En moitas ocasións o deporte vese relegado a un segundo plano na educación dos máis xoves. Un elemento de menor importancia fronte a outras materias como poden ser as matemáticas ou a lingua e a literatura. Porén, son numerosos os estudios e os estudosos que defenden unha postura contraria a esta realidade como pode ser Ken Robinson un dos maiores expertos, a nivel global, da ensinanza. A intelixencia cinética é un elemento imprescindible a hora de que os máis novos poidan crecer de un modo saudable e equilibrado ademais de axudarlles a comprender realidades como a empatía, a igualdade e o traballo en equipo.
Onte, Venres 29 de Xaneiro, aprobouse por unanimidade no pleno ordinario o Plan Único Adicional 1/2021 da deputación provincial da Coruña. Con el destinaranse un total de 100.00 euros para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no Concello de Camariñas. Este plan vese reforzado dende a Xunta de Galicia neste novo curso con 500.000 horas máis que nos anteriores tentando “proporcionar unha atención profesional a todas as persoas que non eran usuarias do servizo, pero que o poidan precisar” debido a situación epidemiolóxica.
Este venres 17 de maio tivo lugar a presentacion dos torneos Benxamin Alevin e Infantil Femenino da Federación Galega de Balonmán que se desputarán en Camariñas. Ao acto, celebrado na Casa de Pedra do Concello de Camariñas asistiron o camariñán e lenda viva do balonmán na vila dos encaixes Borja Tajes e Jesus Varela como directivos da Federacion Galega de Balonman, Andres Cerdeiras como Presidente do Club Balonman Camariñas Conservas Boya e por Parte do Concello Jose Manuel Canosa Campaña Concelleiro de Deportes e Sandra Insua Rial Alcaldesa do Concello de Camariñas. En palabras desta ultima “Camariñas vai ser unha festa do Balonman Galego“ e resaltou os beneficios que traerá para o concello que se celebre este tipo de eventos xa que serán centos de familias as que se aloxen no concello no transcurso destes importantes campionatos. O Concelleiro de Deportes do Concello de Camariñas, Jose Manuel Canosa, quixo puntualizar na súa intervención que “Camariñas ten as mellores instalacions para a disputa destos torneos” e qeu é todo un honor que a Federación Galega de Balonmán sempre agradeza o traballo do Concello de Camariñas a prol do balonmán agasallándoo coa organización na vila destes grandes torneos. En palabras de Andres Cerdeiras “ Camariñas sigue sendo pionero en formacion de nenos” tanto desde o concello como desde o propio club de balonmán. No turno de palabra do directivo da FGB Jesus Varela recalcou que “para a federación e moi importante que Camariñas acollese este torneo xa q nesta vila respírase balonman”. Pechaba o acto o mito viviente do balonmán camariñan Borja Tajes que quixo agradecer ao club todo o ímpetu e traballo que puxo para traer este gran torneo a terras camariñanas.
Toca derbi provincial este fin de semana, o equipo chega nunha boa situación e dinámica positiva, con confianza polo xogo das últimas semanas e os puntos obtidos. Ademáis sírvenos de especial motivación chegar a un derbi á falta de 5 xornadas para o final por encima do rival na clasificación. A pesar de que neste momento non ocupamos plaza de descenso, non nos podemos despistar e seguir sumando xa que ata a din da tempada os demáis apretarán.
Moi bo partido no que máis de 200 persoas puideron gozar en O Areal dun balonmán de gran nivel. O xogo comezou cun Camariñas que percutía constantemente a dura defensa viguesa, pero Eusebio desangrou en cada acción do q foi posiblemente o mellor seu mellor encontro na categoría (14 goles). O equipo olívico só era capaz de responder o ímpetu camariñán con aisladas aínda que rápidos contragolpes que poñían en apuros aos chavales do Boya que puderon repeler estos contraataques con unha contundente defensa liderada por un canderbeiro Cristian que estivo espectacular. Con este traballado plantexamento táctico os camariñáns impedían unha e outra vez que os visitantes se acercaran no marcador. Os tempos mortos usados polos visitantes e algunha que outra precipitación dos locales puxeron aos vigueses a tan só dous goles no que supoñía un espellismo pois o gran protagonsita do aprtido Eusebio aplicaba un duro correctivo á defensa olívica nun par de xogadas de moito mérito que deixaban o marcados na primeira parte cun resultado de 18 a 14.
Primeira final de cara a salvación aínda que non se pode obsesionar o conxunto camariñán cos puntos en xogo, non podemos obviar a importancia do encontro dado o rival, empatado a puntos coa escadra da vila das palilleiras. E sobretodo tendo en conta que xa se levou a victoria fronte ao Boya na primeira volta da temporada por un total de 30-25. O equipo camariñán ven trazando unha boa liña de xogo e dende o equipo técnico esperan continuar con esta senda para que os dous puntos se queden en Camariñas. Por primeira vez dispoñe o Boya con tódolos xogadores de campo ao cento por cento, o que sen dúbida lles dará opción de facer rotacións, algo que se está a pagar moi caro polo equipo palilleiro ao longo de toda a tempada. O rival é un equipo xoven, con xogadores rápidos e que imprime un ritmo alto e que xoga por rachas, o que deben de explotalo os nosos xogadores sendo constantes no bo xogo, non dando facilidades e aproveitando a nosa maior experiencia. Volta os chavales do Boya a xogar en Camariñas, o que lles dará sen dúbida un plus coa gran afición que se da cita sempre no Areal de Camariñas.
Na mañán deste domingo 3 de febreiro de 2019 as nenas do equiepo infantil de CB Camariñas conseguían a xesta de proclamarse campionas de liga. Facíano as rapazas adestradas polos nosos queridos amigos Xabi e José impoñendo a súa autoridade fronte a BM Ribadosar por un total de 24 a 18 que facía estourar de xúbilo aos preto de 150 afeccioados e familiares que se deron cita no municipal de Camariñas. Unha mañá a deste pasado domingo para bordar en letras de ouro na memoria deste xa mítico equipo que, se non cambian as cousas, asegurámosvos que dará moitas máis tardes gloriosas a toda a afección do balonmán en Camariñas. Noraboa rapazas e a desfrutar!!
Páxina 1 de 6