• Novo éxito da Festa da Palilleira en Camariñas

    Despois de transcorridas varias xornadas dende a celebración da Festa da Palilleira de Camariñas, estamos xa en condicións de facer unha pequena valoración sobre o acontecido na xornada deste sábado 8 de decembro. Máis de 500 palilleiras de moitos puntos de toda España déronse cita no Pavillón O areal de Camariñas para asistir a este encontro. Ademáis, deste importante número de artesáns, hai que contar a familiares e amigos que se trasladaron para acompañalas ata Camariñas e descobrir o noso fantástico pobo. Unha avalancha de visitantes que fixo mella sobretodo na hostalaría local abarrotando en moitos casos os restaurantes, bares e hoteles tanto da Vila das Palilleiras como do resto das localidades do concello.