• Camarinas.eu no Carmen de Camelle

    Polo que respecta ao Concello de Camariñas, aquí en Camarinas.eu sempre profesamos unha sorte de federalismo municipal: as diferentes parroquias forman un todo inseparable e indivisible en pe de absoluta igualdade, no cal cada unha delas é tan importante como a anterior. Agora ben, transmutada esta idea ao ámbito de España xa a cousa cambia: si se cargaran dunha vez as malditas autonomías (e as deputacións provinciais) sinceiramente creemos que viviríamos nun mundo mellor, sobre todo polo que respecta ao sinfín de cargos políticos dos distintos partidos que irían directamente ao paro e a baixada de impostos consecuente. Tamén nada que ver por suposto cos arriscados xogos de poder de obesos aprendices de bruxo que hai uns anos defendían e animaban intentonas de secesión dentro do noso propio término municipal (asunto da piscifactoría de Camelle) e que agora se adican a insultar e despreciar a parroquias enteiras (Ponte do Porto) a conta do rexeite xeralizado nas mesmas  das súas escasas e irrisorias opcións políticas, practicando, xa acorralados e sen opción para máis, unha especie de rudimentario, obsceno e perigoso nacionalismo camariñán de baixo ventre.