• Un verán 2018 para soñar: Tres Bandeiras Azuis para o Concello de Camariñas

    Como en tódolos aspectos da vida, en política tamén, hai quen é noticia permanentemente por nimiedades ou por accións puerís que carecen do mínimo interese social e económico para as nosas vidas. Ou polo recurso permanente a descualificación persoal e profesional do “inimigo”, sen aportar contribución algunha á mellora da sociedade onde vivimos.
  • CAMARIÑAS PARTICIPA NO PROGRAMA “COME O MAR” CUNHA AMPLA OFERTA DURANTE O MES DE XUÑO.

    Durante o mes de xuño ponse en marcha a 5ª edición de "COME O MAR", a campaña de promoción turístico e gastronómica da costa galega organizada por Mar Galaica e financiada polos Grupos de Acción Costeira na que Camariñas participa cunha ampla oferta.   
  • Rumanía se interesa en aprender de varios proyectos del Concello de Camariñas

    El Concello de Camariñas presenta sus proyectos O mar todo y O Ariño a una delegación de profesionales que vienen desde Rumania para conocer proyectos GAC en Galicia.  Acompañados por el gerente del Gac- Costa da Morte asistieron a una presentación de estos proyectos en el Faro Vilán realizada por la agencia de desarrollo local de Camariñas y la asociación de empresarios y promoción turística de Camariñas. Ademas visitaron, guiados por la farera de Vilán, las instalaciones y centro de interpretación del faro. Industrias Cerdeimar, las tareas realizadas por las mariscadoras en Area da Vila y las actuaciones de O Ariño guiadas por la presidenta de la Cofradía de Pescadores de Camariñas. Son las actividades que desarrollan en esta jornada. También degustaran la comida marinera en el restaurante La Marina de Camariñas.
  • CAMARIÑAS PRESENTA EN EUROPA SUS ÚLTIMAS INICIATIVAS DE DESARROLLO RURAL

    Una delegación de Camariñas viajará esta semana a la ciudad croata de Buzet, conocida como “la ciudad de las trufas”, para participar en el segundo encuentro del proyecto REN, red de municipios rurales europeos. El objetivo de la reunión es intercambiar experiencias que favorezcan la valorización y desarrollo de los municipios situados en el medio rural. Con ese fin, la delegación de Camariñas va presentar el programa turístico “Camariñas, o mar todo”, la implantación de contenedores de compostaje y el programa de dinamización del Faro Vilán.
  • Camariñas presenta en FITUR el 25 aniversario de la Mostra do Encaixe y su nueva marca turística 2.0

    El repiqueteo de los palillos en manos de una joven encajera seguro que hipnotizó esta tarde a los presentes en el estand de Turismo de Galicia en FITUR durante el acto "Camariñas. Descubre el corazón del encaje". El Ayuntamiento de Camariñas llevó hasta la Feria Internacional de Turismo -otro año más- la Mostra do Encaixe, que en este 2015 cumple 25 años en plena vigencia, y la nueva marca de turismo experiencial “Camariñas, o mar todo”, un proyecto 2.0 ejecutado con fondos europeos a través del Grupo de Acción Costeira GAC3- Costa da Morte.
  • Camariñas á conquista de FITUR 2015

    O Concello de Camariñas presentará este xoves 29 de xaneiro (16.00h) no stand de Tursimo de Galicia na Feira Internacional de Turismo FITUR 2015 o acto "Camariñas. Descubre el corazón del encaje". Durante o mesmo expoñeranse os actos programados para a XXV edición da Mostra do Encaixe e a nova e espectacular marca turística “Camariñas, o mar todo”. Asistirán a esta presentación fundamental para visionar o futuro turístico do Concello de Camariñas o alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León; Franco Quintáns, director da pasarela da Mostra do Encaixe; unha xoven encaixeira e un representante de Aporta Comunicación, empresa executora do proxecto "Camariñas. O mar todo".
  • As novas tecnoloxías fan de “Camariñas, o mar todo” un voceiro virtual dos recursos turísticos
 do litoral camariñán

