• Reportaxe dos Cabazos de Camariñas

    Corren épocas nas que os hórreos ou cabazos volven a estar de moda, alomenos en Camariñas, especialmente para Juan Salvador Gaviota (JSG), o usuario de camarinas.eu que convertío á cámara fotográfica nun apéndice máis do seu corpo biónico, o cal percorreu incansablemente as terras do Concello en artística peregrinación captando todos aqueles cabazos que durante tantos anos constituiron o graneiro que dou de comer a todo un concello en permanente autarquía económica para despois, a partir das épocas do desarrollismo español dos anos 60 caer víctimas dun feísmo que nos bos tempos do "ti fai" chegou ao seu paroxismo iconoclasta mutilando brutalmente decenas de obras artísticas fruto do talento labrego. Outros muitos foron víctimas do paso dun tempo inclemente e desagradecido. De todo elo deixa constancia camarinas.eu nunha reportaxe de máis de 250 imaxes resultado da colaboración entre JSG e Zhúkov.