• Victor Vigo presentado polo Atlético

    No que constitúe un hito sen precedentes, un camariñán xogará no Atlético de Madrid. Será a partires da vindeira tempada e, man a man ca súa némesis todopoderosa, loitará por tódolos títulos: difícilmente pode acadarse maior excelencia para un deportista profesional.  E así este mércores 19 de xuño de 2013, este rapaz da Avenida Eugenio López era presentado nas instalacións oficiais do club colchoneiro xunto a dúas das súas novas fichaxes: o pívot Alberto Val e o porteiro Iñaki Malumbres. Un acto glosado por toda a prensa nacional, dende xornais deportivos ata radios de ámbito estatal, pasando polas cadeas de televisión. Fruto da intelixencia, saber estar e humildade que caracterizaron unha carreira que agora da o salto ata o máis alto da súa profesión, nesta ocasión Víctor non se amilanaba pola expectación xerada e pronunciaba unhas prudentes e sabias palabras, tal e como recollía o diario As: "El Barça está completando una gran plantilla, pero si al final la Liga es cosa de dos, puede que se decida en dos partidos, en dos finales, y ahí no hay favoritos".
  • Fusión do Encaixe-Camariñas e o Boya

    OS dous clubes camariñáns fusiónanse para optimizar gastos e recursos

    Os dous clubs de balonmán de Camariñas decidiron xuntarse e constituir unha única entidade que acolla a todos os deportistas de balonmán, tanto femininos como  masculinos, do Concello de Camariñas. A idea é optimizar recursos, tanto humanos como económicos, e xuntar nun só club a todas as persoas interesadas por este deporte no concello camariñán. O “Club Balonmán Camariñas” sairá pois nas distintas categorías, tanto femininas como masculinas, facéndose cargo tamén de todos os nenos e nenas que ata agora formaban parte das escolas municipais deportivas de balonmán, para evitar así a súa desaparición, xa que debido a situación económica que atravesa o Concello, este non podería facerse cargo das escolas.
  • Asamblea Xeral do BMF Encaixe-Camariñas

    Pilar Gómez, Presidenta do BMF Encaixe-Camariñas

    Remítenos esta tarde a Presidenta do BMF Encaixe-Camariñas unha carta para proceder a súa publicación na web máis vista da Costa da Morte na cal a directiva do equipo camariñán quere anunciar a próxima asamblea xeral de socios. Unha asamblea que terá lugar no Pavillón Municipal da Ponte do Porto este 16 de marzo ás 21:30 en primeira convocatoria sendo ás 22:00 a segunda convocatoria e que terá tan só dous puntos a tratar. O primerio deles tratará da aprovación do estado de contas do BMF Encaixe-Camariñas polos socios asistentes á asamblea e o segundo punto deixarase para os rogos e preguntas que podan surxir da masa social que conforma o exitoso club de balonmán feminino da Vila das Palillieras. Camarinas.eu, como Socio Protector de dito club participará nesta asamblea para traervos a crónica do que aconteza nesta reunión.
  • Encaixe-Camariñas 29-19 BM Lalín

    As palillieras venceron o seu encontro co BM LalínBo comezo para o Encaixe neste primeiro encontro da fase de permanencia fronte o Bm Lalín cun resultado final 29-19. Gracias o traballo das xogadoras durante estes meses, as Camariñanas loitaron cada balón e lograron poñerse por diante no marcador no minuto 3 do encontro, arrincando distancia xa na metade da primeira parte.
  • Encaixe-Camariñas 25-24 Bueu Atlético

    As nosas palillieras suben postos na taboa clasificatoria

    O BM Encaixe Camariñas obten o 5º posto nesta primeira ronda fronte o Bueu Atlético a falta dunha xornada con un 25-24. Trala retirada do Bm Sárdoma que permite puntuar, deixa unha xornada de descanso para preparar a segunda fase. As Camariñanas sairon o terreo de xogo motivadas e con ansias de victoria. Así o demostraron durante todo o encontro aínda que en ocasións as visitantes intentaron marcar o ritmo poñéndose por diante no marcador, pero non foron capaces. A rápida reacción das do Encaixe con unha defensa basada nos blocaxes e marcaxes a pivote sentenciou o partido. As xogadoras de Mónica Barreiro pasan a disputar a segunda fase desta liga enfrontándose os 4 últimos do outro equipo: Bm Caselas, Narón, Bm Lalín e Pabellón de Ourense onde se xogaran do posto 9 o 16. “O noso obxetivo de cara a esta segunda fase plantexada dende o Clube, e obter ese 9º posto que dará  opcións a un novo plantexamento de cara a tempada seguinte” comenta a adestradora.
  • Encaixe-Camariñas 8-38 BM Chapela

