• Calendario oficial 2019 da Escola de Fútbol do FC Camariñas

    Pois outra vez máis ahí andan as nais e pais da Escola de Fútbol do FC Camariñas tirando de imaxinación e conseguindo cada día que pasa máis logros para beneficio dos diferentes equipos dos seus pequenos. Cun traballo calado, serio e continuo conseguiron que este soño que foi as categorías inferiores do FC Camariñas se convirta nunha verdadeira realidade como o é a Escola de Fútbol do FC Camariñas. Ao último éxito obtido coa creación doutro equipo de fútbol sala de benxamíns hai que sumarlle agora unha iniciativa única no fútbol base da Costa da Morte: a creación do Calendario Oficial do FC Camariñas Base. Un anuario que nesta primeira edición contou cunha tirada de 50 unidades que prácticamente se venderon no primeiro día de sacalas á venta tan só quedando 3 ou 4 exemplares dispoñibles para aqueles pais rezagados que aínda non o compraron. É por iso que os encargados da elaboración do Calendario Oficial do FC Camariñas Base están pensando xa en imprimir outra tirada máis para atender as moitas peticións que veñen recibindo para conseguir levarse a súa casa este histórico calendario. O prezo simbólico do almanaque é de 5 euros que se destinarán integramente á financiación da Escola de Fútbol na que tanto están a desfrutar estes pequenos futbolístas que constitúen o futuro do FC Camariñas. É tan dificil entender o que significa FUTBOL BASE?
  • A Escola de Fútbol do FC Camariñas suma outro equipo de benxamíns

    Como xa comentáramos en anteriores crónicas, a Escola de Fútbol do FC Camariñas ven de comezar nas derradeiras semanas o seu novo periplo na liga de fútbol infantil da costa e está deixando grandes sensacións. Agora incluso sumando un novo equipo de benxamíns ás demáis categorías existentes. Tal e como acontecera o ano pasado, onde no seu debut os prebenxamíns do FC Camariñas conseguiron con gran traballo o doblete gañando o título de liga e copa, os nosos pequenos futbolistas están a desplegar un bo xogo e un sentido do fútbol que parece innato nestes rapaces, demostrando deste xeito que a canteira do fútbol en Camariñas está máis viva que nunca. E aínda que algún que outro directivo da sección senior pareza que vive noutra realidade paralela aquí, nesta humilde escoliña de fútbol, se está a demostrar unha tremenda efectividade na xestión das categorías inferiores e potenciando o que realmente importa nun equipo dun pobo de caseque 3000 habitantes: a canteira e nada más que a canteira.
  • Os novos prebenxamíns do FC Camariñas comezan a súa formación con grandes resultados

    Hai varias semanas que daba comezo os partidos previos ao comezo da liga regular dos prebenxamíns da Escola de Fútbol do FC Camariñas. Os pequenos futbolistas do Camariñas, auténticos jabatos futboleiros levados en volandas polo seu adestrador Ordoñez e os seus familiares, sorprenden tanto en xogo de equipo desplegado como en determinación en todos e cada un dos campos aos que asisten para desputar os partidos da súa categoría. No derradeiro partido amistoso desputado polos prebenxamíns do FC Camariñas foron quen de impoñer o seu preciso xogo con maxia e toque ante o xigante deportivo e exemplo de xestión dos equipos da Costa da Morte: A Escola de Fútbol do Dumbría. Alí nas impoñentes instalacións deportivas do Conco en Dumbría o futuro do fútbol camariñán poñía as bancadas en pe desplegando un xogo magnífico e, a pesar de que ao final a mala sorte lles impedíu levarse un resultado positivo, os nosos pequenos acabaron o partido festexando o bo xogo desputado. E aínda que o resultado nestes casos é o menos importante, estamos seguros de que ao comezo da liga estes pequenos futbolistas camariñáns verán recompensado todo o esforzo que están a levar a cabo con moitos goles e moitas victorias. Bravo rapaces!! Vamos Camariñas!
  • Grave lesión de Dani Castro, xogador dos benxamíns do FC Camariñas Base