    O Concello de Camariñas presentou esta mañá os proxectos “Camariñas, o mar todo” e “Desenvolvemento da zona costeira da praia do Ariño”, executados con fondos europeos dos Grupos de Acción Costeira- GAC3 Costa da Morte. O obxectivo de ambas iniciativas foi valorizar os recursos turísticos de Camariñas co mar e a cultura mariñeira como eixo central. 
No acto estiveron presentes a tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Encaixe, Sandra Insua Rial; o xerente do GAC3-Costa da Morte, Guillermo González Díez; o concelleiro de Turismo, Sergio Caamaño Fernández; Eugenia Juncal e Pedro Tasende, representantes, respectivamente, de Valora Consultores e Aporta Comunicación, empresas responsables da execución dos proxectos.
  • Xoves 15 de xaneiro: presentación do proxecto Camariñas o Mar Todo

    O Concello de Camariñas convoca aos medios de comunicación á presentación das accións desenvolvidas no marco dos proxectos turísticos “Camariñas, o mar todo” e “Desenvolvemento da zona costeira da praia do Ariño” este xoves 15 de xaneiro, ás 11.30 horas, na Casa da Pedra de Camariñas. Asistirán o alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León, o xerente do GAC 3 Costa da Morte, Guillermo González Díez; o concelleiro de Turismo, Sergio Caamaño Fernández; e representantes das empresas responsables da execución do proxecto, Aporta Comunicación e Valora Consultores.
  • Mesa expositiva “Muller e mar” este xoves 20 de novembro en Camariñas

    O Concello de Camariñas presenta a mesa expositiva “Muller e mar” que terá lugar mañá xoves 20 de novembro, ás 17.00h no Faro Vilán. Durante o encontro proxectarase o audiovisual que leva o mesmo título. Este foro forma parte das actividades do proxecto GAC “Camariñas, o mar todo”, financiado con fondos europeos a través do GAC3 Costa da Morte.
  • Presentación nas escolas do concello do Programa Camariñas O Mar Todo

    Continúa o gran traballo que se está a desenrolar dende o Concello de Camariñas para a promoción turística de todas as parroquias do mesmo. Este martes era a concelleira de Turismo, Sandra Insua Rial, a que presentaba a uns 170 escolares de 4 a 6ª de Primaria dos colexios de Camariñas e da Ponte do Porto a Unidade Didáctica elaborada no marco do proxecto GAC “Camariñas, o mar todo”. A publicación leva por título Descubrindo a cultura mariñeira de Camariñas e ten por obxecto ensinar aos máis pequenos a través de xogos todos os recunchos máis fermosos do concello así coma a tradición máis arraigada da nosa terra como é o Encaixe. Unha gran iniciativa esta de involucrar tanto aos nenos coma aos profesores para a promoción e, sobretodo, o coñecemento da nosa cultura por parte dos máis pequenos.
  • Programa Descubrindo a Cultura Mariñeira de Camariñas

    O Concello de Camariñas presenta mañá nos colexios de Camariñas e de Ponte do Porto a unidade didáctica "Descubrindo a cultura mariñeira de Camariñas", incluída nas accións do proxecto Camariñas, o mar todo. Como non hai nada mellor que aprender primeiro o que é noso, invitamos a todos os nenos de Primaria a vivir a aventura formulada e realizar os exercicios propostos. Un magnífico xeito de gozar aprendendo!
  • Master class e showcooking “Camariñas, o mar todo”

    Como última sesión presencial das actividades formativas incluídas no marco do “Plan de dinamización do Sitio de Interese Nacional cabo Vilán. Camariñas, o mar todo”, realizarase unha master class e showcooking a cargo do cociñeiro Adrián Felípez, da empresa Gastroconsulting. Felípez, cociñeiro de vangarda que dirixe a súa propia consultora de gastronomía na que asesora, imparte formación e innova en proxectos culinarios e na restauración, entre outras actividades relacionadas co mundo gastronómico e os fogóns. Formou parte do equipo del El Celler de Can Roca, o segundo mellor restaurante do mundo co que conseguiu tres Estrelas Michelín e tamén do equipo do restaurante Bo.Tic de Girona, galardoado cunha Estrela Michelín. A master class realizarase o martes 23 de setembro en horario de 17.00 a 19.00h e incluirá un showcooking e unha charla formativa con Adrián Felípez. Os pratos que se prepararán son:
  • Últimas xornadas do Turismo Mariñeiro de Camariñas

