• Bautizo de Daniel Castro Castiñeira en Xaviña

    Nun día tan señalado para o calendario cristiano como o Domingo de Ramos, víspera de Semana Santa, tivo lugar na milenaria Igrexa de Xaviña o bautizo de Daniel, benxamín da parexa formada por Sergio Castro, percebeiro santamariñán, e Celestina Castiñeira Blanco, máis coñecida como Tina, unha xaviñana comprometida activamente co concello no que vive, o que a levou incluso a desempeñar o papel de concelleira por Xaviña nas filas do Partido Popular. O caso é que este fermoso rapaciño chamado Daniel tivo o privilexio de ser cristianado nun dos máis antigos e lexendarios templos que existen por estes pagos, o da Igrexa de Santa María de Xaviña, cumbre da arte románica no noso concello e unha das obras cimeiras da Costa da Morte, ademáis de que a súa entrada na gran familia cristiana prodúxose das sabias mans de Don Mario, o admirado e respetado páter da parroquia máis extensa do Concello de Camariñas.  Pois alí, acompañado dos seus pais, do seu irmán maior Serxio, de toda a súa familia e das ducias de devotos que ramo en man cumprían cun rito sagrado tivo lugar o bautizo de Daniel o Domingo de Ramos do ano do Noso Señor de 2010. ¡¡FELICIDADES DANIEL!!