    Comezaban hai un par de semanas os adestramentos do FC Camariñas Base dos adestradores Ordoñez e Alberto cuns rapaces cheos de ilusión por comezar a tempada 2018/19. Pero a desgracia cebábase co equipo dos benxamíns e no adestramento deste luns pasado, nunha caída fortuita, o central xaviñán Dani Castro sofría unha gravísima lesión que tuvo como consecuencia a fractura do cúbito e o radio do seu brazo dereito. Inmediantamente foron avisados os servizos médicos pero debido á falta de ambulancias no PAC de Vimianzo decidíuse trasladar ao pequeno deportista en coches particulares ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Alí os facultativos tiveron que operar de urxencia ao xenial centrocampista da canteira do FC Camariñas para evitar males maiores. Poucas horas despois Dani Castro era dado de alta e trasladado ata a súa casa de Xaviña onde se está a recuperar de tan grave lesión. No derradeiro partido amistoso que enfrontaba aos benxamíns do FC Camariñas co Vimianzo os compañeiros de Dani quixeron ter un xesto co seu amigo e adicáronlle un homenaxe antes de desputar o encontro. Os rapaces de Ordoñez e Alberto regaláronlle un balón de fútbol ao seu compañeiro desexándolle ante un público emocionado unha pronta recuperación. E dende esta redacción tamén queremos sumarnos ao noble detalle dos benxamíns do FC Camariñas para ver a Dani canto antes xogando ao seu deporte favorito. Moito ánimo Dani!!
  • Os infantiles do FC Camariñas campións de liga e do torneo intercomarcal

    Chega o momento de facer xustiza cos nosos chavales do equipo infantil de fútbol sala FC Camariñas e cos seus adestradores Isidro Caamaño e o noso compañeiro Víctor Gómez Sestayo e publicar nesta web a consecución do título de liga que hai unhas cantas semanas conseguían lograr estes verdadeiros campións. E foi no derradeiro partido de liga desputado en Muxía cando os nosos conseguiron lograr outro fito histórico para o FC Camariñas afianzando máis si cabe o traballo realizado dende as Escolas de Fútbol da vila das Palilleiras. Pero non quedou ahí a cousa, despois de lograr o título de liga os nosos rapaces chegaban ao torneo intercomarcal que os enfrontaba contra algúns dos mellores equipos da bisbarra levándose caseque de calle esta importantísima competición. Así que desta volta tócanos anotar outro extraordinario éxito máis no casilleiro desta Escola de Fútbol do FC Camariñas con estes dous importantes títulos logrados polos infantiles de fútbol sala e, como non, darlles a noraboa a estes intrépidos rapaces que lograron tal conquista para o noso fútbol, e tamén felicitar a estas nais e pais dos rapaces que poñen o seu importante gran de area para que estas categorías inferiores do FC Camariñas poidan consolidarse.
  • A Copa da Costa de fútbol base xogarase este sábado en Camariñas

    Tiveron que pasar 20 largos anos de fútbol base en Camariñas para que un club da vila das palilleiras dera o valente e necesario paso para organizar un evento deportivo da importancia da Copa da Costa das categorías base da Costa da Morte. Un acontecemento sen precedentes en todo o Concello de Camariñas, e tiveron que ser as nais e pais da Escola de Fútbol do FC Camariñas os que, no seu primeiro ano de vida, executaran os trámites oportunos para que a Federación Galega de Fútbol concedera ao FC Camariñas a organización dun importante evento deportivo que traerá a máis de 400 futbolistas de toda a Costa da Morte e aos seus familiares ata Camariñas. Todo un impulso económico e turístico para a nosa vila concedido polo traballo altruista destes pais e nais do FC Camariñas. E sen dúbida un importante voto de confianza desde a Federación Galega de Fútbol ao traballo desenrolado no fútbol base polo FC Camariñas
  • Os nenos do FC Camariñas CAMPIÓNS da liga prebenxamín

    Despois dunha dura liga e de non perder nen un só partido chegaban os nenos do FC Camariñas prebenxamíns con todas as opcións para levarse o título ligueiro no campo do Xallas, terceiro clasificado. Todo apuntaba a un partido moi igualado pero ao comenzo deste o Xalllas, moi motivado e cuns xogadores escepcionales,  encontráronse con un sorpresivo marcador favorable de 4 a 0. Catro chegadas e catro goles mediada a primeira metade que afundían os ánimos dos pequerrechos do Camariñas que vían cheos de pena como o soño se esfumaba. Pero estes nenos son uns campeón e lévano na sangue, non se rendiron e conseguiron chegar ao descanso marcando un gol que lles inyectou unha adrenalina que os fixo saltar polos aires de moral para empezar a segunda metade decisiva.
  • O FC Camariñas a un partido de gañar a liga prebenxamín F-8 2018

