• CB Camariñas Conservas Boya 34 - 29 BM Calmear Rasoeiro

    Partido que era súper importante para abrir máis distancia ante un dos equipos da zona baixa. E obxectivo conseguido. Comezamos conseguindo situacións de lanzamento claras con facilidade e anotando con asiduidade, pero en defensa alternaban boas accións con accións demasiado "blandas" que facían que o rival se mantivese á par no marcador no descanso (16/14).
  • A xornada balonmanística do 28 de outubro no CB Camariñas

    A xornada balonmanística dos nosos equipos comezaba o sábado en Ourense, donde o equipo senior femenino se desprazaba para desputar o seu partido da segunda división autonómica. Non foi unha boa tarde, xa que nun mal partido as nosas guerreiras perdian por un claro 31-19 diante do Nova Xestion Pavillon Ourense.
  • A xornada do CB Camariñas do 22 de outubro

    Pois no balonmán tampouco houbo moita fortuna para os nosos e tan só os chavales da categoría cadete eran quen de traer dende terras de Arteixo unha importante victoria que os afianza máis no cumio da táboa clasificatoria da liga provincial. O resto de representantes colleitaban sendas derrotas todas a domicilio a esceptción das guerreiras do Encaixe que, a pesar de dalo todo no campo non foron quen de superar a un indómito Carballal. Vamos Boya!
  • Crónica da xornada balonmanística do 14 de outubro en Camariñas

    Xornada na que os chavales e chavalas do cClub Balonmán Camariñas tiveron dispares resultados. Mentras as categorías senior do CB Camariñas colleitaban sendas derrotas as categorías inferiores cadete gañaban os seus partidos por abultados marcadores. Esta fin de semana as rapazas do Encaixe recibirán ao Carballal no Pavillón Municipal da Ponte do Porto. Os senior masculino desprazaranse ata as devastadas terras viguesas onde xogarán nun complicado campo do Lavadores. No que atinxe ás categorías cadetes, os rapaces da canteira enfrontaranse ao Arteixo e as féminas trasladaranse ata Lalín para enfrontarse ao Cortei. A continuación reproducimos os resultados do acontecido nesta fin de semana do balonmán en Camariñas.
  • A Xornada do 7 de outubro no balonmán camariñán

    Xornada dispar a deste 7 de outubro para os intereses das diferentes categorías do CB Camariñas Conservas Boya. Mentras os dous equipos senior da vila das palilleiras colleitaban sendas derrotas, as categorías cadetes conseguían unhas valiosísimas victorias. Os senior masculinos caían fronte ao Teucro a domicilio e as rapazs do Encaixe facían o mesmo na casa fronte ás xogadoras do SAR. Pola súa parte as rapaciñas da categoría cadete gañaban pola mínima ao Meaño no Pavillón Municipal de Camariñas e os chavaliños desa mesma categoría traían de Carballo unha valiosísima e importante victoria fronte ao Xiria no derbi da categoría. Para a semana que ven os nosos senior terán unha crucial cita fronte ao Construcciones Castro Octavio mentras que as féminas enfrontaranse ao sempre complicado Xiria en Carballo. Moita sorte!
  • O CB Camariñas Conservas Boya consolídase na primeira división

    Comezamos aquí en Camarinas.eu a nosa particular aposta deportiva desta tempada 2017-18 coa publicación regular de todos os resultados deportivos acontecidos nos diferentes deportes nos que participan os equipos federados camariñáns. E facemos parada obrigatoria, como vai a ser habitual dende hoxe os luns, nos resultados balonmanísticos desta fin de semana que se cobrou con dúas victorias e dous empates. No que atinxe á primeria división nacional onde milita o Conservas Boya resaltar bo comezo de temporada que levan os camariñáns nunha categoría superior á do ano pasado aplicando un contundente 40 a 27 ao Lucero de Cangas. As rapazas do Encaixe colleitaron un empate na casa fronte ao Seis do Nadal. E con respecto ás categorías infanitles os cadetes masculinos conseguiron outro empete contra o Lucus e as féminas desta categoría resultaron vencedorqas do encontro que as enfrotaba ao Campus Ourense. 
  • Xornada balonmanística do 14 de xaneiro de 2017

