• AUTOVÍA DA COSTA DA MORTE XA! por Marisol Soneira

    Este sábado un grupo de persoas imos a facer unha andaina dende Berdoias a Baio para reivindicar que a Xunta de Galicia remate dunha vez as obras da autovía da Costa da Morte. Parece un contrasentido que reivindiquemos andando unha vía de comunicación para vehículos, pero a realidade é a que é.
  • Diego Alonso e Moncho de Dios na Cadena Ser

    Para defender os intereses da Ponte do Porto, de Camariñas, do seu concello en definitiva, este pasado venres 7 de marzo de 2014 tres camariñáns entraban en xogo no programa da Cadena Ser "A Cancela". In situ, o Director de Camarinas.eu, Diego Alonso, e unha das firmas habituais da web, o afiliado e fundador do PP no noso concello Moncho de Dios, estrelas invitadas do programa do pasado venres. O motivo de fondo que orixinaba tal invitación era a iniciativa posta en marcha por Camarinas.eu en change.org para reiniciar as obras da autovía da Costa da Morte que a día de hoxe conta xa con 500 firmas e que necesita 500 máis para que lle chegue a Consellería de Medio Ambiente e Infraestructuras. Como infraestrucura vital de necesidade para o desenrolo da Costa da Morte, do seu futuro, do dos nosos fillos ahí se foron estes dous camariñáns a defender o noso. 
  • Carta Aberta de Moncho de Dios a Núñez Feijoó pola Autovía da Costa da Morte

    No mesmo día que a Asociación Neria, expoliada por unha Diputación Provincial que prefire adxudicar contratos a empresas okupas amigas, solicita públicamente ao Presidente da Xunta unha entrevista para aclarar o estado real da situación da autovía da Costa da Morte, Camarinas.eu precede a publicar unha carta aberta a Núñez Feijoó escrita por un dos afiliados que máis decisivamente contribuiron a edificar o Partido Popular nesta franxa atlántica. Ramón Dios Carril, militante histórico do PP de Camariñas, colaborador habitual de Camarinas.eu, persoalidade independente e insobornable, diríxese en persoa, ca súa firma por diante, ao presidente autonómico para esixirlle unha solución á obra que paraliza o desenrolo futuro de toda a Costa da Morte. Unha inversión moribunda e finiquitada, sen datas previstas para a súa continuación, que esta redacción visitaba no mes de maio do exercicio en curso e atestiguaba a imaxe dantesca, fantasmal e ruinosa que ofrecía o seu trazado dende unha aldea en Vimianzo ata o cruce de Suxo. Ante este estado de cousas Moncho de Dios eríxese no único dos afiliados populares camariñáns que esixe respostas ao seu presidente. O último home libre.
  • Autovia para a Costa da Morte

    A carretera de alta capacidade que terá a función de vertebrar a Costa da Morte co resto de Galicia funcionará coas carácterísticas dunha autovía desde o primeiro momento entre Carballo e Baio. A Vía de Alta Capacidade da Costa da Morte terá características de autovía dende o primeiro momento no treito entre Carballo e Baio. Un total de nove ofertas presentáronse ao concurso para a construción e explotación desta infraestrutura