    A escola de fútbol do FC Camariñas continúa unha racha imparable de éxitos nesta temporada 2017-18. Todas as categorías veñen enchendo de ilusión a todos os siareiros do fútbol do concello, tanto dende os máis pequerrechos dos bibieróns pasando polos prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantiles, cadetes, xuveniles... é para estar orgulloso de todos e cada un dos nenos e nenas integrantes dos equipos do fútbol base do FC Camariñas e dos seus adestradores. Pero a xornada deste sábado 5 de maio pode ser histórica para todo o Concello de Camariñas: si os bravos prebenxamíns do FC Camariñas consiguen gañar o partido que os enfronta ao Xallas en Catriz levaranse o campionato ligueiro de F-8 prebenxamín. Unha xesta caseque sen precendentes en toda a historia do fútbol da costa, xa que na temporada que se estrenaron os nosos pequenos e que xogan estes nenos en equipo están a tan só un partido de conquistar o título ligueiro sen perder nin un só partido e chegando de lider na táboa clasificatoria ata o último partido de liga. Chejar e encher que diría o refraneiro mariñeiro camariñán.
  • A xornada do FC Camariñas do 18 de marzo de 2018

    ¿Algún dos nosos queridos lectores sabe os quilómetros que hai dende Camariñas ata Muros? Pois aquí, os nenos da Escola de Fútbol do FC Camariñas sábeno ben: preto de 70 km ida e outros tantos de volta, e non de autopista, se non de escarpadas carreteiras secundarias cheas de baches e de curvas que fan que os nenos cheguen caseque a tombos para xogar o seu deporte favorito. E fano nos coches dos seus pais, que teñen que deixar de traballar para levar aos seus fillos a practicar o seu deporte favorito. Un caso único en toda a provincia e dos poucos de Galicia. Aínda así, ahí están unha ducia de pais mantendo toda a infraestructura que conleva unha canteira cas axudas de dous pares de empresas e toda a ilusión duns nenos. Esta ilusión é o que realmente fai que se manteña viva a Escola de Fútbol do FC Camariñas e que fará que sobreviva a todas as adversidades.
  • Vibrante xornada futbolística do FC Camariñas

    Complícanse un pouco máis a vida os nosos chavales do equipo senior do FC Camariñas despois de traer de Zas unha dolorosa derrota contra un dos equipos que terán que loitar ata o final por esa tan desexada permanencia. Aos de Tono agardanlle agora dous partidos complicados nos que se terán que enfrontarse primeiro ao Baiñas, segundo na clasificación, e despois ao LIra que tamén anda ahí a poucos puntos do FC Camariñas. Todo por decidir aínda para os nosos. Esperemos que veñan pronto os resultados positivos.
  • A xornada do FC Camariñas do 18 de febreiro de 2018

    Xornada dispar no acontecido esta fin de semana do FC Camariñas no que a resultados se refire. Mentras as dúas categorías superiores colleitaron sendas derrotas os cadetes, benxamíns e prebenxamíns conseguiron salvar os muebles con resultados moi positivos e desputando os encontros cun xogo por momentos brillante. Os maiores, a pesar de xogar un fútbol moi directo e ofensivo con ocasións bastante claras de gol non puderon transformar esa superioridade no marcador contra un Ponteceso que asestou un duro correctivo aos de Tono primeiro cun gol a finales da primeira parte e logo, xa o Ponteceso totalmente replegado en defensa, cun contragolpe mortal. Así e todo os senior non deben deixarse desmotivar e teñen que poñerse as pilas rapidamente para o un próximo encontro vital para manter as esperanzas de rematar unha liga decentemente contra un Sporting Zas que está na mesma loita que os nosos.
  • Comeza a liga biberón e prebenxamín para os nenos da Escola de Futbol do FC Camariñas

    As categorías benxamín e biberón do FC Camariñas estreáronse esta semana nas súas respectivas ligas. Os máis pequeniños do club camariñán tiveron unha posta de gala no Pavillón Municipal de Camariñas fronte aos pequerrechos do Cee que se levaron a victoria. A pesar de todo hai que recoñecer o gran traballo dos rapaciños e rapaciñas camariñáns que lograron anotar 4 auténticos golazos. Finalmente o resultado final foi de 4 a 9 a prol do conxunto visitante. O próximo partido dos biberóns, que supoñen a base do futuro máis inmediato da canteira do FC Camariñas, está aínda por determinar, dato do cal daremos conta na nosa páxina de Facebook próximamente. Esperemos que todos os responsables, tanto directivos como deportivos estean á altura para lograr unha boa cimentación desta sección de biberóns que son, como dicíamos, o futuro máis inmediato que fará que esta escola de fútbol cuaxe realmente. Nas súas mans está.
  • Éxitosa xornada do FC Camariñas a deste domingo 4 de febreiro de 2018

