• Fin de semana clave para as Escolas Deportivas do Concello de Camariñas

    ESTA FIN DE SEMANA @S DEPORTISTAS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO  CONCELLO DE CAMARIÑAS TEÑEN VARIAS FRONTES ABERTAS, por unha banda o equipo de cadete de bádminton desprázase a Lugo para xogar o campionato galego da especialidade, ademais, Francisco Pais Fondo e Nerea López Lijó xogarán o campionato individual.
  • CB Camariñas: victoria na Ponte frente ao Meano

    Diego Alonso debuta co Club Balonmán Camariñas

    Imaxe dun partido da Escola de Balonmán do Concello de  Camariñas cando Diego Alonso era aínda infantil
    Imaxe dun partido da Escola de Balonmán do Concello de Camariñas cando Diego Alonso era aínda infantil

    Este sábado 1 de novembro Día de Difuntos xogou o Club Balonmán Camariñas un partido moi especial no que debutou no primeiro equipo un querido e xoven veciño de Camariñas: Diego Alonso, fillo de Frutos de Chicote. Neste partido que xogou o CB Camariñas contra o Meaño no Pavillón da Ponte do Porto, Diego marcou os seus dous primeiros goles en 2ª División Nacional axudando ,desta maneira a consecución da victoria polo equipo camariñán por 31 - 22.

    Pulsa na foto-montaxe de Diego para ver unha homenaxe en forma de galería fotográfica á canteira que a Escola de Balonmán do Concello de Camariñas aporta ao CB Camariñas Conservas Boya. As fotos que están no interior desta noticia corresponden a un trofeo que organizou a Escola de Balonmán alá polo ano 2005 e no que podedes ver a Diego sendo aínda un rapaciño e a moitos dos xogadores que hoxe triunfan nas seleccións galegas e nos grandes equipos como o noso querido amigo Fabian Canosa sendo aínda xuveniles da Escola de Balonmán.
  • Derrota do CB Camarinas na Coruna

    Balonmán Ártabro 29 - 28 CB Camariñas

    Imaxe de arquivo do C.B. Camariñas en acción deportiva
    Imaxe de arquivo do C.B. Camariñas en acción deportiva

    O Club Balonmán Camariñas sofreu unha dura derrota este domingo na Coruña tras un bo e intenso partido no que aos camariñáns lles fallou por falta de xogadores o tiro exterior. Este factor determinou o partido no que destacaron xogadores xa clásicos como Monchiño, Quin,  o porteiro Cristian, e o máximo goleador do partido: o noso querido amigo Alberto do "Catalán" que meteu nada máis e nada menos que 9 goles. Si vos fixades nas estadísticas do partido veredes que os goleadores do CB Camariñas foron 6 mentras que os que marcaron algún gol do equipo da Coruña foron 10 xogadores. En fin, mala sorte.Pulsa na imaxe para ver a crónica e as estadísticas que nos mandan desde o CB Camariñas.

  • Victoria na casa do CB Camarinas

    CB Camariñas 30 - 24 Atl. Guardés

    Imaxe do infinito arquivo fotográfico de camarinas.eu para ilustrar unha nova victoria do equipo camariñán
    Imaxe do infinito arquivo fotográfico de camarinas.eu para ilustrar unha nova victoria do equipo camariñán

    O CB Camariñas consigue a súa segunda victoria nesta liga frente a o Atlético Guardés desta vez na nosa casa, no Pavillón Municipal "O Areal" de Camariñas. O encontro celebrouse este sábado as 6 da tarde e cal destacaron xogadores coma Felipe Santos con 10 goles e Monchiño e Alan que introduciron o balón na meta contraria un total de 5 veces cada un. Pulsa na foto para ver a noticia completa.

  • Artai Poio 27 - 29 CB Camarinas

    Victoria do CB Camariñas en Poio

    Imaxe de arquivo dun encontro do Conservas Boya no Pavillón Municipal de Camariñas
    Imaxe de arquivo dun encontro do Conservas Boya no Pavillón Municipal de Camariñas

    O CB Camariñas Conservas Boya conseguíu este sábado unha importantísima victoria frente ao Artai de Poio no pavillón A Seca (Poio, Pontevedra).  Os camariñáns fixeron un partido bastante bo contra un rival directo e sempre estiveron por diante do marcador. Desta vez os árbitros seica estiveron moi acertados e superon en todo momento levar o partido. O máximo goleador foi Felipe Santos que xunta a Monchiño e Quin foron dos máis destacados do encontro. Pulsa na imaxe para ver todos os detalles do partido que nos envían a directiva do CB Camariñas Conservas Boya.

