• Bueu 30-30 Encaixe-Camariñas

    As palilleiras conseguiron traer de Bueu un punto que sabe a victoriaEmpate do Encaixe Camariñas fronte o Bm Atl. Bueu cun 30-30. As camariñanas regresan da localidade Pontevedresa con 1 punto moi loitado e con condicionantes do xogo local que non lles permitiron acadar a victoria. Comezaba o encontro con un bó ataque por parte das rapazas dirixidas por Mónica Barreiro poñéndose por diante no marcador acadando no descanso 12-12. O bueu pola súa parte non deixaba escapar as oportunidades en ataque con erros constantes na defensa do pivote que lle brindaba o equipo rival. “Estamos deixando atrás os erros ofensivos que nos caracterizaban, pero neste encontro, o detonante para non obter a victoria foron os constantes erros na defensa do pivote” afirma a adestradora.
  • Chapela 35-18 Encaixe-Camariñas

    As nosas rapazas perderon pero non deixan nunca de loitar ao máximo

    O Encaixe Camariñas volta de Chapela cunha derrota sin sorpresas acadando un resultado 35-18. Durante os primeiros minutos o Encaixe aguantou o xogo do Bm Chapela acadando un 9-9 no minuto 20, pero un tempo morto solicitado polo equipo local rompeu  o ritmo das camariñanas chegando ó descanso cun 17-9.  A desconcentración das visitantes na segunda parte foi suficiente para que as compoñentes do Chapela aproveitaran para acadar o resultado final. Mónica Barreiro destaca o gran acerto da gardameta Sandra e eloxia o seu gran traballo tanto nos adestramentos como nos encontros “o seu esforzo nos adestramentos está tendo o seu fruto; é unha gardameta con obxetivos a largo plazo”.
  • Encaixe-Camariñas 17-18 Carballal

    As nosas rapazas estiveron a punto de lograr a victoria fronto o Carballal

    O Bm Feminino Encaixe Camariñas cae fronte o S.D. Carballal por un 17-18 nunha tarde marcada por un ixunto resultado. Encontro igualado durante os 60 minutos destacando a decisiva defensa Camariñana provocando constantes erros no sistema ofensivo do Carballal. Tardanza dos primeiros goles debido a boas intervención de ambalas dúas gardametas mantendo os equipos na loita polos puntos dende o primer intre, rematando a primeira parte cun 7-7. Xa nos primeiros minutos da segunda parte o Encaixe adiantouse acadando unha renda de 2 goles; 14-12 que se viu ensobrecida polas decisións arbitrais: “o equipo loitou e mereceu quedar cos puntos pero creo que as veces non todo está o noso favor, e neste encontro os colexiados non foron neutrais, o Encaixe foi superior demostrando fortaleza en defensa e provocando os propios erros do equipo visitante non sinalados polo conxunto arbitral”afirma a adestradora Mónica Barreiro.
  • BM Rasoeiro 25-21 Encaixe-Camariñas

    As nosas rapazas están a loitar duramente nesta liga 2011-12

    O BMF Encaixe Camariñas cae ante o BM Rasoerio nun axustado 25-21 onde a defensa das camariñanas foi o máis notable. Todo comezaba a favor das grovenses , dado a constantes erros defensivos das do Encaixe, poñéndose por diante no minuto 15 con 5 goles de ventaxa. Só fixo falta que transcorrese o resto dos minutos da primeira parte para marchar ó descanso cun 15-8 no marcador a favor das locais. Foi na segunda parte cos axustes defensivos na zona central para deter o sistema ofensivo do Rasoeiro. De novo claros erros na eficacia no lanzamento por parte das do Encaixe e unas dubidosas decisión arbitrais puxeron fin a un encontro onde a loita pola victoria sentíase no minuto 59.
  • Encaixe-Camariñas 18-34 Seis do Nadal

    Unha brava camariñana pugna polo balón con catro xogadoras do Seis do NadalO Encaixe cae ante Seis do Nadal nun encontro no que as camariñanas loitaron ata o final cun resultado en contra de 18-34. A celebración tiña lugar o pasado sábado 8 de setembro onde o equipo local comezaba con un 1-9 a favor das viguesas, levantando o marcador a partir da mitade da primeira parte co traballo ofensivo de xogadoras como Yolanda e Aida e defensivo como Alicia e Sandra na portería. O xogo dinámico e explosivo do equivo olívico ofensivo poñía nun apreto a defensa do Encaixe que tras varios axustes frenaron o xogo ca pivote visitante. “É un equipo moi forte nesta liga, as xogadoras do Encaixe seguiron na súa liña polo que o equipo está satisfeito co traballo, as melloras son considerables” afirma a adestradora. A próxima fin de sema o Encaixe enfrentarase ó equipo Grovense nun encontro máis axustado.
  • Ártabro 16-28 Encaixe-Camariñas

