• Historias de Camariñas: A Escola, por Antonio Puertas "Beldoña"

    Transcorreron xa un lote de anos, dende aqueles afastados tempos en que a xeración miña acudía á escola. Os nenos viñamos sendo, máis ou menos, coma ós de hoxe en día: inquedos, fantasiosos, fieis aos amigos, pillabáns, touporroutous, enxeñosos..., Mais, algo mudou dende aquela infancia da posguerra. Tempos de aros, de espadas de pau, de tiracroios, de Pita Cega, de Mariola... até o día de hoxe, onde todo está a virar en col do móbil, do televisión de plasma, ou do coche de última xeración... Hoxe quero falar un pouco de todo iso, coa perspectiva que está a dar a balanza do tempo, pa poder sopesar unhas e outras vidas, con este fantasioso modo meu pa agrandar as cousas, a través do telescopio da historia miña de hoxe e de onte.

  • O noso usuario Beldoña protagonista nun anuncio de Gadis

    Do Libro de Visitas de Camarinas.eu á súa portada. De ahí ao programa radiofónico nocturno "Pensando en Ti" e agora protagonista dun anuncio da cadena de supermercados Gadis. O estrelato mediático do noso usuario Antonio Puertas "Beldoña" prosigue meteórico e imparable: paso a paso este camariñán ilustre a base de puro talento escala novos peldaños na súa carreira como estrela do firmamento mediático galego. Este novo paso ven da man da firma galega de supermercados que se foi ata Betanzos para rodar unha publireportaxe dentro da campaña publicitaria de "Vivamos como galegos" e ahí elexío ao noso veciño para poñer a súa voz e a súa presencia no anuncio. Un xa imaxina unha firma de publicidade, ao Don Draper galego, ahí nas súas oficinas de Santiago, Coruña ou Vigo, devanándose os sesos para facer chegar a súa mensaxe ao maior número de compradores posible, entre tabaco constante, alcohol a raudales e un chisquiño de concupiscencia ocasional, todo elo en aras de dar o impulso final ao proceso creativo, e ahí xusto ao final da escapada chega a solución: "Coño, ¡¡Antonio Puertas!!". E tal que soía acontecer en Mad Men, a solución era a correcta e o cliente quedaba agradecido. Quen mellor que o noso querido, respetado e talentoso veciño e usuario para otorgar un valor engadido a calqueira tipo de producto. Pode estar satisfeito Gadis porque nunca terá mellor propagandista. Felicidades Antonio!!
  • Literatura

  • Marcial Mouzo, Antonio Puertas e Diego Alonso no Arnela

    Para comenzar a perfilar as liñas mestras dun proxecto serio e ilusionante, os tres grandes representantes do xornalismo camariñán actual, Marcial Mouzo, Antonio Puertas e Diego Alonso Freire, reuníronse na tarde deste sábado 24 de agosto no Café Bar Arnela. Alí soupemos que será cara as dúas da madrugada do vindeiro xoves cando o noso xenial Beldoña arranque a súa andaina xornalística en "Pensando en Ti", o programa maxistralmente capitaneado polas ondas da noite galega por Marcial Mouzo. Pero na citada data aínda haberá máis: o propio locutor camariñán nos soprendía ao confirmarnos que o director do medio de comunicación no que se deron a coñecer as talentosas composicións do gran poeta da Vila das Palilleiras, e no que tantos e tantos dos seus versos e relatos abraiaron ao gran público da Costa da Morte, terá tamén o seu oco como homenaxe á web que o lanzou ao estrellato literario. Á citada hora o programa arrancará cunha poesía de Antonio Puertas dando paso posteriormente a unha entrevista deste camariñán ilustre na que tamén participará Diego Alonso Freire.
  • Beldoña novo colaborador do programa de Marcial Mouzo

