• Os reis magos poñen o broche de ouro ao Nadal 2018 en Camariñas

    Durante toda a xornada do sábado 5 de xaneiro, as Súas Maxestades de Oriente visitaron aos veciños de todas as parroquias do Concello de Camariñas. Especialmente aos nenos e nenas de todos os recunchos do municipio que, cheos de ilusión, recibiron á espectacular cabalgata real organizada para rematar un Nadal 2018 cheo de moitas novidades con respecto a outros anos. A comitiva real comezou a súa andadura polo Concello de Camariñas como dicíamos este pasado sábado 5 de nadal dende ás 11:30 horas pasando por Xaviña para despois dirixirse hacia Arou, Camelle e Ponte do Porto, e rematar finalmente en Camariñas, cunha puntualidade británica, ás 19:30 horas nun Pavillón Municipal de Camariñas totalmente ateigado de raparigos que, acompañados dos seus familiares, non quixeron perder a oportunidade de pedir eses agasallos tan deseados persoalmente aos seus queridos Reis Magos. Finalizamos así este Nadal 2018 que, a pesares do intenso frío reinante en todo Camariñas, estivo repleto de actividades emocionantes para o desfrute dos nosos pequenos. Noraboa a todos os organizadores.
  • A cabalgata de Reis Magos percorrerá todas as parroquias do Concello de Camariñas

    Este vindeiro sábado, 5 de xaneiro, a espectacular Cabalgata das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, que o Concello de Camariñas ten preparada para celebrar este santo día, percorrerá todas as parroquias do concello. Comezará a súa particular singladura real pola meirande parte das rúas municipais a partir das 11:30 horas e rematará no pavillón municipal de Camariñas. Neste pavillón será onde se celebre a pertinente recepción oficial dos Reis Magos a partir das 19:30 horas da tarde deste sábado 5 de xaneiro deste xeado comezo de ano 2019.
  • Cabalgata de Reis Magos en Camariñas

    Por algunha estrana coincidencia do destino este ano de 2013 iniciouse en Camariñas con ata dous Días de Reis. O primeiro, cando na media tarde do venres 4 de xaneiro, por medio dunha exclusiva de Camarinas.eu, os máis de 200 socios do Club Náutico de Camariñas recibían o regalo tan longamente ansiado ao longo dunha travesía infernal: o desahucio xudicial definitivo dos okupas que mantiveron secuestradas pola forza as instalacións durante 364 días; o segundo, o tradicional e festivo 6 de xaneiro, data que como non podía ser menos tiña na xornada da súa víspera a cabalgata oficial dos Reis Magos.
  • Cabalgata de Reis Magos 2011 en Camariñas

    Un ano máis os caramelos inundaron as rúas de Concello de Camariñas e inxentes multitudes de veciños correron tras eles. E do mesmo xeito que de cargadas bolsas de sardiña donadas graciosamente por algún dos armadores camariñáns de antes, unha pequena procesión de veciños retornaban cara o fogar co producto da Cabalgata de Reis. O que antes se facía en humildes tractores buriáns reconvertidos en suntuosas carrozas alá polos 80 dou paso cos bos tempos de finais dos 90 e principios do 2000 a carromatos de xa máis envergadura e polo tanto maior custe pecuniario, ultramodernas construccións da última tecnoloxía. Agora, co gallo da crise cómpre aforrar ata o último peso e así reconvertidas cabalgaduras de orixe secular retornan ás rúas do concello ca nova década que comenza. Pese a todos estes cambios o chófer segue a ser de excepción: un ano máis chegado dende as entrañas profundas de Brañas Verdes Manuel Mouzo Lema foi o encargado de dirixir calmosa e experimentadamente a monárquica expedición oriental a través dun día de inagotables compromisos infantís. E así, cara ás 20:30 con exquisita puntualidade británica Manolo achegou ás Maxestades chegadas de Oriente ata aos ilusionados cativos camariñáns e entón alí todo foi repartir ilusión (e caramelos).