• Misa de cabodano de Gustavo Carril en Xaviña este sábado 26 de xaneiro

    Cúmprense 12 meses exactos da traxedia que sacudíu á comunidade arxentina de Xaviña cando un 24 de xaneiro se producía a repentina morte do noso querido amigo Don Gustavo Carril aos seus 49 anos de idade. Falecía Gustavo, irmán de Manuel Carril, o coñecido empresario propietario xunto a súa esposa da tenda de electrodomésticos Master Carril de Xaviña, como dicíamos hai exactamente un ano e a súa familia quere recordalo na misa de cabodano que será celebrada na Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña. A ceremonia relixiosa celebrarase ás 17:00 horas deste sábado 26 de xaneiro de 2019 e a familia de Gustavo quere agradecer de antemán a asistencia ao cabodano de Gustavo Carril tráxicamente falecido hai un ano. A túa familia non te olvida, Descanse en Paz.
  • O monumento a Don Jesús inaugurarase no cabodano do seu pasamento en Camariñas

    A estatua homenaxe a Don Jesús, nobre iniciativa dun grupo de veciños da vila das palilleiras, xa está nos seus últimos pasos para ser unha realidade. Este grupo de veciños veñen de amosarnos, en rigurosa exclusiva, o molde que servirá de plantilla para que o canteiro encargado do proxecto, especialista nesta dificil arte, elabore o busto que se ten previsto inaugurar no funeral que se celebrará dentro de dúas semanas na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas. Antes de facer público este molde do noso querido amigo falecido, esta comisión que iniciou os traballos para realizar o busto de Don Jesús, contactou con varios dos familiares do que fora o páter da vila das palilleiras, que deron o seu visto bo ao molde e aledáronse profundamente da iniciativa.
  • Cabodano de Don Benedicto Tajes Romar

    Este 25 de novembro de 2017 conmemorarase o primeiro aniversario da morte do querido veciño de Camariñas Don Benedicto Tajes Romar, e despois dun triste ano de ausencia, a súa familia quere facer saber da próxima celebración da misa de cabodano. Esta ceremonia de cabodano realizarase, como dicíamos, o 25 de novembro ás 7 da tarde na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas. A súa familia agradece enormemente a asistencia ao primeira aniversario da morte de Don Benedicto e rogan unha oración polo seu descanso eterno. Descanse en Paz.
  • Primeiro Aniversario de Dona Balbina Ozón Suárez

    Este sábado 13 de decembro de 2014 celebrarase na Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 11:00 horas o cabodano da querida veciña de Camariñas Dona Balbina Ozón Suárez. Dona Balbina faleceu tristemente o 5 de xaneiro de 2013 aos seus 91 anos de idade. A súa familia roga unha oración polo eterno descanso de Dona Balbina e agradecen anticipadamente a asistencia ao seu funeral de Primeiro Aniversairo. Descanse en Paz.
  • Primeiro Aniversario de Roberto Castro Tajes

    Este próximo sábado 6 de decembro de 2014 a partir das 17:00 horas celebrarase na Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña o primeiro aniversario do pasamento do noso amigo Don Roberto Castro Tajes. Máis coñecido como Roberto de Brañas Verdes, finou tristemente un 1 de decembro de 2013 aos seus 59 anos de idade despois dunha dura loita contra unha fatal enfermidade que ao final levouse por diante a vida do noso querido amigo. Para todos aqueles que queiran asistir ao funeral de Roberto contarán con servicio de dous autobuses que sairán un dende Camelle ás 16:00 horas pasando por A Ponte do Porto, O Allo e Dor e outro transporte que sairá dende Carantoña á mesma hora e que pasará recollendo a todas as persoas que desexen asistir ao funeral de Roberto polas localidades de Santa Mariña, Brañas Verdes e Camariñas. Roberto Castro Tajes, sempre na nosa memoria. Descanse en Paz.
  • 1º Cabodano do Falecemento de Luis "O Cotiño"

    Foi xusto hai un ano cando se vivía a derradeira gran mostra de loito e dor colectivas no heteroxéneo mundo do fútbol da Costa. Un fatídico 28 de novembro de 2012 falecía o que fora un dos seus mellores xogadores, un futbolista inclasificable, dotado dun talento innato e dunha electricidade meteórica, que convertío a banda esquerda do Hermanos Patiño nun tormento, un vía crucis, polo que deberon de pasar todas as defensas que tiveron a desgracia de encararse co xenial e chorado José Luis Campaña Carril "O Cotiño". Todo aquel pesar polo falecemento dun dos máis dotados futbolistas da historia da Vila das Palilleiras tivo a súa maior escenificación na emotiva homenaxe organizada un 9 de decembro conxuntamente por Camarinas.eu e un FC Camariñas entón baixo o firme timón de Pepucho e que agora sen embargo deambula pola 1ª Rexional a base de tundas campales e dunha certa confusión administrativa. Agora que se cumpre un ano da marcha do xenio, a súa familia decide organizar o seu 1º Cabodano. Ese será o momento para que algúns dos principais representantes do fútbol da Costa se xunten na Igrexa Parroquial de San Xurxo e rindan tributo ao lexendario extremo esquerdo. Será o vindeiro venres 29 de novembro a partires das 18:00 horas. Dende o ceo, Luis fará un alto no seu apaixoado seguimento do mundo do seu amado fútbol, deixará de contemplar por uns intres calesqueira partido que naquel momento se esté a disputar en calesqueira lugar, e feliz comprobará como segue a ser lembrado con cariño e emoción na lonxana Terra.
  • Cabodano do falecemento de Javier Temprano Quiza