    Non foron ben as cousas para as palilleiras contra o Chapela

    Mal comezo para o Encaixe neste arranque da liga despois do parón de nadal. O equipo Camariñan perdeu esta fin de semá fronte o “gran” Bm Chapela 8-38, que con un xogo fluido en ataque e unha contundente defensa non deixaron respirar o Encaixe. Foi cara o final do encontro cando as locais conseguiron arrincar uns goles favorecedores anímicamente. Mónica Barreiro contaba coa aunsencia de Sara, e Sandra foi sustituída na segunda parte por unha xogadora de campo por molestias nun aductor. “É un gran batacazo para o equipo, pero no se perde o ánimo e loitarase cada encontro ata o final desta liga” afirma a adestradora.
  • Encaixe-Camariñas 25-18 Sárdoma

    As palilleiras conseguiron unha importantísima victoria fronte ao Sárdoma

    Victoria do Encaixe ante fronte o C.C.D. Sárdoma por un 25-18. Mal xogo demostrado polas Camariñanas que conseguiron salvar o encontro  coa velocidade no contraataque na segunda metade. Todo comezaba con mal pé ata que, un tempo morto solicitado pola adestradora local no minuto 11 do encontro cun marcador en contra 0-6, despertaba as ansias e a motivación para solucionar os problemas na cancha acadando un 7-7. De todos modos, erros moi localizados das Camariñanas deixaban que o Sárdoma marcase o rítmo do encontro chegando o descanso cun 9-12. Unha axustada defensa provocando interceptacions, perdas e lanzamentos forzados servian para que as do Encaixe aproveitaran para poñerse por diante e acadar a renda final de 7 goles. A vindeira xornada o Encaixe volve a xogar como local nun derbi Coruñés fronte o Bm Ártabro.
  • Bueu 30-30 Encaixe-Camariñas

    As palilleiras conseguiron traer de Bueu un punto que sabe a victoriaEmpate do Encaixe Camariñas fronte o Bm Atl. Bueu cun 30-30. As camariñanas regresan da localidade Pontevedresa con 1 punto moi loitado e con condicionantes do xogo local que non lles permitiron acadar a victoria. Comezaba o encontro con un bó ataque por parte das rapazas dirixidas por Mónica Barreiro poñéndose por diante no marcador acadando no descanso 12-12. O bueu pola súa parte non deixaba escapar as oportunidades en ataque con erros constantes na defensa do pivote que lle brindaba o equipo rival. “Estamos deixando atrás os erros ofensivos que nos caracterizaban, pero neste encontro, o detonante para non obter a victoria foron os constantes erros na defensa do pivote” afirma a adestradora.
  • Chapela 35-18 Encaixe-Camariñas

    As nosas rapazas perderon pero non deixan nunca de loitar ao máximo

    O Encaixe Camariñas volta de Chapela cunha derrota sin sorpresas acadando un resultado 35-18. Durante os primeiros minutos o Encaixe aguantou o xogo do Bm Chapela acadando un 9-9 no minuto 20, pero un tempo morto solicitado polo equipo local rompeu  o ritmo das camariñanas chegando ó descanso cun 17-9.  A desconcentración das visitantes na segunda parte foi suficiente para que as compoñentes do Chapela aproveitaran para acadar o resultado final. Mónica Barreiro destaca o gran acerto da gardameta Sandra e eloxia o seu gran traballo tanto nos adestramentos como nos encontros “o seu esforzo nos adestramentos está tendo o seu fruto; é unha gardameta con obxetivos a largo plazo”.
  • Encaixe-Camariñas 17-18 Carballal

    As nosas rapazas estiveron a punto de lograr a victoria fronto o Carballal

    O Bm Feminino Encaixe Camariñas cae fronte o S.D. Carballal por un 17-18 nunha tarde marcada por un ixunto resultado. Encontro igualado durante os 60 minutos destacando a decisiva defensa Camariñana provocando constantes erros no sistema ofensivo do Carballal. Tardanza dos primeiros goles debido a boas intervención de ambalas dúas gardametas mantendo os equipos na loita polos puntos dende o primer intre, rematando a primeira parte cun 7-7. Xa nos primeiros minutos da segunda parte o Encaixe adiantouse acadando unha renda de 2 goles; 14-12 que se viu ensobrecida polas decisións arbitrais: “o equipo loitou e mereceu quedar cos puntos pero creo que as veces non todo está o noso favor, e neste encontro os colexiados non foron neutrais, o Encaixe foi superior demostrando fortaleza en defensa e provocando os propios erros do equipo visitante non sinalados polo conxunto arbitral”afirma a adestradora Mónica Barreiro.
  • BM Rasoeiro 25-21 Encaixe-Camariñas

