• Nenos da escola de fútbol do FC Camariñas na selección da costa

    Vamos con outro recoñecemento á canteira do FC Camariñas. Despois do chamamento por parte do RC Deportivo da Coruña ao camariñán Mateo Sar na temporada pasada é agora a selección da Costa da Morte a que se fixa na exitosa sección base do FC Camariñas. Na tarde deste domingo 27 de xaneiro de 2019, catro xogadores do equipo benxamín da Escola de Fútbol do FC Camariñas tiñan unha cita futbolística na vila de Corcubión despois dun intenso fin de semana de fútbol en Camariñas. O motivo deste desprazamento era nin máis nin menos que o chamamento por parte da dirección técnica da selección da Costa da Morte a estes catro pequenos futbolístas para realizar uns adestramentos de proba. Os nenos da canteira do FC Camariñas seleccionados para este adestramento da selección benxamín da costa foron Borja Pérez, Mateo Sar, Xabier López e Dani Castro que marchaban cara Corcubión moi motivados a esta cita histórica que recoñece o gran traballo desenrolado pola escola de fútbol do FC Camariñas. Dende estas páxinas dámoslle a noraboa a estes pequenos-grandes futbolístas que están a levar con orgullo o nome de Camariñas por toda a Costa da Morte. Noraboa rapaces!

  • Resumo da xornada da Escola de Fútbol do FC Camariñas: Os prebenxamíns comezan a liga regular

    Comezamos unha nova serie deportiva nesta web que terá como cometido dar a coñecer ao gran público deportivo tanto os resultados coma as noticias relevantes da Escola de Fútbol do FC Camariñas. Os nenos e nenas do Camariñas tiveron unha xornada pasada por auga e frío neste derradeiro fin de semana do 19 de xaneiro de 2019 e conseguiron dispares resultados ante duros adversarios que vos adxuntamos ao final desta noticia. Como noticia destacada apuntar que os bravos prebenxamíns do FC Camariñas comezan este próximo fin de semana a súa respectiva liga regular, xa que ata o de agora tan só xogaban partidos amistosos preparatorios. Os pre, arroupados polos seus pais, tiveron unha pretempada espectacular en canto a xogo e resultados, poñéndose en cabeza para ser outro ano máis firmes candidatos a finalizar a liga nos primeiros postos da taboa. E ahí estará Camarinas.eu para comentar todo o que aconteza semana a semana coa Escola de Fútbol do FC Camariñas.
  • Grave lesión de Dani Castro, xogador dos benxamíns do FC Camariñas Base

    Comezaban hai un par de semanas os adestramentos do FC Camariñas Base dos adestradores Ordoñez e Alberto cuns rapaces cheos de ilusión por comezar a tempada 2018/19. Pero a desgracia cebábase co equipo dos benxamíns e no adestramento deste luns pasado, nunha caída fortuita, o central xaviñán Dani Castro sofría unha gravísima lesión que tuvo como consecuencia a fractura do cúbito e o radio do seu brazo dereito. Inmediantamente foron avisados os servizos médicos pero debido á falta de ambulancias no PAC de Vimianzo decidíuse trasladar ao pequeno deportista en coches particulares ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Alí os facultativos tiveron que operar de urxencia ao xenial centrocampista da canteira do FC Camariñas para evitar males maiores. Poucas horas despois Dani Castro era dado de alta e trasladado ata a súa casa de Xaviña onde se está a recuperar de tan grave lesión. No derradeiro partido amistoso que enfrontaba aos benxamíns do FC Camariñas co Vimianzo os compañeiros de Dani quixeron ter un xesto co seu amigo e adicáronlle un homenaxe antes de desputar o encontro. Os rapaces de Ordoñez e Alberto regaláronlle un balón de fútbol ao seu compañeiro desexándolle ante un público emocionado unha pronta recuperación. E dende esta redacción tamén queremos sumarnos ao noble detalle dos benxamíns do FC Camariñas para ver a Dani canto antes xogando ao seu deporte favorito. Moito ánimo Dani!!
  • Comeza a liga biberón e prebenxamín para os nenos da Escola de Futbol do FC Camariñas

