• Campionatos galegos de balonmán que se desputarán en Camariñas

    Este venres 17 de maio tivo lugar a presentacion dos torneos Benxamin Alevin e Infantil Femenino da Federación Galega de Balonmán que se desputarán en Camariñas. Ao acto, celebrado na Casa de Pedra do Concello de Camariñas asistiron o camariñán e lenda viva do balonmán na vila dos encaixes Borja Tajes e Jesus Varela como directivos da Federacion Galega de Balonman, Andres Cerdeiras como Presidente do Club Balonman Camariñas Conservas Boya e por Parte do Concello Jose Manuel Canosa Campaña Concelleiro de Deportes e Sandra Insua Rial Alcaldesa do Concello de Camariñas. En palabras desta ultima “Camariñas vai ser unha festa do Balonman Galego“ e resaltou os beneficios que traerá para o concello que se celebre este tipo de eventos xa que serán centos de familias as que se aloxen no concello no transcurso destes importantes campionatos. O Concelleiro de Deportes do Concello de Camariñas, Jose Manuel Canosa, quixo puntualizar na súa intervención que “Camariñas ten as mellores instalacions para a disputa destos torneos” e qeu é todo un honor que a Federación Galega de Balonmán sempre agradeza o traballo do Concello de Camariñas a prol do balonmán agasallándoo coa organización na vila destes grandes torneos. En palabras de Andres Cerdeiras “ Camariñas sigue sendo pionero en formacion de nenos” tanto desde o concello como desde o propio club de balonmán. No turno de palabra do directivo da FGB Jesus Varela recalcou que “para a federación e moi importante que Camariñas acollese este torneo xa q nesta vila respírase balonman”. Pechaba o acto o mito viviente do balonmán camariñan Borja Tajes que quixo agradecer ao club todo o ímpetu e traballo que puxo para traer este gran torneo a terras camariñanas.