• Día de topes de xurelo no porto de Camariñas

    Rematada xa caseque a tempada pesqueira estival do cerco camariñán chega a hora de facer balance e ver contas. E aínda que houbo semanas espléndidas para moitos barcos a tónica xeral do estío foi digamos que intermedia para os intereses da nosa flota. Así e todo e a pesar de que nos atopamos xa en épocas propicias para o mal tempo, os temporais parece que se van a facer esperar co cal as embarcacións de Camariñas aproveitan para seguir co seu traballo. A proba delo atopábamola na mañá deste mércores 13 de setembro de 2017 cando todo aquel que se paeara polas inmediacións do peirao novo da vila podería contemplar unha actividade frenética de descarga de xurelo. A meirande parte das embarcacións que se adican ao arte do cerco chegaban a porto con topes de xurelo mediano que pronto eran vendidos aos intermediarios que se achegaron a porto. E así, coa ledicia que supoñe para todo o pobo de Camariñas o desembarco de miles e miles de kilos de xurelo, voltamos a retomar con todo o entusiasmo do mundo a nosa querida sección de "Noticias do Mar".
  • Barcos de Camariñas na campaña do verdel en Ondarroa

    Contan que conformada maiormente por area, a illa de Nantucket (Estado Soberano de Massachussets, USA) contempla impotente como cada pouco tempo suntuosas vivendas de todo tipo, segundas residencias unhas, casas familiares mariñeiras de toda a vida outras, desaparacen ante os embates furiosos dun mar que nunca cesa, constatando os seus habitantes como a non moito tardar un día esvaecerase o que foi o gran porto baleeiro das obras de Herman Melville. Un imperio do efímero chamado irremisiblemente a desaparecer. Pola contra, sólidamente asentada sobre un leito rochoso de case imposible destrucción outra vila mariñeira, a así chamada das Palilleiras ou dos Encaixes, parece encamiñada a pervivir ata o fin dos tempos e xunto a ela a súa flota invencible. De volta no fogar, un dos integrantes da exitosa e decidida armada camariñana na Campaña do País Vasco relata en exclusiva para Camarinas.eu as súas impresións sobre unha viaxe no tempo (a das grandes campañas marítimas de antaño) e no espacio (a traslación xeográfica das máis exitosas técnicas de pesca a cargo do máis experimentado continxente profesional que viron os mares).
  • Noticia da Cadena Ser sobre o barco de Camariñas "Gallego Jose"

    A Cadena Ser envíanos hoxe unha noticia na que di que según a Capitanía Marítma da Coruña o barco camariñán Gallego José, pertencente a unha das sagas máis míticas de mariñeiros de Xaviña (Os Jallejos) non ten a estabilidade óptima para seguir navegando.