  • O CB Camarinas Conservas Boya perde en Vigo

    Mal resultado para un CB Camariñas en crisis:
    U.B. Lavadores 37 - 15 C.B. Camariñas

    Imaxe de arquivo da tempada pasada nun encontro do CB Camariñas
    Imaxe de arquivo da tempada pasada nun encontro do CB Camariñas

    Este domingo 5 de outubro ás doce da mañá celebrábase o partido entre o U.B. Lavadores de Vigo e o C.B. Camariñas no Pavillón vigués de Lavadores. O Conservas Boya chegaba xa moi mermado en canto ao número de xogadores dispoñibles, xa que só puido desprazar a 10 ata terras olívicas, por elo entre os expulsados e lesionados (Anxo con rotura de rodilla), o Camariñas chegou a estar únicamente con seis xogadores sobre o campo. Pulsa na imaxe para ver a nota que nos manda o C.B. Camariñas.

  • O Camariñán Fabián Canosa triunfa como capitán da Selección Galega Junior

    Camarinas.eu volve a dar unha noticia dos éxitos deportivos dun camariñán e faino cun fixo na sección de deportes: Fabián Canosa, xogador do Club Balonmán Camariñas. Xa en outubro de 2007 publicábamos a noticia do seu debut coa Selección Galega Junior nun partido contra o combinado portugués que tivo lugar en Cangas como prolegómeno dun enfrontamento entre as seleccións absolutas de ámbolos paises. Agora foi en Lalín onde participou como capitán da Selección Galega no torneo Eixo Atlántico Junior e do que Galicia saío campeona.

  • Derrota do C.B. Camarinas ante o Xiria de Carballo

    O C.B. Camariñas perde o derby da ¿Costa da Morte?

    O C.B. Camariñas ao ataque con Nesterov, o tanque soviético, á expectativa
    O C.B. Camariñas ao ataque con Nesterov, o tanque soviético, á expectativa

    Xa facía tempo que camarinas.eu non era testemuña dun encontro do C.B. Camariñas e neste caso non podía deixar de asistir ao chamado derby da Costa da Morte. Eran moitos os medios alleos a esta deprimida costa os que asistiron para dar cobertura ao partido: fotógrafos, periodistas, comentaristas e ata unha televisión (non, non era a todopoderosa TV Camariñas se non outra destartalada emisora local de Carballo).

    O caso é que todo este tema de querer chamarlle Costa da Morte a sitios tan distantes como Carballo, Laracha ou Santa Comba parece un pouco ridículo e só semella que todo o mundo se quere sumar ahora ao Finisterre europeo porque hai unhas maletas ben cheas de diñeiro e a punto de reventar esperando para ser repartidas. Cando este cremoso diñeiro se acabe, quedaremos os de siempre, na mesma pobreza e cos pantalóns aínda baixados... pero este é outro tema. Para ver unha pequena crónica e máis un destartalado video do acontecido no vibrante partido deste sábado entre o equipo camariñán e o de Carballo pulsa na foto principal.
  • Debut do ruso Yuri Nesterov co C.B. Camarinas

    Os árbitros suspenden incomprensiblemente o partido do C.B. Camariñas a falta de 30 segundos para o final

    Estábamos todos os congregados no pavillón municipal de Camariñas a desfrutar dun trepidante partido entre o Club Balonmán Camariñas e o Atlético Novais de A Guarda, cando a falta de trinta segundos para o final, cun resultado de 28 a 26 a favor do equipo local e tras unha incomprensible pérdida de balón dun xogador camariñán no medio campo, un dianteiro do Atlético Novais que encaraba en solitario a portería do Camariñas (e o cal xa viña bastante quente dunha xogada anterior), foi obxecto dunha clara falta por parte do xaviñán Felipe. Este xa no instante douse conta da gravidade da súa acción e que esta era merecedora dunha exclusión fulminante, e cando xa se dirixía cara o banquiño local foi obxecto dunha brutal agresión do xogador visitante que recibío a falta. Entón formouse unha tangana de considerables proporcións a cal durou uns dous ou tres minutos, e cando xa estaban arranxadas as cousas entre os dous equipos, os árbitros nunha decisión incomprensible e cobarde (esperemos que polo menos non cobren por este partido) decidiron suspender o partido ante o estupor do público e dos propios xogadores dos dous equipos, os cales non entenderon esta actuación arbitral e incluso sairon xuntos ao centro do campo a saudar ao público que aplaudío o xesto deportivo, frustrando así o debut do campión olímpico de balonmán coa selección da URSS  en Seúl 88 Yuri Nesterov, un auténtico tanque soviético que seguramente lle vai a dar tardes de gloria ao C.B. Camariñas.
  • O CB Camarinas: Zarandeado polos arbitros

