• As palilleiras de Camariñas toman a deputación para presentar o cartel da Mostra do Encaixe

    A Deputación da Coruña acolleu hoxe a presentación da XXVIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará entre os días 28 de marzo e 1 de abril de 2018. No acto participaron o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, a concelleira responsable de Promoción do Encaixe, Sandra Ínsua, e a actriz fisterrá Marta Lado. Esta última protagoniza o cartel e o vídeo promocional, que se proxectou hoxe por primeira vez na sede da institución provincial.
  • As palilleiras de Camariñas presentan o cartel da Mostra do Encaixe 2018 na Deputación da Coruña

    Chegan novos tempos para a Mostra do Encaixe de Camariñas. Poucos días antes de acabar este ano 2017, o departamento encargado da organización da Mostra, ven de anunciar a inminente presentación, case sen tempo, do cartel da próxima edición da que será unha das máis espectaculares Mostras que vamos a recordar, o gran evento mundial do palillo. Van xa 28 anos desta imprescindible cita, non só para Camariñas se non para toda a Costa da Morte que recibe miles de visitantes gracias ao encaixe da nosa vila, e chega o momento de render a xusta homenaxe á institución que máis aportou para a subsistencia da milenaria arte das mulleres camariñanas: estamos a falar da Deputación Provincial da Coruña que, dende tempos do socialista Fernández Moreda foi o auténtico cimento no que se apuntalou todo o conseguido ata o día de hoxe. E para ofrecer a merecida homenaxe a esta deputación que foi unha das principais responsables da superviviencia do noso encaixe, unha delegación de palilleiras da vila desprazarase especialmente para elo ata a Avenida Porto da Coruña onde serán recibidas polo actual presidente do ente provincial, o tamén mandamás do PSdeG da Coruña Valentín Formoso.
  • A XXVII Mostra do Encaixe de Camariñas xa ten cartel

    A Casa de Pedra acollía na mañá de hoxe a presentación do cartel que representará a XXVII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas. As nenas e nenos das escolas de palillo agardaban expectantes polo resultado final. A idea partiu do fotógrafo camariñán Diego Alonso, quen xunto a María José Carril, traballou neste proxecto persoal que presentaron ante responsables do Concello e da Mostra. A idea gustou. Comenzaron entón os preparativos: escoller as candidatas entre as máis de 40 nenas das escolas, implicar as nais e familias para preparar a indumentaria das nenas, maquillaxe, perruquería...todo na procura dunha imaxe similar á de 1912 donada por Mariluz González Soto que se conserva no Museo do Encaixe.
  • O Concello de Camariñas presenta o cartel da XXVII Mostra do Encaixe

    O Concello de Camariñas presentará este sábado 18 de febreiro o cartel da XXVII Mostra do Encaixe. O acto será ás 12.00 horas na Casa de Pedra de Camariñas e acudirán todas as alumnas da Escola Municipal de Palillo para facer unha demostración en directo desta labor artesanal. A XXVII Mostra do Encaixe celebrarase entre os días 12 e 16 de abril, coincidindo coas vacacións de Semana Santa, como ocorre en todas as edicións.
  • Presentado o Cartel da XXV Mostra do Encaixe de Camariñas

    El Concello de Camariñas acaba de presentar el cartel de la XXV Mostra do Encaixe para dar a conocer este evento que se celebrará en la localidad entre los días 1 y 5 de abril, coincidiendo con las vacaciones de Semana Santa. La imagen promocional muestra un corazón humano hecho a palillo con la que se quiere mostrar los valores del Encaixe de Camariñas, con el eslogan Descubrindo Camariñas-Corazón do Encaixe.
  • Cartel da Mostra do Encaixe de Camariñas 2014

    O Concello de Camariñas presentou o cartel da vindeira edición da Mostra do Encaixe, que se celebrará na Semana Santa, entre os días 16 e 20 de abril. No cartel aparece unha modelo co traxe de noiva típico da Costa da Morte do século XVIII con aplicacións de encaixe de Camariñas, do deseñador Franco Quintáns (vestido de dúas pezas de cor negro), e mantilla de cor branco. A mantilla é unha réplica da que foi regalada á raíña Victoria polo Concello de Camariñas. A mantilla e o vestido de noiva atópanse expostos no Museo do Encaixe, que pode ser visitado polas persoas que o desexen.
  • Cartel da XXIII Mostra do Encaixe