    O Encaixe-Camariñas consegue a primeira victoria da temporada

    Victoria para o Encaixe nesta primeira xornada de liga no Pavillón do Novo Mesoiro fronte ó Bm Artabro 16-28. Encontro sin sorpresas onde o Encaixe sumou os seus primeiros 2 puntos da tempada. Foi no minuto 15 da primeira parte onde as Camariñanas acadaron distancia, ampliando a mesma na segunda. “Minutos para todalas xogadoras, destacando a perseverancia das xuvenís e a maduración como equipo que espero que manteñan durante o resto da tempada” afirma a adestradora Mónica Barreiro.
  • Previo BM Ártabro vs Encaixe-Camariñas

    As palilleiras terán a un duro rival que batir este fin de semana

    Comeza a liga para o BMF Encaixe Camariñas,  que  se enfrontará a outro equipo da Provincia. As rapazas do Encaixe están preparando o encontro desta fin de semana fronte o Bm Ártabro, quen  inicia unha nova etapa co balonmán feminino de categoría senior. “As xogadoras están traballando ben, pero temos que ser capaces de buscar a regularidade en todos os encontros, sen altibaixos considerables” afirma a adestradora Mónica Barreiro. O encontro celebrarase o próximo domingo 2 de Outubro as 12:15 no Pavillón Novo Mesoiro en A Coruña. A adestradora conta con tódalas xogadoras dispoñibles: Sara e Sandra (gardametas); Verónica, Nerea, Fátima, Karina, Alicia e Ivana (2º liña); Laura, Yolanda, Juana, Cristina Sande, Cristina Caamaño e Aida como 1º liñas.
  • Derrota do Encaixe-Camariñas en Chapela

    O Encaixe xogará este sábado na Ponte do Porto contra o Sárdoma

    O Pasado fin de semana o BMF Encaixe Camariñas acadaba a derrota fronte o BM Chapela. As rapazas da costa da morte afrontan este resultado con optimismo xa que a sua liga non e a mesma, dado que cada equipo loita por obxetivos diferentes. O partido non tivo moita emoción xa que dende o  principio o equipo de chapela marcou unha clara  diferencia no marcador,  logrando ca sua ferrea defensa que so encaixaran 1 gol nos primeiros 15 minutos. Ainda asi as rapazas do encaixe non decaeron no empeño e seguiron loitando durante todo o partido.
  • Derrota do Encaixe-Camariñas en Tui

    A PESAR DA DERROTA, NOVAS SENSACIÓNS POSITIVAS AFLORAN NO EQUIPO.

    O BM Encaixe Camariñas volta da cancha do Bm Tui sin os puntos pero cun bó xogo demostrado no campo. A pesar de non poder obter un resultado favorable as Camariñans demostraron estar en pé de guerra para afrontar os encontros. O xogo comezou cun 1- 4 ao noso favor no cal o acerto nos lanzamentos por parte da primeira liña do Encaixe puxo en complicación a defensa 5:1 presentada polo Bm Tui. A colaboración de Sara na portería permitiu ao equipo manter una renda de 2,3 goles na primeira parte do encontro.
  • Bruno López deixa de ser o adestrador do Encaixe-Camariñas

    Bruno López xogou o seu último partido como adestrador do Encaixe-Camariñas

    O carballés Bruno López deixou de formar parte da disciplina camariñá esta mesma fin de semana; o xa exadestrador do conxunto camariñán e a directiva do Balonmán Encaixe chegaron a un acordo para rescindir o seu compromiso co club, ambas as dúas  partes deron o visto bo a un cambio no banco palilleiro, os motivos deste cese son varios, pero principalmente o desacordo e os diferentes puntos de vista entre adestrador e directiva. Bruno López declarou: “  eu nestes momentos non dispoñía da motivación necesaria para tirar adiante co proxecto, chegamos á conclusión de que un revulsivo podería ser un cambio no banco, as dúas partes estivemos de acordo e a pesar de ter diferentes enfoques nalgunhas cuestións a relación e completamente cordial e amigable”.
  • Encaixe-Camariñas 11 - 21 Rasoeiro