    Parece ser que está de moda asoballar a Camariñas: Aquí esta camarinas.eu

    camarinas.eu non permitirá que se ande de cachondeos cos equipos do Concello de Camariñas
    camarinas.eu non permitirá que se ande de cachondeos cos equipos do Concello de Camariñas

    O C.B. Camariñas recibíu unha tunda este sábado, pero non do Xiria (Carballo) senón dos árbitros que se ensañaron co equipo camariñán ao deixar ao equipo de Camariñas con tres xogadores en pista (Diego "Lalá" de porteiro, Quin (fillo do Regino) e Anxo (o fillo do secretario). Ademáis, a actuación dos colexiados foi en todo momento a seguinte: Acoso e derribo ao C.B. Camariñas. O resultado final, non ten importancia, 44-31 para os de Carballo.

    Con esta situación de inferioridade total o equipo camariñán non puido facer nada ante a aplastante superioridade numérica do  Xiria que pasou por enriba dos bravos xogadores do Camariñas. A pesar de todo esta pésima e favoritista actuación arbitral non foi a única xa que noutro partido que estes dous elementos arbitraron aos xuveniles do Balonmán Camariñas xa demostraron ás súas intencións contra calqueira equipo que leve no seu dorsal o nome de Camariñas asoballando aos rapaces do noso pobo. Os árbitros deste partido José Carlos Fernández Pereira e Daniel Lago Leirós demostraron que teñen unha guerra contra o C.B. Camariñas. Desde onte téñena tamén contra camarinas.eu

  • Seleccion Galega Junior de Balonman: Alberto Ogando é sustituido por Fabián Canosa

    O balonmán camariñán segue a dar os seus frutos e así, tal e como nos traslada nun comentario desta nova o noso querido amigo Jorge Arjomil, usuario rexistrado de camarinas.eu, outro xogador nacido e criado en Camariñas, Fabián Canosa, sustituirá por mor dunha lesión a Alberto Ogando para participar na selección junior galega nos partidos que xogará este fin de semana. Dalle duro Fabián á selección galega que despois xa sabes que o próximo paso ten que ser a selección española. Dende camarinas.eu desexámosche sorte, Fabián. Seguirémosche este finde.
  • O CB Camarinas perde na Copa co Rasoeiro

    C.B. Camariñas 31 - Rasoeiro 32

    O xaviñán Felipe foi un dos xogadores máis destacados do encontro contra no Rasoeiro
    O xaviñán Felipe foi un dos xogadores máis destacados do encontro contra no Rasoeiro

    Nun partido moi igualado (31-32) o Club Balonmán Camariñas deixou a victoria para o Rasoeiro que sigue na Copa. Todos os xogadores do Camariñas fixeron un bo traballo en equipo, pero o máis destacados foi Felipe Santos que cuaxou un gran partido. O seu talento nato para o balonmán estase a demostrar día a día nun campo como o de Camariñas que non está para tirar cohetes..de feito os seus tiros, xunto cos de Fabián (que foi expulsado neste partido) son os únicos cohetes que se tiran en Camariñas a día de hoxe. Para ver a galería especial deste partido PULSA AQUÍ

  • Entrevista a Tony Garcia, adestrador do Conservas Boya

    Volcados por igual cos principais equipos camariñáns de fútbol e balonmán, esta semana a entrevista de Claves Deportivas está adicada ao entrenador do Club Balonmán Camariñas Tony García o cal achegouse polas oficinas centrais de camarinas.eu na tarde deste mércores 19 de setembro de 2007 e respondeu cordialmente ás inquisitivas preguntas que lle fixeron os redactores do principal diario on-line camariñán.