Moi bo partido no que máis de 200 persoas puideron gozar en O Areal dun balonmán de gran nivel. O xogo comezou cun Camariñas que percutía constantemente a dura defensa viguesa, pero Eusebio desangrou en cada acción do q foi posiblemente o mellor seu mellor encontro na categoría (14 goles). O equipo olívico só era capaz de responder o ímpetu camariñán con aisladas aínda que rápidos contragolpes que poñían en apuros aos chavales do Boya que puderon repeler estos contraataques con unha contundente defensa liderada por un canderbeiro Cristian que estivo espectacular. Con este traballado plantexamento táctico os camariñáns impedían unha e outra vez que os visitantes se acercaran no marcador. Os tempos mortos usados polos visitantes e algunha que outra precipitación dos locales puxeron aos vigueses a tan só dous goles no que supoñía un espellismo pois o gran protagonsita do aprtido Eusebio aplicaba un duro correctivo á defensa olívica nun par de xogadas de moito mérito que deixaban o marcados na primeira parte cun resultado de 18 a 14.
Partido de luces e sombras. Malos inicios en cada parte lastraron o resto do encontro, xa que tivemos que ir a contracorriente desde o 4-0 inicial (17-13 ao descanso). Boa defensa en posicional e combinación de bos ataques combinativos con desastrosas pérdidas de balón que propiciaban as contras dos locais. Outra mala saída do vestiario na 2a metade fixo irse aos locais de 8 no minuto 41 e a partir de ahí reparto de minutos aos menos habituales e xuvenís
Páxina 1 de 4