• Falece Dona Avelina Mouzo, veciña da Ponte do Porto, a persoa máis vella de Galicia

    Avelina Mouzo Leis, a que era a persoa máis lonxeva de Galicia e a terceira con máis idade de España, faleceu no día de hoxe na súa casa da Ponte do Porto por mor das complicacións causadas por unha profunda gripe aos seus 113 anos de idade. Chega a abraiar os acontecementos dos que chegou a ser coetánea Dona Avelina. En tempo real ela leería nos xornais como en agosto de 1914 Europa decidía suicidarse, como o réxime máis nocivo da historia humana tomaba o poder en San Petersburgo un 7 de novembro de 1917, hai xusto agora cen anos, como dous bandos se masacraban durante unha cruenta guerra civil, sufreu sen dúbida os duros anos da nosa posguerra e respiraría aliviada co crecemento económico fulgurante de España nos 60, sentiríase orgullosa ca nosa impecable transición á democracia.... Todo esto e moito máis aconteceu en vida da persoa máis lonxeva da que teñamos coñecemento no noso Concello. Curiosamente o seu falecemento acontecía catro días despois de cumprir os 113 anos no día de noiteboa deste caseque expirado 2017. O corpo sen vida de Dona Avelina está sendo velado no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá este sábado 30 de decembro de 2017 ás 15:30 da tarde cara a Igrexa Parrqouial de San Pedro para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido está previsto que se produza o sepelio de Dona Avelina no Cemiterio Veciñal da Ponte do Porto. Vaia dende toda a redacción de Camarinas.eu o noso máis sinceiro pésame aos seus familiares e amigos. Dona Avelina Mouzo Leis, Descanse En Paz.
  • Avelina Mouzo Leis, unha veciña da Ponte do Porto a punto de cumplir 110 anos

    É por dereito propio a avoa do Concello de Camariñas, e case con toda seguridade da Costa da Morte... e aínda de Galicia porque atopar a alguén que chegue a idades tan lonxevas ven a ser case un imposible. Seguramente alá polo Cáucaso (Xeorxia, Nagorno-Karabaj, as repúblicas rusas...) entre montañas remotas, desfiladeiros intransitables, a alturas inalcanzables, sabios anciáns de longas barbas, bíblicas, respetables matronas, xerme de interminables proles existan exemplos semellantes. Aquí, por mor das nosas singularidades inclasificables todo ven acontecer a dous pasos do mar: prácticamente ao seu mesmo nivel, sen necesidade de alturas insondables nin de fríos árticos. Na parroquia da Ponte do Porto vive dende hai 110 anos fará este 24 de decembro Dª. Avelina Mouzo Leis e para conmemorar tal efeméride unha das súas bisnetas grabou un entrañable vídeo que Camarinas.eu procede a publicar con sumo gusto. O duns veciños orgullosos de ter ao seu carón á qe constitúe a auténtica avoa da Costa da Morte.
  • Avelina Mouzo Leis, 108 anos

    Non sabemos se debido aos efectos beneficiosos do curso do Río Grande, á recompensa a unha vida saudable e arranxada, como mandaban os antigos cánones, ou ao residir nunha vila tranquila como a Ponte do Porto pero o caso é que contamos no Concello de Camariñas ca segunda persoa máis lonxeva de Galicia, a vixésimo segunda de España, dacordo cos datos subministrados por Segunda Centena. A avoa do Concello de Camariñas non é outra que Avelina Leis Mouzo, unha veciña porteña de toda a vida que este luns 24 de decembro de 2012, Día dew Noiteboa, cumpría nin máis nin menos que 108 anos.