    O xoven Javier Temprano Quiza faleceu traxicamente hai case un ano en Lanzarote

    Foi unha desas tráxicas mortes de xóvenes camariñáns que cada certo tempo sacuden o noso concello: rapaces con toda a vida por diante que por mor dun acontecemento drámatico deixan este mundo, sumíndonos a todos nunha dor profunda e inconsolable. Era a tarde do 6 de setembro de 2012 cando dende os medios de comunicación canarios se alertaba que un xove da Vila das Palilleiras desaparecera mariscando no lugar de Charco de San Martín, Illa de Lanzarote, noticia confirmándose ao cabo dunhas horas que o Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Guardia Civil (GEAS) atopaba o seu corpo sen vida. Un duro golpe para a súa familia e amigos e en xeral para todo Camariñas quevía como outro dos seus xóvenes se nos ía por un accidente fatal.
  • 1º Cabodano de Aarón Rojo Luaces

    Este sábado 6 de agosto de 2013 todo o Concello de Camariñas lembrará a Aarón

    Agora que Galicia a duras penas se sobrepoñe á terrible masacre acaecida nas vías do tren de Santiago de Compostela o 24 de xullo, se houbo unha desgracia que golpeou dun xeito brutal ao Concello de Camariñas ao longo de 2012 foi sen dúbidas o falecemento en fatal accidente de tráfico do xove xaviñán de 18 anos Aarón Rojo Luaces. Foi nas primeiras horas dun sábado 4 de agosto, cando voltaba como coopiloto dun turismo da Festa de Carantoña ca mala sorte de aquela viaxe había de ser a última para tan gran rapaz, estudioso e  traballador, respetuoso e educado, seguindo a estirpe clásica da veciñanza xaviñana.
  • 1º Cabodano por Manolo do Curseiro

    Este mércores 22 de agosto celébrase o 1º cabodano polo Señor Manolo do CurseiroSeguimos aquí en Camarinas.eu, ca nosa función habitual de prestar un servizo aos veciños do noso concello ca publicación do 1º cabodano do Señor Manolo do Curseiro, que terá lugar o mércores 22 de agosto ás 18:00 horas na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Transcurría caluroso o mes de agosto do ano pasado cando falecía un dos más perfectos exemplos daquela estirpe de socialistas de corazón que mediante unha militancia comprometida e constante levaron ao seu partido a unha sucesión ininterrumpida de victorias electorais que se extenden ata o día de hoxe. Foi sen dúbidas naqueles días dos anos 80 nos que a base do traballo de veciños como o Señor Manolo os socialistas camariñáns sentaron as bases do seu éxito. Lamentablemente, él non puido ser velado nun tanatorio do seu propio pobo da alma, como sen dúbidas houbera desexado, algo que despois do acontecido no pleno deste venres xa non voltará a acontecer. Entre outra cousas gracias aos esforzos de cidadáns comprometidos e valientes como o Señor Manolo. A mellor forma de honrar a súa memoria será acudindo a acompañar á familia no cabodano do mércores 22 de agosto de 2012.
  • 1º Aniversario por Ramón López

    Este venres 10 de agosto celébrase o 1º aniversario por Ramón López GerpeContinuamos aquí en Camarinas.eu como principal e case único voceiro público camariñán ca prestación do servizo público que temos encomendada, aquelas cousas do día a día que en realidade importan aos nosos veciños. Neste caso a publicitación da celebración este venres 10 de agosto de 2012 a partires das 18:00 horas, na Igrexa Parroquial de San Xurxo, da misa de 1º Aniversario polo falecemento de D. Ramón López Gerpe, máis coñecido dende sempre na Vila das Palilleiras como Moncho de Juanita de Chone. En efecto, corrían os primeiros días do mes de xullo de 2011 cando no Hospital Comarcal de Cee, víctima da penosa enfermedade que viña arrastrando falecía Don Ramón aos seus 66 anos. Deixaba unha esposa, tres fermosas fillas e seis netos. Agora todos eles, sentindo aínda viva a presencia nas súas vidas deste gran camariñán, lémbrarano este venres cunha emocionada misa no templo parroquial camariñán.
  • Cabodano de Edelmiro Campaña, Lin

