non corren días felices para un equipo nacido da coraxe e a ilusión que tras uns inicios esperanzadores pouco a pouco ve como as cousas non saen adiante e o xogo prometedor dos primeiros días aparace como cousa do pasado.  E por elo que este venres no Pabellón da Ponte do Porto e o sábado no de Camariñas a aficción do concello debe volcarse cas nosas féminas levándoas en volandas cara á dúas victorias decisivas e contundentes. En todo caso, quen mellor describe o estado de ánimo reinante no equipo balonmanero camariñán é a nota de prensa enviada dende a directiva do club.

  • CB Camarinas 36 - 32 Rasoeiro

    Victoria do Camariñas que mira ós postos de arriba

    Alan encara ao porteiro do Rasoeiro nunha das xogadas que daba outra tanto máis ao CB Camariñas
    Alan encara ao porteiro do Rasoeiro nunha das xogadas que daba outra tanto máis ao CB Camariñas

    Este sábado 21 de novembro xogaba o CB Camariñas Conservas Boya un importante partido no cal se vería si o noso equipo estaría en condicións para intentar asaltar os postos de arriba da clasificación. Os camariñáns gañaron aínda que volveu a aparecer a pantasma dos erros defensivos que tanto están a traballar os nosos pero sen os resultados agardados. Esperemos que consigan dar coa clave para mellorar este aspecto. Entre todos os xogadores destacados nos últimos partidos xurde un rapaz da canteira chamado Perón que con un desparpajo propio dun profesional encara aos xigantes da defensa rival como se de un moderno David contra Goliat se tratase. Estaremos atentos a esta nova esperanza do balonmán camariñán. Tamén se produxo neste partido a volta dun clásico das escolas de balonmano municipais; o porteiro Felipe que volve para remediar as carencias dun porteiro reserva de calidade. Para rematar, dicir que nese día cumpría anos "Quin", un dos xogadores máis carismáticos do CB, o cal recibía unha ovación dos seus compañeiros ao finalizar o partido. En fin, pulsa na imaxe para ler a nota de prensa que nos manda Perfecto Parapar e ver unha galería fotográfica das que só camarinas.eu é capaz de realizar.