    Partido con total dominio local, que dominó siempre en el marcador, pero que pasó por tres fases claras. La primera con una salida en tromba del Camariñas que se distanción del equipo visitante en 8 goles. Luego tras pedir un tiempo muerto el equipo visitante y en un exceso de confianza de los locales, llego el marcador a un inquietante 18-17. A partir del minuto 40 ya fue un paseo para el Camariñas que con un parcial de 12-3 sentenció el encuentro.
  • O Encaixe cae ante o Cangas con un amplio marcador 18-29

    O Encaixe saiu á cancha desconcentrado e a sabendas de que non había nada en xogo. As locais foron quen de mandar no marcador nos primeiros 20 minutos debido a unha lograda defensa aproveitando os contraataques. Desta maneira chegase ó descanso 13-13. Pero na segunda parte, o Encaixe,  botaba en falta os cambios e a falta de forma física que o Cangas aproveitou para sacar distancia. O gran papel da gardameta rival con un 70% de acerto deixou o ataque das locais con 5 goles na segunda parte rematando o encontro con tan só 18 goles a favor. Desta maneira as Camariñanas logran un 3º posto no seu grupo na competición de copa.
  • BM Tui 26 - 27 BM Encaixe Camariñas

    Encontro de Copa para o Encaixe que viaxaba con moitas baixas a Tui para acadar unha victoria axustada. Dende os comezos o Encaixe sentiuse cómodo no xogo acadando unha distancia de 5 goles pero a falta de contragol non permitiu as palilleiras arrincar máis distancia no marcador. Na segunda parte o Camariñas acomodouse permitindo que o equipo rival acortara distancias no marcador pero a veterania da plantilla foi que de anotar nos ultimos segundos para voltar a Costa da Morte coa victoria.
  • Actividades deportivas englobadas dentro da XXV Mostra do Encaixe

    Nesta Semana Santa camariñana tamén poderemos desfrutar de actividades deportivas paralelas da XXV Mostra do Encaixe de Camariñas. Así este xoves 2 de abril o Estadio Municipal Hermanas Patiño vestirase de gala para recibir o duelo por todo o alto entre o FC Camariñas e o CF Porteño que desputarán o preciado Torneo Mostra do Encaixe. O encontro está previsto que se celebre ás 18:00 horas. E tamén o próximo sábado, 4 de abril, con motivo da XXV edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, terá lugar un ano máis o Torneo de Balonmán Feminino Mostra do Encaixe. Este ano dito Torneo será disputado pola Selección Galega Absoluta e o Balonmán Gijón, que compite na categoría "división de honra prata feminino". O encontro disputarase ás 18:00 horas no pavillón polideportivo de A Ponte do Porto (Camariñas). Está organizado polo Club Balonmán Camariñas e o Concello de Camariñas, coa colaboración da Federación Galega de Balonmán, a Mostra do Encaixe de Camariñas e Industrias Cerdeimar.
  • BM Caselas 25 - 26 BM Encaixe Camariñas

    Derradeiro encontro de 1º Autonómica Femenina para o Encaixe que viaxaba a Caselas para acadar a victoria 25-26. Encontro onde o Encaixe se xogaba afianzar o quinto posto na clasificación. As palilleiras dominaron durante case todo o encontro co seu xogo dinámico en ataque dirixido polas centrais Aida e Cris Barreiro.  Xustas transicións de contraataque xa que o equipo Camariñan viaxou con baixas de xogadoras máis habituais: Sara Carril, Karina, Cristina Sande, Tinita, Alicia Ogando e Gloria, sendo sustituidas por xogadoras da Canteira. O equipo visitante foi cunha vantaxe de 3 goles ó descanso 9-11. Na segunda parte as do encaixe saíron un pouco descentradas permitindo o equipo rival empatar o encotro nos 7 primeiros minutos. Pero as palilleiras foron quen de voltar a vantaxe deses 3 goles. Xa nos últimos minutos o Salceda volve empatar o encontro que se desenvolveu cun traballado último minuto onde as do Encaixe marcan o gol da victoria. Desta maneira o BM ENCAIXE BOYA afianza ese 5º posto na clasificación igualando ó da tempada pasada.
  • BUEU ATLÉTICO 27-21 ENCAIXE CAMARIÑAS

