• Don Ernesto Tajes Mouzo, veciño de Brañas Verdes, Descanse en Paz

    Este mes de xaneiro de 2019 está resultando tráxico en todo o Concello de Camariñas. Non sabemos exactamente cantos dos nosos veciños tiveron a mala fortuna de falecer nestes primeiros días de ano, pero moito nos tememos que podemos estar a falar dun dos meses con máis mortes do últimos tempos. Especialmente sintomática a grave situación poblacional do noso querido lugar de Brañas Verdes que pouco a pouco se está a converter nunha aldea deserta onde non hai nacementos e as defiuncións se contan cada mes como un goteo incesante. A derradeira neste lugar producíase na tarde deste luns 21 de xaneiro de 2019 cando o querido veciño de Brañas Verdes Don Ernesto Tajes Mouzo deixaba este mundo aos seus 82 anos de idade. O corpo sen vida de Don Ernesto, moi coñecido en toda a parroquia de Xaviña, está sendo velado no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sará cara a súa querida Igrexa de Santa María de Xaviña ás 16:00 horas da tarde deste martes 22 de xaneiro. Xa no sagrado templo xaviñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Ernesto para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Xaviña onde os restos mortais de Don Ernesto terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Ernesto Tajes Mouzo. Descanse en Paz.
  • Don José Manuel Méndez Martínez, veciño de Brañas Verdes, Descanse en Paz

    Tarde tráxica a deste domingo 18 de marzo en todo o concello. Ás mortes de Dona Yda na Ponte do Porto e de Dona Dolores en Camariñas sumábase a dramática defunción do querido veciño de Brañas Verdes Don José Manuel Méndez Martínez aos seus tempranos 46 anos de idade. Encontrábase noso amigo, moi coñecido en todo o concello, un pouco indisposto na media mañán deste domingo e decidíu chamar aos servicios médicos que se trasladaron de urxencia ata Brañas Verdes. Ao chegar estes á casa de Don José Manuel os facultativos encontráronse con que o paciente estaba xa moi grave e sin coñecemento. Os médicos intentaron revertir a situación e incluso chegaron a utilizar o desfibrilador para reanimar a José Manuel que xacía xa sen vida. Dase a circunstancia de que ao non estar claros os motivos da morte de Don José Manuel os servizos médicos decidiron trasladar os restos mortais do veciño de Brañas Verdes a un centro hospitalario da Coruña onde se lle practicou a autopsia. Na mañán deste luns 19 de marzo chegaba o corpo sen vida Don José Manuel ao Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto onde será velado ata mañán martes cando ás 16:15 será trasladado o féretro deste querido veciño cara a Igrexa de Santa María de Xaviña para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido procederase a trasladar o féretro de Don José Manuel ata o Cemiterio Veciñal de Xaviña onde os restos mortais de Don José Manuel terán descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don José Manuel Méndez Martínez.
  • Manuel Tajes Blanco, veciño de Brañas Verdes, Descanse en Paz

    Remata este tráxico mes de xaneiro de 2018, e faino da mesma maneira coa que comezou, con outra defunción. Realmente este goteo incesante de decesos que asolan o noso concello non ten vilos de desaparecer. Desta volta temos que anunciar a triste noticia da morte do querido veciño de Brañas Verdes Don Manuel Tajes Blanco aos seus 81 anos de idade. Don Manuel falecía na madrugada deste 31 de xaneiro de 2018 no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Os seus restos mortais están sendo velados na sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairán cara a Igrexa de Santa María de Xaviña exactamente ás 15:45 horas deste xoves 1 de febreiro. Xa no sagrado templo xaviñán será celebrado o funeral de corpo presente de Don Manuel para, acto seguido, ser trasladado o seu féretro cara o camposanto de Xaviña onde os restos mortais de Don Manuel terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Tajes Blanco. Descanse en Paz.
  • Don Manuel Blanco Lema, veciño de Brañas Verdes, Descanse en Paz

    Eran cerca das 9 da noite deste xa tráxico xoves 16 de novembro cando os veciños de Xaviña vían circular a gran velocidade polo cruce de Santa Mariña unha ambulancia coas luces de emerxencia acendidas ante a alarma xeralizada dos veciños que por alí viven. O vehículo de socorro medicalizado ía en auxilio do veciño de Brañas Verdes Don Manuel Blanco Lema que sofría un ataque ao corazón na súa propia casa. Os servizos sanitarios pouco puderon facer para salvar a vida de Don Manuel, máis coñecido como Manolo de Modesto, que falecía pouco despois aos seus 92 anos de idade. O corpo sen vida do señor Manolo está sendo velado na súa casa de Brañas Verdes. Dende alí sairá o cadaleito do noso querido veciño a eso das 15:45 da tarde deste sábado 18 de novembro cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña para ser celebrado o funeral de corpo presente. Acto seguido os restos mortais de Don Manuel serán trasladados ao cemiterio Parroquial de Xaviña onde se celebrará o seu sepelio. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Blanco Lema. Descanse en Paz.
  • Primeiro Aniversario de Roberto Castro Tajes

    Este próximo sábado 6 de decembro de 2014 a partir das 17:00 horas celebrarase na Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña o primeiro aniversario do pasamento do noso amigo Don Roberto Castro Tajes. Máis coñecido como Roberto de Brañas Verdes, finou tristemente un 1 de decembro de 2013 aos seus 59 anos de idade despois dunha dura loita contra unha fatal enfermidade que ao final levouse por diante a vida do noso querido amigo. Para todos aqueles que queiran asistir ao funeral de Roberto contarán con servicio de dous autobuses que sairán un dende Camelle ás 16:00 horas pasando por A Ponte do Porto, O Allo e Dor e outro transporte que sairá dende Carantoña á mesma hora e que pasará recollendo a todas as persoas que desexen asistir ao funeral de Roberto polas localidades de Santa Mariña, Brañas Verdes e Camariñas. Roberto Castro Tajes, sempre na nosa memoria. Descanse en Paz.
  • Obras varias do Concello de Camariñas en Brañas Verdes

    Vamos agora con noticias das que sempre gustaron á redacción desta web. Chimpíns a rebosar de terra conducidos marcha atrás acompañados de estalidos de motor estruendosos, palas cheas de cemento cos seus mangos desgastados, formigoneiras rodando frenéticamente, operarios da construcción enlamados con rastrillos e sachas esparcindo cemento por doquier. Noticias que colman a nosa alma de xubilado ata desbordala. E todo elo gracias a que dende este mércores 16 de xaneiro anda o noso querido e coqueto lugar de Brañas Verdes inmiscuido nun pequeno ainda que necesario acicalado das súas rúas e espazos comúns. O caso é que estes días estase a remodelar a que era a Calle Rosada e a praciña de Brañas Verdes, xusto no lugar que non era máis que un terreo común que daba entrada ao pobo. A calle Rosada foi pavimentada novamente despois de comprobar que o antigo solo estaba xa deteriorado e a praciña foi tamén recheada por primeira vez con formigón para poder dar un servizo aos veciños como lugar de reunión e xogos dos rapaces. E estas pequenas obras que se están a realizar resultaron froito dunha reunión cos veciños de Brañas Verdes por parte do Alcalde Pichurri e o Concelleiro Sergio Caamaño na cal foron recollidas as suxerencias dos veciños e pouco despois levadas a cabo.