    Este venres 23 de agosto de 2013 asistimos con ledicia, emoción pero sobre todo con orgullo á consagración definitiva dunha persoa, escritor para máis señas, que dou os seus primeiros pasos xornalísticos en Camarinas.eu: o noso gran amigo e habitual seguidor Marcial Mouzo, o amo absoluto da noite radiofónica galega, comunicaba ao noso usuario, amigo e colaborador Antonio Puertas que a partires deste luns tería unha sección propia na nova tempada do Programa "Pensando en Ti". Corría o segundo ano de andaina xornalística desta redacción cando demos en publicar na portada da que daquela xa era a web máis vista da Costa da Morte a aqueles usuarios que entendíamos dotados dun talento en verdade excepcional e así empezaron a aflorar xoias literarias: en primeiro lugar, alá por decembro de 2007 ou xaneiro de 2008, Juan González Soto, perdón queríamos decir Juan Camariñán, abraiaba a redactores e público cuns relatos que se chegaron a comparar cos do mesmísimo Anton Chéjov. Un pouco máis adiante, irrumpindo dende o Libro de Visitas cun fulgor deslumbrante tanto en prosa como en verso era Antonio Puertas, alias Beldoña, o que lograba para sí mesmo un 28 de novembro de 2008 unha sección propia dentro da nosa Gaceta Cultural na que iría alternando relatos (as así denominadas Historias de Camariñas) e poemas (as Antoloxías Poéticas) e por aquelo da analoxía inevitable ca Literatura Rusa era comparado con Iván Bunin, o primeiro ruso en recibir o Premio Nobel.
  • Antonio Puertas: Feira do Encaixe

    Agora que se conta ca perspectiva suficiente para enxuizar a derradeira edición do principal certame encaixeiro a nivel mundial, a XXI Mostra do Encaixe de Camariñas, cómpre vislumbrar da man xenial do principal historiador do Concello, Antonio Puertas, cal era a situación do encaixe a comenzos do século XX. Anos nos que outras terras portaban o estandarte da arte encaixeira polo resto do planeta mentras Camariñas, o único e auténtico berce, languidecía nun triste abandono ata que un proxecto visionario, creado a principios dos anos 90 e co que a Vila das Palilleiras reconquistou no que non deixaba de ser un acto de xustiza histórica sen precedentes o seu lugar de predominio no ámbito do encaixe de bolillos, volvía resituar a situación nos seus xustos términos.
  • Antonio Puertas: O Cobre da Praia de Camariñas

    Nunca comprendín moi ben, como era posible que houbese semellante cantidade de cobre e de chumbo soterrado no limo e nas areas da nosa praia. Todos os raparigos acudíamos a diario á escaravellar cun sacho, pa conseguir uns anacos deses apreciados metais, que tanto nos tiñan valido, pa mercar unha entrada po cine Rialto. Non era posible que aquela riqueza, crecese por obra de maxia, nin que fose a caer do ceo, como maná milagreiro, como antano tiña caído, e alimentara ao pobo xudeu no seu peregrinar a través do deserto. Inda que, as veces, algún que outro avión ferido en combate, como ave abatida, fose un agasallo engadido, d´algúns gramos mais daquel desexado metal, que estaba á desequilibrar a balanza, en favor duns entusiastas vendedores.
  • Antonio Puertas: Homerrard Bound

    Antonio Puertas arranca do pasado histórico de Camariñas outro impresionante relato

    A relación que existía entre Camariñas e un nación de tan grande vocación mariñeira como Noruega non se circunscribía como críamos ata o de agora ao matrimonio entre o camariñán Juan Manuel Pasantes Pérez e Camila Nilssen. Patria dalgúns dos máis intrépidos exploradores de rutas polares (Roald Amundsen, Fridtjof Nansen...), a Vila das Palilleiras foi honrada nun lonxano día do ano 1886 ca visita de tres arriscados mariños noruegos que, nunha ruta que mantivo en vilo ao mundo, partiran da austral e remota Natal (actual Sudáfrica) once meses antes nunha lixeira embarcación e sin máis axuda co arroxo e sabiduría mariñeira típicos dos homes da fría Escandinavia. Historiador oficial de camarinas.eu, Antonio Puertas bucea nos máis antigos arquivos históricos de Camariñas para brindarnos un relato maxistral que recolle un dos episodios máis descoñecidos do pasado da vila.
  • Antonio Puertas:Historias de Camariñas VI

    A partir dunhas sinxelas cartillas de racionamento do ano 1939, Antonio Puertas compoñe un maxistral relato acerca dos anos da posguerra en Camariñas. Tempos duros, anos da fame, de odios e rencores, de falanxistas e requetés, de boinas bermellas e camisas azuis, dunha escasez xa esquencida, que non empezou a ser lembrada como un mal soño do pasado ata a aprobación polo Goberno do Xeneral Franco do Plan de Estabilización Económica de 1958, base do futuro miragre económico español. Cronista oficial de camarinas.eu e posuidor duns documentos dun valor histórico invaluable, Antonio Puertas segue a deixar constancia do pasado remoto do Concello de Camariñas nunha nova serie de catro relatos que nos retrotraen, por temática, por argumento, por calidade, ao Neorrealismo italiano, cas súas películas maxistrais de Roberto Rosellini ou Vittorio de Sica ou ao cine español de posguerra ca súa perpetua galería de persoaxes de estómagos baleiros: Surcos (1951), Bienvenido Mister Marshall (1952), El Pisito (1958), Plácido (1961), El Verdugo (1963), etc... Relatos doutros tempos, relatos dos mesmos lugares.
  • Antonio Puertas: Historias de Camariñas V