    As nosas rapazas están a loitar duramente nesta liga 2011-12

    O BMF Encaixe Camariñas cae ante o BM Rasoerio nun axustado 25-21 onde a defensa das camariñanas foi o máis notable. Todo comezaba a favor das grovenses , dado a constantes erros defensivos das do Encaixe, poñéndose por diante no minuto 15 con 5 goles de ventaxa. Só fixo falta que transcorrese o resto dos minutos da primeira parte para marchar ó descanso cun 15-8 no marcador a favor das locais. Foi na segunda parte cos axustes defensivos na zona central para deter o sistema ofensivo do Rasoeiro. De novo claros erros na eficacia no lanzamento por parte das do Encaixe e unas dubidosas decisión arbitrais puxeron fin a un encontro onde a loita pola victoria sentíase no minuto 59.
  • Encaixe-Camariñas 18-34 Seis do Nadal

    Unha brava camariñana pugna polo balón con catro xogadoras do Seis do NadalO Encaixe cae ante Seis do Nadal nun encontro no que as camariñanas loitaron ata o final cun resultado en contra de 18-34. A celebración tiña lugar o pasado sábado 8 de setembro onde o equipo local comezaba con un 1-9 a favor das viguesas, levantando o marcador a partir da mitade da primeira parte co traballo ofensivo de xogadoras como Yolanda e Aida e defensivo como Alicia e Sandra na portería. O xogo dinámico e explosivo do equivo olívico ofensivo poñía nun apreto a defensa do Encaixe que tras varios axustes frenaron o xogo ca pivote visitante. “É un equipo moi forte nesta liga, as xogadoras do Encaixe seguiron na súa liña polo que o equipo está satisfeito co traballo, as melloras son considerables” afirma a adestradora. A próxima fin de sema o Encaixe enfrentarase ó equipo Grovense nun encontro máis axustado.
  • Ártabro 16-28 Encaixe-Camariñas

    O Encaixe-Camariñas consegue a primeira victoria da temporada

    Victoria para o Encaixe nesta primeira xornada de liga no Pavillón do Novo Mesoiro fronte ó Bm Artabro 16-28. Encontro sin sorpresas onde o Encaixe sumou os seus primeiros 2 puntos da tempada. Foi no minuto 15 da primeira parte onde as Camariñanas acadaron distancia, ampliando a mesma na segunda. “Minutos para todalas xogadoras, destacando a perseverancia das xuvenís e a maduración como equipo que espero que manteñan durante o resto da tempada” afirma a adestradora Mónica Barreiro.
  • Previo BM Ártabro vs Encaixe-Camariñas

    As palilleiras terán a un duro rival que batir este fin de semana

    Comeza a liga para o BMF Encaixe Camariñas,  que  se enfrontará a outro equipo da Provincia. As rapazas do Encaixe están preparando o encontro desta fin de semana fronte o Bm Ártabro, quen  inicia unha nova etapa co balonmán feminino de categoría senior. “As xogadoras están traballando ben, pero temos que ser capaces de buscar a regularidade en todos os encontros, sen altibaixos considerables” afirma a adestradora Mónica Barreiro. O encontro celebrarase o próximo domingo 2 de Outubro as 12:15 no Pavillón Novo Mesoiro en A Coruña. A adestradora conta con tódalas xogadoras dispoñibles: Sara e Sandra (gardametas); Verónica, Nerea, Fátima, Karina, Alicia e Ivana (2º liña); Laura, Yolanda, Juana, Cristina Sande, Cristina Caamaño e Aida como 1º liñas.
  • Ascenso do CB Camariñas Conservas Boya a 1ª División Nacional

    Nunha mañán de cans, con vento, chuvia e moito frío, máis propia do mes de xaneiro, o CB Camariñas fixo historia e entrou na leyenda. Mañán de paixóns extremas, de bágoas incontibles de ledicia e emocións nuns e de pesar e tristeza noutros: a grandeza do deporte no seu estado máis puro adueñouse do Pabellón Municipal de O Areal nun día que difícilmente olvidarán todos aqueles privilexiados que tiveron a sorte de estar alí onde con letras de ouro se escribía a historia. Enfrontado a conxuntos de grandes cidades, maiores orzamentos, superiores recursos, un pequeno club dunha remota vila mariñeira formado maiormente a base de xogadores da terra, dos de andar por casa, acadaba unha xesta difícilmente superable e entraba na gloria en tres irrepetibles días dun fin de semana de maio.
  • Primeiro día da Fase de Ascenso do CB Camariñas Conservas Boya

