• Atopada unha botella en Reira cunha mensaxe do Queen Mary II

    A conexión de dous puntos aparentemente distantes no tempo e no espacio. En eso debían andar pensando os Talking Heads na súa canción "Cities" (Fear of Music, 1979), cando decían aquelo de "Memphis, Home of Elvis and the ancient Greeks" (Memphis, Fogar de Elvis e dos antigos Gregos), ca única salvedade plausible de que o orixinario Menfis se atopaba no antigo Exipto, non en Grecia. Dous puntos lonxanos no espacio unío a botella que esta semana atopaba en Reira o noso amigo Enrique Barreiro e dúas épocas remotas no tempo para a redacción de Camarinas.eu enhebra a noticia que glosa tal descubremento. A dos inicios desta redacción, cando unha marea de mensaxes embotellados inundou as costas de Camariñas e que incluso dou lugar a un curioso protocolo de actuación que nos levaba puntualmente a visitar a casa de Mari France na Ponte do Porto, onde éramos espléndidamente agasallados e exquisitamente remunerados, obtendo a correspondente traducción. Porque por aquelas épocas soían ser compatriotas de Louis Ferdinand Celine (en realidade, Destouches) os que facían viaxar cara ao fin da noite por mares ignotos as súas mensaxes encapsuladas. Non foi así no presente caso: John Gayle Sweetland, súbdito británico, natural de Gosport, no condado de Hampshire, costa sur inglesa, aproveitou unha prácida e suculenta viaxe de lecer a bordo do Queen Mary II para o 18 de decembro do pasado 2013 máis ou menos á altura das Illas Azores botar ao mar unha botella que ademáis dunha mensaxe contiña 10 dólares USA cos que sufragar futuros sellos, 4 chocolatinas, 2 bolígrafos e un folleto da compañía Cunard, fletadora do trasatlántico en cuestión, orgullo da flota británica. No papel daba os seus datos personais, as coordenadas marinas dende as que fora botada a misiva e acababa solicitando unha ratificación dos lares ata os que dera en chegar a mensaxe. Estos non deixaron de ser unhas paraxes xa acostumadas a estos lances, máis ou menos as pedras que separan a Praia Grande de Reira da que luce ao seu flanco dereito, alí onde unha ponte de barco fora anclada en terra naquelas épocas non tan remotas nas que todo estaba administrativamente permitido. O descubridor foi o xaviñán Enrique Barreiro, cuñado doutro gran amigo desta redacción, Oscar Freire, os cales, vistos os precedentes, non podían deixar de dar parte a unha redacción que deste xeito se vío conectada cos seus iniciais días de gloria e dun xeito máis verídico e creíble que o de Elvis cos antigos Gregos.
  • A serie Matalobos visita Camariñas

    Vivimos a gran era das series. Diferentes títulos que abraian por unha pasmosa calidade que se manten inalterable ao longo de varias tempadas, que se suceden sen solución de continuidade e que rivalizan e incluso superan ás películas. Esto, como todo o demáis, iniciouse nos Estados Unidos de América: a maiores das pioneiras de finais dos oitenta e principios dos noventa (The Simpsons, Futurama, Seinfeld, etc...), nos últimos tempos coparon as pantallas unha pléiade de series dunha calidade virtuosa: a das derrotadas peripecias do ex-beisbolista profesional Kenny Powers en "De Culo y Cuesta Abajo"; as da implacable xungla dos tempos da Lei Seca de "Boardwalk Empire", dirixida polo mesmísimo Scorsese; "Mad Men", na que o actor Jon Hamm recreou unha persoaxe digna de pasar á historia, o Don Draper das axencias americanas de publicidade dos anos 60 cas súas palmadas no cu das empregadas e o seu machismo desbocado; a aclamada "The Wire" segundo moitos a mellor da historia; a populosa "Game Of Thrones" e en xeral calqueira xoia ca que a cadea HBO ten a ben deleitarnos cada pouco tempo. Así poderíamos seguir cuns cantos títulos máis.
  • Sardiñas Frescas no Café Bar Victoria de Camariñas

    O Café Bar Victoria reparte sardiñas todos os días do Veran. Xa non temos desculpa para non ir a tomar uns viños ao Victoria xa que Mario, veciño de Camariñas de todos nos coñecido queda desde este Verán recoñecido oficialmente como "Asador de Sardiñas do Bar  Victoria" (quen lle dera a Arguiñano) Este verán colleu o seu traxe de Chief e púxose "mans á obra" para asar as sardiñas máis sabrosas.