• Don Gonzalo Lemus Canosa, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

    Outra tráxica notiica que temos que trasladarlles aos nosos usuarios e lectores. Ao paso que vamos, en poucos anos a poboación do concello de Camariñas verase mermada drásticamente. Na mañán deste martes 19 de marzo esta redacción recibía aflixida a noticia da morte do que fora veciño de Camariñas Don Gonzalo Lemus Canosa aos seus 74 anos de idade despois dunha dura loita contra unha terrible enfermidade que ao final cobrouse a vida deste querido veciño. Don Gonzalo, coñecido empresario hostaleiro orixinario de Merexo pero asentado en Camariñas era moi coñecido por ser o propietario do mítico Bar "O Marcha Verde" da vila das palilleiras que rexentou nas décadas do 80 e 90. O corpo sen vida de Don Gonzalo está sendo velado no Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá ás 16:00 horas da tarde deste mércores 20 de marzo cara a Igrexa de Santiago de Cereixo. Xa alí nun dos templos xacobinos máis importantes da Costa da Morte será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Gonzalo para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no cemiterio de Cereixo. Vaia dende esta redacción todo o noso ánimo e forza a toda a familia e amigos de Don Gonzalo Lemus Canosa nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz.

  • O "Marcha Verde" dixo: Ata aquí

    Agora que se puxo de moda entre algúns xóvenes chiquiteros profesionales de Camariñas sacarlle o pellejo polos bares da comarca aos redactores de camarinas.eu, temos que darlles unha moi mala noticia: un dos bares máis emblemáticos e iconoclastas do noso pobo, o Marcha Verde, pechou co ano novo as súas portas. Camarinas.eu estivo presente nas fotos do adeus e unha impresionante oda de despedida do noso usuario Juan Camariñán.
  • Cabo Lemus, Militar. 25 anos

    En ocasións hai persoas que levan o compromiso coa súa comunidade e coa súa xente ao extremo de poñer en perigro a súa integridade física, incluso de poder sacrificar a súa vida. Este é o caso de Gonzalo Lemus Iglesias, 25 anos, Héroe, Camariñán. Veterano da guerra de Afganistán, onde servío como voluntario en dous períodos distintos, en 2005 e 2006, Gonzalo é da clase de persoas que non ignora que hoxe a primeira liña de defensa da nosa Civilización Occidental, democrática e cristiana, plena de reconocemento de dereitos cara á muller, pasa polos campos minados de Herat, polos desfiladeiros mortais do Val do Panjshir, polas montañas erizadas de Kalashnikovs de Tora-Bora, en definitiva, polo deserto desolado de Afganistán.