    Este mes celebrarase o aniversario de Don Edelmiro Campaña Este vindeiro luns 19 de decembro cumprirase o primeiro cabodano do falecemento de Edelmiro Campaña López, Lin, o que foi durante tantos anos armador, entre outras embarcacións, do Lago Dos. E chegarase a esta data nun momento óptimo para esta emblemática familia camariñana trala recente concesión por parte do Consello de Ministros do Goberno da nación, tras un laborioso procedemento, do indulto ao seu fillo Felipe. Desta maneira, a un ano vista do falecemento dun dos grandes armadores históricos de Camariñas, patriarca dun clan de xente mariñeira, a súa familia únicamente ten a vista posta nun futuro desprovisto de toda a carga ameazante que envenenou as súas vidas durante os últimos anos. Polo tanto é chegado o momento de rendir pola súa parte e acompañados do pobo que nunca lles fallou a homenaxe serena, tranquila, xusta, que Edelmiro Campaña López merece. O lugar, a Igrexa Parroquial de San Xurxo. O día, o luns 19 de decembro de 2011 a partir das 17:00 horas, cabodano do falecemento do que foi un dos grandes armadores históricos de Camariñas.
  • Cabodano de María Jesús e Martín

    Este 8 de xaneiro de 2010 celébrase o cabodano dos falecementos de María Jesús e Martín

    Hai xa prácticamente un ano tiña lugar a maior desgracia acaecida no Concello de Camariñas nos últimos tempos: na tarde do 24 de decembro, Día de Noiteboa, María Jesús Lema Martínez, funcionaria de Correos da Oficina Postal de Camariñas, e o seu fillo Martín, de dous anos, falecían nun tráxico accidente de tráfico na carretera que une Carballo con Cee, concretamente á saída de Vimianzo. Faise difícil pensar nunha desgracia maior que a acaecida neste fogar xaviñán no que pouco máis de un ano e medio antes tiverá lugar a voda dos pais e o bautizo do pequeno Martín nun acto celebrado na Igrexa Parroquial de Xaviña, oficiado por Don Mario e no que camarinas.eu estivera presente. Agora, chegado o cabodano dun suceso que nos helou o sangue a todos, nesa mesma igrexa parroquial e  posiblemente oficiado por ese mesmo párroco que leva vendo desfilar toda a vida da súa parroquia durante estas últimas décadas terá lugar o 1º Cabodano do falecemento de María Jesús e Martín e dende quí animamos a todos os nosos usuarios a que apoien a esta familia xaviñana acudindo ao templo o sábado 8 de xaneiro de 2011.
  • Cabodano de Juan Carril Ramos

    Un ano sen Juan do Nacho

    O último día do ano sempre estará tinguido para a familia de Juan do Nacho cun luto e pesar inconsolable
    O último día do ano sempre estará tinguido para a familia de Juan do Nacho cun luto e pesar inconsolable

    De forma lamentable e tráxica, estes últimos anos o Concello de Camariñas está a ver como se tinguen co luto e ca dor polos que se van as entrañables datas do Nadal, agravando o pesar inconsolable polo falecemento dos seres queridos co feito de que a súa partida para o Máis Alá ten lugar nuns días de emocionado encontro familiar. Eran as primeiras horas da mañá do último e festivo día do ano do Noso Señor de 2008 cando de forma inconexa e fragmentaria comenzaban a chegar no medio do estupor máis absoluto rumores acerca do posible falecemento no Muelle de Oza, en Coruña, aos 41 anos, dunha persoa querida e apreciada en Camariñas: Juan Carril Ramos. Hoxe, cando se cumpre o primer aniversario de tan tráxico acontecemento, a súa familiar organizou na Igrexa Parroquial de San Xurxo unha misa funeral que dara o seu solemne comenzo ás 16:00 horas e na que o Coro Parroquial entonará unha impresionante  e emocionada Salve Marinera en honor do que xa non está. En honor de Juan Carril Ramos. Descanse en Paz, Juan do Nacho.

  • Cabodano de Tista de Genucha: un amigo e un bo camarinan

    Un ano sen Tista

    Juan Bautista Pasantes Alborés, Tista, unha vida de entrega e dedicación absoluta ós demáis
    Juan Bautista Pasantes Alborés, Tista, unha vida de entrega e dedicación absoluta ós demáis

    Nas nosas vidas sole pasar alguén que che marca para sempre. Alguén que che marca como persona e che fai ser mellor. Por eso cando te acordas del non podes evitar a tristeza e pensar que este mundo é inxusto. Tista era unha desas personas. Un home que me marcou desde que o coñecín e que nunca me poderei olvidar del. Estanme pasando tantas cousas pola cabeza ao escribir esta noticia que non podo conter as bagoas e por eso non von dicir nada máis. Tista, alá donde estés... sempre che poño de menos.