    O Encaixe Camariñas non puido co Rasoeiro

    O Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas caeu no inicio da segunda volta contra o BM Rasoeiro de O Grove por un claro 11-21. O Encaixe afrontaba o encontro con importantes baixas ante un dos equipos con máis oficio da categoría. O conxunto camariñán saíu cunha defensa presionante sobre a central pontevedresa que non permitía outra opción que os uns contra uns directos da extremo e lateral esquerdo visitantes; o bó facer de Sandra en portería non puido manter a igualdade no electrónico xa que os erros de lanzamento (lastre do conxunto camariñán ao longo da tempada) fixeron que a vantaxe fose aumentando de cara ao lado visitante ata chegar a un contntente 11- 4 ao descanso.
  • Mala fin de semana para o Encaixe-Camariñas

    O Balonmán Encaixe afrontaba unha fin de semana de dobre xornada, depois de acadar unha importante victoria a domicilio ante o Samper Sárdoma, as camariñanas tiñan a oportunidade de despegar definitivamente na táboa clasificatoria, xa que recibían no seu feudo a un rival directo e a un dos equipos con maior potencial da categoría.
  • Sárdoma 18 - 32 Encaixe-Camariñas

    O BALONMÁN FEMININO ENCAIXE-CAMARIÑAS GAÑOU E CONVENCEU ANTE O SAMPER SÁRDOMA

    O Balonmán Encaixe acadou dous puntos a domicilio ante o Samper Sárdoma cun contundente 18-32 a prol das camariñanas. As palilleiras viaxaron a Vigo conscientes da importancia do choque, crucial para evitar os postos baixos da táboa clasificatoria. As da Costa da Morte desprazáronse coas importantes baixas de Jessi e Juana, dúas das xogadoras máis desequilibrantes do equipo no que vai de campaña, aínda que para este encontro, Bruno López puido contar con Sara González e coa porteira Sara Morandeira que ata esta semana estiveran lesionadas.
  • O Encaixe-Camariñas recibe ao SAR de Redondela

    O Encaixe-Camariñas enfróntase este sábado ao SAR

    Esta tarde, oB.M. Encaixe-Camariñas recibe ao Peguform Sar de Redondela, o  encontro terá lugar ás 18:00 horas no Pavillón de Ponte do Porto, os colelxiados serán, Pablo Goitia y Rafael Iglesias.As de Redondela chegan despois de perder contundentemente fronte ao Porriño, mentres que o Encaixe non puido xogar por aprazamento do partido que debia disputar en Salceda de Caselas a pasada xornada; dende o clube mostran o seu malestar cos aprazamentos dos encontros, en palabras do adestrador Bruno López: “ estamos moi molestos porque todas as semanas recibimos chamadas para aprazar os encontros por falta de xogadoras nos outros equipos, mentres que nos levamos xogando todas as xornadas con baixas, ísto quitalle seriedade á competición e dende logo non beneficia para nada ás xogadoras que non adquiren o ritmo de xogo esperado”.
  • O Encaixe-Camariñas recibe ao B.M. Tui

    Encaixe-Camariñas vs. Tui este sábado 9 de outubro no Pavillón Municipal de A Ponte do Porto

    O sábado ás 17:00 horas no Pavillón de Ponte do Porto, os colexiados Julio Vullanueva e Gonzalo Piñeiro darán o pitido inicial no encontro correspondente á segunda xornada da fase regular na Primeira División Autonómica Feminina de Balonmán e que enfrontará ao B.M. Encaixe e ao B.M. Tui. Os dous equipos veñen de perder contundentemente ante o B.M. Rasoeiro e o B.M. Porriño respectivamente, por iso se prevé un choque igualado entre rivais directos.
  • Debut do Encaixe-Camariñas 2010

    Plantilla do Balonmán Encaixe de Camariñas

    O sábado 18 de setembro foi sen dúbidas o día grande do balonmán no Concello de Camariñas. Un día no que á histórica visita dun mito viviente como o lexendario adestrador do Atlético de Madrid, Selección Española e Ciudad Real, Juan de Dios Román, houbo que sumar os respectivos partidos vespertinos dos respectivos equipos masculino e femenino. A pesares de que como ben é coñecido ao longo de todo o orbe terráqueo aquí en camarinas.eu adórnannos infinitas virtudes e innumerables méritos, nembargantes a día de hoxe non estamos en posesión do don da ubicuidade e por elo non se puido cubrir o encontro disputado no Pabellón Multiusos de O Areal. Pero si desprazamos unha unidade móbil ata a capital do Río Grande para presenciar in situ o encontro no que o Encaixe de Camariñas quedou apeado da Copa de Galicia ante o Chapela polo resultado de 14 a 26.
  • Novas incorporacións no Encaixe-Camariñas