    Cartel XXIII Mostra do Encaixe, totalmente made in CamariñasAbandoada polas restantes administracións públicas, a Mostra do Encaixe profundiza en cada nova edición na autosuficiencia, nunha especie de autoxestión económica ca que optimizar recursos e disminuir gastos. Será a vía do futuro: a de facer máis con menos. Un camiño no que resultou pioneiro dende hai xa unhas cantas edicións o deseño do cartel da Mostra do Encaixe. Frente a nefandas tradicións anteriores nas que se pagaba a prezo de ouro carteis horrendos e lamentables polos que algún que outro sacamanteigas obeso e chorón hinchaba daquela os seus depauperados bolsillos, esta nova moda acabou por ser moito máis económica e, o que é mellor, moito máis agradable á vista e aos sentidos.
  • Concurso Cartel Mostra do Encaixe 2013

    Comeza a quentar motores a que será a Mostra do Encaixe 2013

    O Concello de Camariñas convoca a I edición do Concurso de Carteis que ten como obxectivo premiar ao mellor traballo para a difusión e coñecemento da XXIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, certame comercial e cultural de ámbito internacional, que se celebra sempre en Semana Santa, esta edición coincide desde o 27 ao 31 de marzo de 2013.O cartel gañador non só cumprirá a función como tal, senón que servirá de base da imaxe de toda a campaña da Mostra do Encaixe, polo que se valorará a súa facilidade de aplicación para soporte en papelería, diplomas, prensa, banners, etc. A convocatoria e as súas bases publicaranse na páxina web do Concello de Camariñas www.camarinas.net. e tamén se anunciará a través dos medios de comunicación.
  • Cartel da Mostra do Encaixe 2012

    A Mostra do Encaixe vive os seus días máis inquedantesCorren tempos escuros para a Mostra do Encaixe de Camariñas, días negros que ameazan ao que era o máis grande certame encaixeiro a nivel mundial. Recortada na súa metade a axuda vital de 120.000 que durante máis de 20 anos prestou a Deputación Provincial, se os seus novos mandamases xa non estaban moito pola labor de seguir patrocinando o evento, sen dúbidas, visto o visto no Club Náutico, a influencia maligna que sobre os mesmos exerce parte do seu persoal de confianza así contratado, nada bo se augura para unha Mostra posta de este xeito ao pes de quen opera segundo o principio de "o mía o de nadie", de quen habitúa nas súas loitas sempre infructuosas polo poder a destruir todo canto de bo nos rodea, xa sexan clubs náuticos, xa sexan mostras do encaixe, xa sexa todo un concello. Sinxelamente, nas mans de que sen acabou convertendo nun cáncer para o seu propio pobo. Se este ano as noticias foron malas, que ninguén se engane en que para o futuro serán peores
  • Cartel da XXI Mostra do Encaixe

    Por segundo ano consecutivo, o Cartel da Mostra do Encaixe é confeccionado integramente por mans camariñanasEntre o 20 e o 24 de abril de 2011 terá lugar a XXI Mostra do Encaixe de Camariñas e como é tradición, para ir xa quentando motores, acude un ano máis á súa cita cos lectores de camarinas.eu o Cartel da Mostra do Encaixe, o cal por segundo ano consecutivo faino en calidade de producto integramente camariñán. Nestes tempos de crise aguda, a dirección da Mostra de Encaixe recurrío novamente aos servizos internos do Concello para elaborar o cartel que promocionará o certame de encaixe de bolillos máis importante existente actualmente a nivel mundial. E os técnicos municipais tiveron que traballar arreo xa que foron elaborados ata catro modelos distintos de cartel dos que tras ser ensinados ás asociacións de palilleiras da vila, resultou elexida a opción que hoxe publicamos. Xa veñen cargados os días co arrecendo típico doutra Mostra do Encaixe.