    Nova derrota do Encaixe na cancha do Bueu onde as de Camariñas, unha semana máis, vense resentidas polas lesións: Sara Carril, Cristina Barreiro, Aida, Laura… Non comezaba ben o encontro onde o ataque do Camariñas non atopaba o gol. Gracias a diversas paradas de Sara o marcador non se disparou permitindo a éstas na segunda parte seguir loitando e acortando distancias. As pontevedresas atopaban claras situacións en ataque. Pola contra, un número elevado de erros  no pase e toma de decisión fronte a portería rival carácterizaron o xogo das palilleiras. Destacar o xogo da pivote Verónica e a actuación da gardaredes Sara.  O Encaixe baixa un posto na clasificación e pasa o 5º lugar por debaixo do Rasoeiro, enfrentándose a vindeira fin de semana o 3º clasificado, Sar de Redondela. A victoria deste encontro permitiría o Camariñas loitar por esa cuarta plaza na 1º Autonómica Feminina.
  • O Balonmán Encaixe Boya cae fronte o BM. Rasoeiro 21-28

    Dende o comezo do encontro as xogadoras camariñanas non se sentiron cómodas na cancha. A pesares desto  foron capaces de encontrar solucións cara o gol pero a gardaredes visitante impedía que as palilleiras anotaran. Aínda asi o partido chegou o descanso  por un resultado axustado. Na segunda parte poucos cambios se produciron no xogo, as xogadoras non deron encontrado o camiño do gol o cal impediu sacar un resultado favorable O partido non foi fácil po Camariñas polos contratempos  de Aida, Laura e finalmente o de Sara Carril que no minuto 10 da segunda parte lesionouse o xeonllo. A xogadora esta a espera da valoración médica para saber o alcance desta. A pesares deste contratempo o equipo dou a cara durante todo o encontro, tendo as menos habituais minutos para disputar o partido.
  • Encaixe Camariñas 31 - 30 Atlético Bueu

    Unha nova victoria do Bm Encaixe Boya fronte o Bueu Atle cun apretado 31-30. Boa entrada no pavillón do Areal para recibir ó Bueu. Durante todo o encontro as de Camariñas foron por diante pero non foron quen de abrir unha boa renda. Unha frouxa defensa con moitos desaxustes permitía ó Bueu ir a remolque pero sin soltarse das palilleiras. “O importante deste encontro son os dous puntos que sumamos. A vindeira fin de semana esperanos un gran encontro fronte o Sar de Redondela, e ahí veránse as opcións que temos nesta fase pola loita do título. De todas formas o equipo está traballando moi ben asi que seguiremos loitando”.
  • As palilleiras siguen imparables: Rasoeiro 23 - 30 Encaixe Camariñas

    Moi bo comezo do Bm Camariñas Encaixe Boya nesta fase pola obtención do título de 1º autonómica feminina fronte ó Rasoeiro Bm 23-30. Xa dende os comezos, o Encaixe foi quen de mandar no marcadador cunha contundente defensa e facendo gol en tódolos seus ataques, mantendo así unha cómoda vantaxe durante a primeira parte chegando ó descanso cun 10-18. Na segunda parte o equipo do Rasoeiro plantexaba o cambio defensivo para intentar parar o ataque das camariñanas que estaban facendo gol con claridade chegando a ter 12 goles de vantaxe. Non foi ata os 10 últimos minutos e con outro cambio defensivo por parte das Grovenses cun 3:3 e aproveitando a doble inferioridade numérica das do Encaixe para maquillar un pouco o marcador e revaixar a renda rematado o Encontro 23-30. Destacar a nova incorporación ó equipo dunha veterana gardaredes, Gloria que xunto a Sara e a Miriam permiten ó equipo unha boa continuidade de tempada.
  • BMF Encaixe Camariñas 28 - 18 Goldie Xiria