    Xornada repleta de victorias en case todas as categorias do organigrama do FC Camariñas. Dende os máis pequenos que impuxeron a súa autoridade en Muxía con un contundente marcador de 1 a 12 ata os senior que derrotaron ao aspirante ao título de liga o CF Corme nun ateigado Estadio Hermanas Patiño por un total de 3 a 2. Deste xeito sale o equipo da vila das palilleiras desa perigosa zona de descenso na que estaba inmerso despois dunha vaga de pésimos resultados. Os de Tono teñen agora unha oportunidade de ouro de consolidar a súa candidatura á permanencia no próximo partido contra un rival directo, o Outes, que está a loitar tamén codo con codo co Camariñas por esa tan ansiada permanencia nese inédito pelotón de cola.
  • A Escola de Fútbol consolídase como a gran aposta do FC Camariñas para o futuro da entidade

    Todo o duro traballo ten o seu premio. Despois de interminables xestións necesarias para levala a cabo, a escola de fútbol do FC Camariñas vai camiño xa da súa consolidación definitiva como un dos referentes das canteiras futbolísticas da Costa da Morte. Con preto de cen nenos e nenas que, equipados con todo o necesario, practican seu deporte favorito baixo a supervisión de 5 adestradores cos seus respectivos colaboradores adicados ao desenrolo desta canteira. Nunhas instalacións envidiables, uns pais totalmente volcados no proxecto e unha moi boa relación co Concello de Camariñas así como a importantísima axuda de algunhas empresas como Hotel O Parranda, Diego Alonso FotógrafoRestaurante O Ariño, ElectroRayma ou Viendote Crecer Fotografía Infantil levan a pensar en que a escola de fútbol do FC Camariñas marcará un antes e un despois no mundillo deportivo dentro do concello. Camarinas.eu tamén procurou aportar o seu gran de area neste gran proxecto, sobretodo na publicitación da gran Inauguración da Escola de Fútbol do FC Camariñaspresentada polo noso amigo e mestre Marcial Mouzo, así como tamén publicando os carteles dos que tiña coñecemento para anunciar os partidos, publicando algúns videos, fotos e crónicas que os pais lles facían chegar, etc... traballando en conxunto cuns pais e unha directiva que necesitaba todo o apoio mediático para facerse ver no mundo. E así o fixemos.
  • A canteira do FC Camariñas afiánzase no panorama deportivo da costa

    Pese a ter menos de uns meses de vida, a Escola de Fútbol do FC Camariñas está a colleitar cada día mellores resultados deportivos. O traballo alineado e serio tanto da directiva, equipo técnico, pais e chavales dos diversos equipos comeza a dar os froitos que asegurarán o futuro do fútbol base dentro do noso concello. E nese sentido é por onde se está a traballar máis arreo dende o club que ve, moi acertadamente, que con esta forma de entender un deporte de masas como é o fútbol consíguense máis éxitos que co xa descartado sistema de fichaxes que levou ao borde da quiebra a tantos conxuntos ao longo do territorio galego. E Camarinas.eu, consciente do duro traballo que se está a facer dende o FC Camariñas e os pais de moitos dos nenos para levar a cabo a consolidadción do proxecto, aquí está tamén para aportar o seu gran de area.
  • Grave lesión do xuvenil do FC Camariñas Christian Carballido

    Na tarde deste mércores 25 de outubro de 2017 o xogador da categoría xuvenil do FC Camariñas Christian Carballido lesionábase gravemente nun golpe fortuito. Aínda que ao principio pensábase só nun susto máis ben producido por un golpe superficial co paso dos minutos e co dolor do rapaz que non viña a menos tivo que chamarse a unha ambulancia que trasladou ao xogador ata o Hospital Comarcal de Cee. Alí os facultativos confirmaban a gravidade do golpe aínda que están pendentes de realizar as últimas probas que determinen exactamente o alcalce da lesión. Christian saía do hospital horas despois coa súa perna esquerda totalmente vendade e terá seguramente varios meses de recuperación. É por iso que a directiva, corpo técnico e xogadores en pleno do FC Camariñas queren amosarlle o seu cariño e ofrecerlle este domingo antes do partido que enfrontará ao FC Camariñas contra o Zas, unha homenaxe ao xogador camariñán para que se recupere canto antes e volva a xogar ao seu deporte favorito no seu equipo da alma. E dende esta redacción tamén queremos mostrar todo o noso apoio a Christian para que se recupere o antes posible. Moita forza Christian!
  • Resultados do FC Camariñas na xornada do 22 de outubro

