• A Carreira máis importante da Costa da Morte: 814 atletas na pedestre de Camariñas

    A VIII carreira pedestre de Camariñas contará con 814 participantes A proba, pertencente ao circuíto Correndo pola Costa da Morte, celebrarase este domingo, 10 de marzo. Outro ano máis a carreira pedestre do Concello de Camariñas continúa a ser das máis concorridas da comarca. Tras pecharse o prazo de inscrición confirmouse que nesta octava edición participarán 814 persoas na proba, que se levará a cabo este domingo, 10 de marzo, a partir das 10 horas. A carreira de Camariñas é a primeira parada do circuíto Correndo pola Costa da Morte e o seu percorrido atrae a unha gran cantidade de afeccionados a este deporte. Na proba absoluta son 10 quilómetros nos que os participantes gozarán das incribles vistas que ofrecen lugares como o Cabo Vilán co océano atlántico ao fondo.
  • 900 deportistas encherán Camariñas na Carreira Pedestre do concello

    Dende o Concello de Camariñas envíanos José Manuel Canosa Campaña, Concelleiro de Deportes e artífice deste fito histórico conseguido na VII Carreira Pedestre do Concello de Camariñas, unha nota onde nos conta o que está a piques de pasar na mañán deste domingo 25 de febreiro de 2018, un feito histórico dende que alá polo 2012 Juan Manuel Cabrejo Pasantes "Juanillo" comezara con este evento noutra data para a lembranza no noso concello. E é que non é para menos, porque preto de un millar de deportistas encherán a vila dos encaixes para practicar o seu deporte favorito, acompañados de familiares e amigos que abarrotarán as rúas de Camariñas. Nesta nota que nos envía noso querido amigo Campaña, coméntanos todos os horarios dos circuitos programados así como algunha das curiosidades deste evento que marcará un antes e un despois nos eventos deste tipo en toda a Costa da Morte. Noraboa Campaña!
  • Éxitosa edición en Camariñas da carreira Correndo pola Costa da Morte 2015

    Cada ano máis e, sobretodo, mellor. Esta podería ser a conclusión que un pode sacar da exitosa edición da carreira Correndo pola Costa da Morte que se celebrou este domingo en Camariñas. Preto de 400 atletas abarrotaron a vila das palilleiras nun día perfecto para a práctica da disciplina máis popular do atletismo xa fora na prova de 5 km ou na máis dura e esixente de 10 km. Nesta última o podium estivo formado por Cristian Muiño na primeira posición, Michel Antelo na segunda e na terceira chegaría César Vázquez Agra. Na categoría feminina era Vanessa Lafuente a que se impoñía á Rocío Alvite que foi segunda e a Tina Fernández que ocuparía o terceiro lugar no podium. Pero si houbo unha carreira que aledou as rúas de Camariñas esta foi a que desputaron os máis pequenos na categoría Pitufos que percorreron unha distancia de 50 metros xusto dende a oficiña de Mapfre ata o Café Bar Casino e que arrincou os aplausos de todos os asistentes. Destacar a perfecta organización tanto dende os responsables da carreira como do Concello de Camariñas así como tamén recoñecer a gran axuda que pretou o Concello de Muxía aportando efectivos da Policía Municipal e tamén agradecer a colaboración dos Bikers do Vilán, Protección Civil de Camariñas, Carballo, Laracha, Muxía, etc... que cunda o exemplo. Noraboa a todos. 
  • Cartel da IV Carreira Pedestre do Concello de Camariñas

    Este vindeiro domingo 8 de marzo de 2015 terá lugar a IV Carreira Pedestre Concello de Camariñas, unha proba que nacida durante a época na Concellería de Deportes de Juan Manuel Cabrejo Pasantes colle deste xeito solera e prestixio no circuito atlético galego. Así pasou xa a formar parte do Circuito de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte que asemesmo cumpre o seu segundo aniversario. O programa esbozado recolle ata seis categorías distintas e ten o seu prazo de inscripción aberto ata o 4 de marzo e como detalle importante preveé unha fila cero a favor da Asociación Contra o Cancro para que aqueles que así o desexen fagan un donativo para axudar a imprescindible laboura que acomete de xeito exemplar a AECC. En definitiva, todo listo para recibir a primavera que temos en porta correndo e desfrutando no marco incomparable dos paisaxes camariñáns.