    Contundente victoria do Encaixe Boya fronte ò Goldie Xiria cun 28-18. A posta en escena das camariñanas foi visible xa nos primeiros minutos do encontro cun parcial de 5-1 onde o adestrador carballés solicitaba un tempo morto para solucionar problemas ofensivos, pero as do Encaixe, coas ideas tácticas moi claras, non permitiron ó Xiria adiantarse no marcador. Unha primera parte, onde as rotacións das locais, permitiu chegar a unha segunda parte cosas xogadoras ben fisicamente e con intencións tácticas claras. A gran actuación da gardameta local Nerea, confirma a versatilidade deste equipo que afronta a segunda fase con obxetivos e con optimismo.
  • Encaixe Boya - Goldie Xiria - Convocatoria para o gran derby deste domingo

    Esperando encontro como calquer derbi, onde ningún dos dous equipos se xoga nada, o Encaixe Boya está clasificado para a segunda fase na loita polo título e o Goldie Xiria loitará polos postos do 9 ó 15.. Despois dunhas semanas de recuperación as camariñanas tralas diferentes ausencias os adestramentos por problemas de estudos, este encontro supón un punto e a parte como período de transición de cara a nova competición na loita polos primeiros postos na 1º Autónómica Feminina.
  • Campus Aurea 13 - 30 Encaixe Camariñas Conservas Boya

    Primero encontro do 2015 para o Encaixe que viaxaba a Ourense a sabendas de que non estaba nada en xogo. O desenlace presentábase favorable para as Camariñanas debido os resultados acadados con anterioridade. Unha defensa moi presionante provocaba perdas de balón das Ourensás que aproveitaban as do Encaixe para ampliar o marcador. A vindeira xornada, ainda que sin importancia na clasificación, pretende ser un encontro igualado xa que o Encaixe enfréntase o Goldie Xiria nun derbi no que esperamos que ambos equipos nos fagan disfrutar deste deporte. A pesares do resultado o Encaixe está clasificado para a segunda fase na loita polo título.
  • El Bm Encaixe Camariñas termina el año 2014 con muy buen sabor de boca a pesar de caer ante el AD Carballal 30-33

    Encuentro esperado para las Camariñanas  ya que sabían la importancia de los dos puntos que había en juego, pero con el sentimiento de respeto ante un rival fuerte como es el Carballal. Igualada primera parte entre ambos equipos llegando al descanso con un 15-17 a favor de las visitantes. Destacado trabajo en ataque creando juego hacia las laterales que llegaban a romper sin oposición la defensa del equipo olívico y dando continuidades de balón que las extremos de Camariñas aprovechaban para marcar. Ya en la segunda parte, el equipo local fue capaz de empatar el encuentro en el minuto 40; 22-22 pero un parcial de 1-5 a favor de las visitantes marcó la diferencia llegando a un resultado final 30-33.  “Poco se puede puntualizar cuando las jugadoras salen al campo teniendo muy claro que lo único que les mueve es la lucha, el trabajo y la ambición, y así lo demostraron durante todo el encuentro. Destacar el trabajo en equipo que, una vez más, creo que es la clave del resultado. Una intencionada defensa y jugadoras creativas en ataque fueron los ingredientes principales”, afirma la entrenadora.
  • Nova victoria do Bm Encaixe Boya fronte Las cinco Jotas Lavadores por un 21-25

    As do Encaixe viaxaban a Vigo sabendo a importancia do encontro. Presentábase a favor das Camariñanas debido os resultados obtidos pero o conxunto olívico non llo puxo nada fácil. As visitantes foron por debaixo no marcador chegando ó descanso cun 10-11 a favor das palilleiras. Xa na segunda parte as camariñanas conseguiron abrir o marcador cunha distancia de 4-5 goles que mantiveron ata o remate do encontro cun 21-25.