    Xornada negativa para todas as categorías do FC Camariñas que recibían duros correctivos de norte a sur polos campos da Costa da Morte. Dende Ponteceso ata Fisterra pasando polo propio estadio dos nosos que terán que volver a tomarse tempo para reflexionar e resolver desaxustes. Pero non todo foi negativo nesta xornada da fin de semana do 22 de outubro xa que dous xogadores da categoría cadete do FC Camariñas, Erik e Mario, foron convocados pola recentemente creada selección da Costa da Morte para comezar os seus adestramentos. ein dúbida un gran recoñecemento que a federación da ao paso dado pola directiva e técnicos do FC Camariñas pola importante decisión de crear desde cero a escola de fútbol do clube da vila das palilleiras. Noraboa a toda a directiva, pais e nais, e corpo técnico pero sobretodo noraboa aos grandes xogadores Erik e Mario.
  • A Escola de Fútbol do FC Camariñas estrease contra o todopoderoso CF Dumbría

    "Pero vamos a ver: Dumbría... ¿quen coñece Dumbría?" Esta desafortunada frase que se fixo popular na vila dos encaixes hai uns cantos anos debería estar desterrada xa de por vida do vocabulario camariñán de agora en adiante. Especialmente despois de ver como se organiza un club multidisciplinar levado en volandas por un concello volcado en todos e cada un dos deportes de base nos cales participan os seus pequenos cidadáns. Contando para elo cunhas instalacións máis propias dunha organización deportiva de renome internacional que dunha olvidada parroquia entre a Costa da Morte e a comarca do Xallas. Así e todo, e pese a todos os inconvenientes de estar no medio da nada, este concello xunto aos seus cidadáns souberon prepararse exemplarmente e formar unha división deportiva dunha serie de deportes que é a envexa de toda a provincia da Coruña. Entre eses deportes cabe destacar a xestión que levan a cabo do fútbol nese mesmo concello, un verdadeiro exemplo de exitosa xestión da canteira que é a envexa, xa non da comarca, se non que o é de media Galicia. Así o pudo comprobar a delegación de pais e nais camariñáns que acompañaron aos seus nenos no primeiro partido oficial da Escola de Fútbol do FC Camariñas que desputaron este sábado 14 de outubro fronte ao todopoderoso CF Dumbría.
  • Os xuveniles do FC Camariñas consiguen un valioso empate fronte aos Miudos

    Partido igualado o xogado este sábado 14 de outubro no Hermanas Patiño entre os xuvenís de dous equipos cunha gran rivalidade. O FC Camariñas enfrontábase aos Miúdos nun partido moi disputado que ao final resultou en taboas. Catro a catro, ese foi o marcador co que se chegaba ao final do encontro entre estes dous equipos que loitaron ata o final para conseguir os tres puntos, nunha primeira parte donde os miudos saíron mellor e tuveron as ocasións máis claras, e cun camariñas que lle costou entrar no partido ata o 1-2. Gol que foi quen de subir ao marcador o dianteiro camariñán Adrián xusto antes de que o árbitro da contenda dera por finalizada a primeira metade deste vertixinoso encontro.
  • Primeiro partido da escola de fútbol do FC Camariñas

    Outro día histórico para o fútbol na vila dos encaixes. Si o domingo 1 de outubro de 2017 foi memorable para o deporte da Costa da Morte coa presentación da Escola de Fútbol do FC Camariñas na que se integran preto de 80 nenos e nenas, a xornada deste sábado 9 de outubro quedará para a historia coa consecución do primeiro partido oficial desta canteira futbolística. Os encargados de inaugurar o banquiño eran os nenos da categoría benxamín do FC Camariñas que, adestrados polo monitor da categoría e formación coma Luis Rodríguez Luaces, se enfrontaron no Campo da Lagarteira a un histórico do fútbol da costa como o UC Cee.