• Festa de reinauguración do Café Bar Pinar da nosa usuaria Karina

    Pois foi Gelinita xubilarse e pechar o emblemático Café Bar Pinar e outra usuaria de Camarinas.eu é agora a que se lanza a emprender unha nova carreira empresarial neste local hostaleiro. A nosa querida lectora e usuaria Karina ben de rematar todos os preparativos de acicalamento do Bar Pinar e na tarde deste venres 18 de xaneiro de 2019 abrirá as súas portas cunha gran festa para todos os que asistan a esta especial reapertura. Haberá pinchos para todos os asistentes, segunda consumición gratis e, se todo esto fora pouco, unha gran festa folk amenizada polos gaiteiros de "Con Toda en Banda". Pois xa sabedes, todos aqueles que vos guste a festa non vos podedes perder na tarde deste venres a inauguración do Café Bar Pinar de Karina. Nos alí estaremos para apoiar a nosa amiga nesta nova etapa da súa vida como empresaria. Moita sorte Karina!
  • Gelinita e Juan pechan o Café Bar Pinar e xubílanse

    A bomba informativa confirmábase momentos antes da medianoite do 31 de decembro: aquel sería o último día en activo de Juan e Gelinita como hosteleiros profesionais, lexendarios xerentes do Café Bar Arnela antes e do Café Bar El Pinar, despois. Unha noticia que os membros desta redacción recoñecemos que encaramos co corazón dividido: por unha parte, con profunda alegría, xa que dúas persoas tan queridas para nós por fin acceden ao tan merecido descanso despois de toda unha vida de duro traballo e constante esforzo, pola outra non podemos deixar de recoñecer que con pena xa que ¿aonde imos a ir agora? ¿ónde atopar un lugar no que nos trataran con tanto cariño e atención? Porque se somos realistas estes dous redactores saben no fondo da súa alma que acaba de pechar o que será sen lugar a dúbidas o bar máis importante das súas vidas.