    Gracias ao esforzo sen precedentes realizado dende o Concello de Camariñas, a Vila das Palilleiras xa ten a súa Fase de Ascenso á Primeira División Nacional de Balonmán. E o fin de semana grande do balonmán no noso concello comenzaba pasadas as 18.00 da tarde deste venres 6 de maio de 2011 cunha recepción oficial celebrada na Casa de Pedra onde o alcalde camariñán daba a benvida aos catro equipos que mediante un sistema de liguilla competirán ata o domingo por ver cal deles é o que finalmente acada o tan ansiado ascenso. Unha vez rematado este acto que incluío o reparto duns pequenos agasallos, as plantillas, corpos técnicos e directivos de Salamanca, La Laguna, Plasencia e CB Camariñas desplazáronse ata o Pabellón Municipal de O Areal para iniciar a vertiente deportiva da fase de ascenso.
  • A fase de Ascenso a 1ª Nacional celebrarase en Camariñas

    Camarinas.eu está en condicións de afirmar que durante os vindeiros días 6, 7 e 8 de maio de 2011  finalmente celebrarase en Camariñas a fase de ascenso á 1ª División Nacional de balonmán. Xogadores, aficcionados, técnicos e directivos dos tres clubs aos que se medirá o CB Camariñas, P. C. Salamanca (Campeón de Castela-León), Universidad de La Laguna-Tenerife (Campeón de Canarias) e Bm. Plasencia (Campeón de Extremadira), veranse desta maneira obrigados a pernoctar en Camariñas durante o fin de semana no que se ventilará o conxunto que ascenderá a tan ansiada 1ª División, co que elo ten de impulso económico para o Concello de Camariñas. Elo sin contar a posibilidade de que algún que outro aficcionado ao balonmán en Galicia se deixe caer por estos pagos así como xornalistas que veñan a cubrir o evento. Ademáis, xogando na súa casa, co seu público volcado, as posibilidades de ascenso do CB Camariñas entendemos que se elevan expoñencialmente.
  • CB Camariñas, Campeón de Liga

    Os siareiros e xogadores que conquistaron Bueu

    Cando alá polo mes de setembro lle preguntamos aquí en camarinas.eu ao noso experto en balonmán, José Manuel Canosa Campaña, como se presentaba a tempada que recén se aveciñaba, a resposta fui clara: os obxectivos son máximos, posiblemente a mellor plantilla da historia, o ascenso será a nosa meta. Por elo non fui unha sorpresa cando nas últimas horas da tarde deste histórico 16 de abril de 2011 unha voz emocionada ao outro lado do tendido telefónico, facéndose un oco a duras penas entre os gritos de algarabía, de xustificado festexo incontrolado dun vestiario campeón, nos constataba dende o hexemónico sur galego a boa nova: por primeira vez na súa historia o balonmán camariñán saía campeón da 2ª División Autonómica tras unha heroica victoria por 29 a 33 no Pavillón Municipal de Bueu.
  • Victor Vigo ficha polo CAI Aragón

    Novo movemento na carreira profesional do balonmanista camariñán Víctor Vigo. Despois de cuaxar unha máis que meritoria campaña no club da Liga Asobal Antequera, todo parece indicar que para a vindeira tempada Víctor militará nas filas do CAI Aragón, clube que xa se interesara polo central a tempada pasada cando Víctor abandonou un Naturhouse Logroño no que xogou dous formidables anos que remataron ca clasificación dos rioxanos para competición europea por primeira vez na súa historia. Nembargantes a opción elexida polo camariñán o verán pasado finalmente foi a do Antequera, clube dirixido por Antonio Carlos Ortega, no que acabou recalando e no que é peza clave, pero que arrastra uns importantísimos problemas económicos despois de non ser renovado o contrato co patrocinador, feito polo cal aos xogadores non lles puido ser abonadas unha parte das nóminas atrasadas ata datas recentes.
  • Derrota do Encaixe-Camariñas en Chapela

    O Encaixe xogará este sábado na Ponte do Porto contra o Sárdoma

    O Pasado fin de semana o BMF Encaixe Camariñas acadaba a derrota fronte o BM Chapela. As rapazas da costa da morte afrontan este resultado con optimismo xa que a sua liga non e a mesma, dado que cada equipo loita por obxetivos diferentes. O partido non tivo moita emoción xa que dende o  principio o equipo de chapela marcou unha clara  diferencia no marcador,  logrando ca sua ferrea defensa que so encaixaran 1 gol nos primeiros 15 minutos. Ainda asi as rapazas do encaixe non decaeron no empeño e seguiron loitando durante todo o partido.