    Os profesionais do mar de Camariñas que participaron as últimas semanas nas Xornadas de Turismo Mariñeiro serán os guías dunha ruta polo municipio que se realizará mañá xoves 28 de agosto.
  • Presentación das Xornadas de Turismo Mariñeiro de Camariñas na Casa de Pedra

    Hoxe ao mediodía tivo lugar na Casa da Pedra, con moi boa acollida, a presentación das Xornadas de Turismo Mariñeiro para os profesionais do mar enmarcadas no programa formativo do “Plan de Dinamización do Sitio de Interese Nacional Cabo Vilán. Camariñas, o mar todo”. Os interesados (profesionais do mar, mariscadoras ou familiares), aínda se poden inscribir na Casa de Pedra.

    Fonte: Camariñas o Mar Todo

  • O CONCELLO DE CAMARIÑAS PROMOVE O TURISMO CUNHA NOVA PÁXINA EN FACEBOOK

    O Concello de Camariñas ven de crear a páxina en facebook Camariñas, todo Mar. Costa da Morte para promover o turismo no municipio. Esta páxina, que xa ten 1.000 seguidores, foi creada dentro do proxecto “Camariñas, o mar todo” financiado polo GAC 3 Costa da Morte. A nova páxina permitirá crear unha comunidade de usuarios en torno aos atractivos e as actividades turísticas levadas a cabo no municipio polo concello e pola rede turística na que participan a hostalaría, a asociación de empresarios e outras entidades. A páxina busca ser un medio para acercar información ás persoas que nos visiten e, ademais, ser un lugar para a participación compartindo opinións, coñecementos e fotografías. Precisamente, unha das próximas iniciativas será a celebración dun concurso fotográfico que se anunciará nas vindeiras datas. Durante un tempo convivirá có perfil xa existente Camarinas Todo Mar. Para facilitar esta transición, pedimos ás persoas que son amigas do perfil que lle dean ao “Me gusta” na nova páxina Camariñas, todo Mar. Costa da Morte.
  • Camariñas converte os seus recursos mariñeiros en valores turísticos de vangarda

    O Concello de Camariñas presentou esta mañá os proxectos “Camariñas, o mar todo” e “O Ariño” executados con fondos do europeos do Grupos de Acción Costeira - GAC3 Costa da Morte que teñen como obxectivo valorizar os recursos turísticos de Camariñas co mar como eixo central. No acto estiveron presentes o alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León; o xerente do GAC3, Guillermo González Díez; o concelleiro de Turismo, Sergio Caamaño Fernández; e Pedro Tasende, xerente da empresa responsable da execución do proxecto “Camariñas, o mar todo”. Asistiron tamén empresarios do sector da hostalería, encaixe e marisqueo, todos eles implicados no desenvolvemento de ambas as dúas iniciativas.
  • O prestixioso chef Javier Rey ofrece este martes unha charla en Camariñas

    Hoxe martes 10, ás 17:00 no Centro de Iniciativas de Camariñas, Javier Rei, xefe de cociña do Restaurante Alborada, que conta cunha Estrella Michelín e referente na Coruña empregando produto local de calidade. Javier Rei aconsellará cómo elaborar un menú mariñeiro elixindo produtos locais do mar, cómo presentalo e cómo vendelo, qué debe incluir, como describilo e consellos para diferenciarse. Con esta sesión búscase que cada establecemento elabore un menú mariñeiro que será ofrecido nas xornadas gastronómicas que terán lugar en datas aínda sen determinar. Esta actividades están incluías no programa “Camariñas, o mar todo” promovido polo Concello de Camariñas e financiado polo Gac Costa da Morte. A sesión é gratuíta e poden asistir as persoas das empresas do sector hostaleiro e turistico de Camariñas que desexen participar na rede de traballo de turismo que está a formarse.