    O Encaixe-Camariñas anuncia as súas incorporacións

    Jessica Posse ( Carballo, 1989 ) supón a primeira incoporación do conxunto camariñán para esta tempada; a carballesa ven de xogar as ultimas tempadas nas filas do BM. Coruña e chega ao conxunto do Encaixe para reforzar o posto de central, xa que este ano o equipo non poderá contar con Adriana que deixa a faceta de xogadora para exercer funcións de delegada debido aos problemas físicos que arrastrou durante a pasada campaña. Jessica, é unha xogadora que se caracteriza pola súa boa visión de xogo e disciplina táctica.
  • Doble xornada este fin de semana para o Encaixe-Camarinas

    As xogadoras do CB Femenino afrontan o reto de saír victoriosas dos dous choques deste fin de semana
    As xogadoras do CB Femenino afrontan o reto de saír victoriosas dos dous choques deste fin de semana

    O Club Balonmán Encaixe-Camariñas retoma este fin de semana o pulso da liga femenina despois da contundente derrota ante o poderoso Porriño por 32 a 7 cunha nova xornada dobre que medirá ao noso equipo aos conxuntos de Calfoncal Lavadores e BM Tui entre o sábado e o domingo e cun lapso horario inferior ás 20 horas de diferencia. Aquí en camarinas.eu non sabemos quen elabora estos horarios tan destartalados e incomprensibles, pero o caso é que con semellante período de recuperación entre partidos non creemos que cara o encontro matutino do domingo haia que ser excesivamente optimistas. En fin, seguro que as nosas rapazas crécense ante a adversidade e tratarán ata o límite das súas posibilidades de saír victoriosas de ambos choques. ¡¡VAMOS ALLÁ, CHICASSS!!

  • Analisis previo do partido entre o Encaixe-Camarinas e o Chapela

    Outra vez dous partidos en 24 horas

    Sendos conxuntos balonmaneros da Coruña e Vigo serán os próximos rivais do Encaixe de Camariñas
    Sendos conxuntos balonmaneros da Coruña e Vigo serán os próximos rivais do Encaixe de Camariñas

    Volve o noso querido balonmano ás páxinas de camarinas.eu co retorno á dura competición oficial das féminas do Club Balonmán Encaixe de Camariñas que por aquelo da falta de datas terán outra vez que volver a afrontar dous partidos en menos de 24 horas, concretamente contra o BM Coruña o venres 22 de xaneiro e ao día seguinte ás 20:15 contra o Constructora Visercons Chapela de Vigo no Pabellón de O Areal. Pero tratándose de mulleres de Camariñas, aguerridas e coraxudas, tiradas para a adiante, sin medo a nada, en camarinas.eu estamos confiados en que solventarán esta nova xornada maratoniana sen maiores atrancos e dando un recital de como facer frente ás adversidades. En todo caso, a nota de prensa enviada polo clube analiza pormenorizadamente estes dous encontros que as nosas terán que dilucidar en menos de 24 horas novamente.

  • Lavadores 30 - 12 Encaixe-Camariñas

    Derrota do Encaixe-Camariñas ante o Lavadores

    Nova derrota do Encaixe de Camariñas que seguro lles valerá para aprender dos errores cometidos
    Nova derrota do Encaixe de Camariñas que seguro lles valerá para aprender dos errores cometidos

    Definitivamente o sur de Galicia non lle senta nada ben ás xogadoras do Encaixe de Camariñas. Serán os seus aires tropicais, o clima máis benigno, a maior potencia industrial ou o afastamento do fogar, pero o caso é que este fin de semana trouxeron na mochila dende Vigo outra pequena tundiña ante un Calfoncal Lavadores que se impuxo con holgura a unhas xogadoras camariñanas ás que lles pasou factura o parón ligueiro da semana pasada e a falta de adestramento, vital nun equipo de recente construcción no que a aclimatación e compenetración entre xogadoras deberá levar o seu tempo. Si aínda sucede esto en equipos futboleiros  con superestrelas que custan 90 millóns de euros e que cotizan a Facenda (ahora xa non) a tipos impositivos muito menores, ¿cómo non ía suceder cun humilde conxuntiño dunha vila perdida alá nos portalóns do Atlántico?