    As categorías benxamín e biberón do FC Camariñas estreáronse esta semana nas súas respectivas ligas. Os máis pequeniños do club camariñán tiveron unha posta de gala no Pavillón Municipal de Camariñas fronte aos pequerrechos do Cee que se levaron a victoria. A pesar de todo hai que recoñecer o gran traballo dos rapaciños e rapaciñas camariñáns que lograron anotar 4 auténticos golazos. Finalmente o resultado final foi de 4 a 9 a prol do conxunto visitante. O próximo partido dos biberóns, que supoñen a base do futuro máis inmediato da canteira do FC Camariñas, está aínda por determinar, dato do cal daremos conta na nosa páxina de Facebook próximamente. Esperemos que todos os responsables, tanto directivos como deportivos estean á altura para lograr unha boa cimentación desta sección de biberóns que son, como dicíamos, o futuro máis inmediato que fará que esta escola de fútbol cuaxe realmente. Nas súas mans está.
  • A Escola de Fútbol consolídase como a gran aposta do FC Camariñas para o futuro da entidade

    Todo o duro traballo ten o seu premio. Despois de interminables xestións necesarias para levala a cabo, a escola de fútbol do FC Camariñas vai camiño xa da súa consolidación definitiva como un dos referentes das canteiras futbolísticas da Costa da Morte. Con preto de cen nenos e nenas que, equipados con todo o necesario, practican seu deporte favorito baixo a supervisión de 5 adestradores cos seus respectivos colaboradores adicados ao desenrolo desta canteira. Nunhas instalacións envidiables, uns pais totalmente volcados no proxecto e unha moi boa relación co Concello de Camariñas así como a importantísima axuda de algunhas empresas como Hotel O Parranda, Diego Alonso FotógrafoRestaurante O Ariño, ElectroRayma ou Viendote Crecer Fotografía Infantil levan a pensar en que a escola de fútbol do FC Camariñas marcará un antes e un despois no mundillo deportivo dentro do concello. Camarinas.eu tamén procurou aportar o seu gran de area neste gran proxecto, sobretodo na publicitación da gran Inauguración da Escola de Fútbol do FC Camariñaspresentada polo noso amigo e mestre Marcial Mouzo, así como tamén publicando os carteles dos que tiña coñecemento para anunciar os partidos, publicando algúns videos, fotos e crónicas que os pais lles facían chegar, etc... traballando en conxunto cuns pais e unha directiva que necesitaba todo o apoio mediático para facerse ver no mundo. E así o fixemos.
  • A canteira do FC Camariñas afiánzase no panorama deportivo da costa

    Pese a ter menos de uns meses de vida, a Escola de Fútbol do FC Camariñas está a colleitar cada día mellores resultados deportivos. O traballo alineado e serio tanto da directiva, equipo técnico, pais e chavales dos diversos equipos comeza a dar os froitos que asegurarán o futuro do fútbol base dentro do noso concello. E nese sentido é por onde se está a traballar máis arreo dende o club que ve, moi acertadamente, que con esta forma de entender un deporte de masas como é o fútbol consíguense máis éxitos que co xa descartado sistema de fichaxes que levou ao borde da quiebra a tantos conxuntos ao longo do territorio galego. E Camarinas.eu, consciente do duro traballo que se está a facer dende o FC Camariñas e os pais de moitos dos nenos para levar a cabo a consolidadción do proxecto, aquí está tamén para aportar o seu gran de area.
  • Primeira victoria dos benxamíns do FC Camariñas contra o EFC Carnota

    A labor seria e responsable de todo o corpo técnico, directiva e nais e pais comeza a dar os seus primeiros froitos. Despois do gran traballo que resultou coa consecución da Escola de Fútbol do FC Camariñas os nenos desta gran familia ven recompensado o seu esforzo. Este mércores festivo, primeiro de novembro de 2017, os benxamíns do FC Camariñas enfrontábanse ao pequenos do Carnota no Estadio Municipal Hermanas Patiño. Alí, no mítico céspede camariñán que deu tantas e tantas alegrías a todo un pobo, os nenos da canteira conseguiron o seu primeiro triunfo despois dun desputado partido que rematou en victoria dos nenos do FC Camariñas. Un gran triunfo dos nosos nenos que poñe de manifesto que un clube unido no que todos traballan e reman nunha mesma dirección acaba finalmente conquerindo resultados positivos. Aínda así é vital recalcar que o máis importante de todo este traballo que se está a levar a cabo tanto por parte de todos os integrantes do FC Camariñas como dos pais e nais dos nenos, son os valores que se lle están a inculcar aos alumnos da escola de fútbol por parte do corpo técnico: amor polo deporte, respeto polo rival, compañeirismo, traballo, dedicación e sacrificio. Valores que están sendo aplicados polos nenos no deporte que aman e que seguro serán adaptados na súa vida cotidiá. Por eso hai que estar orgullosos de todos eles. Noraboa campeóns!