    Hai xa un tempo que Antonio Puertas publicou no Libro de Familia de camarinas.eu un relato que causou especial impacto nos membros da redacción do medio de comunicación líder da Costa da Morte. Tratábase daquel que por calidade literaria, dominio da toponimia e da orografía, pola cuidadosa e exacta evocación de caracteres e persoalidades que xa non están con nos e pola perfecta recreación duns tempos idos, únicos, merecía ser publicada con tódolos honores na nosa portada. Un relato, ademáis que por temática e categoría non desmerecía en absoluto a calqueira dos incluidos nun dos libros máis importantes e trascendentes da historia da literatura: Relatos de un Cazador, publicado en 1852 polo gran mestre ruso Iván Turguéniev e decisivo, tras unha intensa e penosa lectura, na decisión do Zar Alejandro II de abolir en 1861 a servidumbre que asoballaba ao campesinado ruso a mans dos grandes señores. Así, para deixar constancia ante os medios culturais da Costa Atlántica do maior talento literario da mesma, porque constitúe un honor e un privilexio seguir engrosando a nosa sección de cultura con obras como a presente, procedemos a publicar, formando parte dunha colección de cinco contos, unha pequena xoia literaria: o relato de Antonio Puertas "Os Cazadores".
  • Quinta Antoloxia Poetica de Antonio Puertas

    ¡A horse! ¡My kingdom for a horse!

    camarinas.eu procede a publicar a quinta colección de versos do maior rapsoda da historia de Camariñas
    camarinas.eu procede a publicar a quinta colección de versos do maior rapsoda da historia de Camariñas

    ¡Un cabalo, o meu Reino por un cabalo! A semellanza da  célebre frase de "Ricardo III", o drama en cinco actos escrito por William Shakespeare cara o ano 1593, aquí en camarinas.eu estaríamos dispostos a cambiar todo o noso reinado cibernético na Costa Atlántica por unha soa das poesías do máis xenial bardo saído das entrañas de Camariñas. Odas como a adicada a Juan Camariñán, o maestro da prosa desgarrada e visceral; ao Mantido,  o constructor histórico da Vila dos Encaixes; ou aos diversos usuarios da web líder da Costa da Morte, versos plenos de talento lírico e evocador, no que Beldoña rinde culto á Camariñas da súa alma. Un Reino con todos os tesouros que encerra dentro nada é a cambio dun só verso de Antonio Puertas.

  • Antonio Puertas: Historias de Camariñas IV

    Si vivíramos nas verdes e apacibles campiñas inglesas e o noso usuario Beldoña fose súbdito da súa Maxestade a Reina Elisabeth II, sen dúbidas estaríamos ante un Cabaleiro do Imperio Británico: Sir Antonio Puertas, o auténtico gentleman de camarinas.eu. Ao longo destes meses dende que comenzou a súa prolífica e fértil carreira de redactor literario da web reina da Costa Atlántica, un regueiro de compañerismo, amistade e talento literario inundou  as páxinas de camarinas.eu. Por eso no que constitúe a súa Cuarta Colección de narrativa Breve con 12 contos publicados no Libro de Familia durante a primavera do 2009, queremos propoñer un brindis por Sir Antonio Puertas, o usuario máis caballeroso de camarinas.eu.  
  • Cuarta Antoloxia Poetica de Antonio Puertas

    Antonio Puertas, un talento innato tanto en prosa como en verso, en castelán ou en galego
    Antonio Puertas, un talento innato tanto en prosa como en verso, en castelán ou en galego

    Con estas novas 11 mostras do excepcional talento lírico de Antonio Puertas  que camarinas.eu procede a publicar na Cuarta Antoloxía poética da que é por dereito propio a maior sensación do panorama literario da Costa da Morte destes últimos anos son xa 30 os poemas que o ambivalente Beldoña foi colgando co puntillismo dun orfebre no noso Libro de Familia ao longo destes duros tempos... Once poemas máis que quedan para a historia de Camariñas e nos que Antonio Puertas deixa fluir o seu talento poético polas vías do lirismo e a concisión con certos repuntes meláncólicos, se ben atopa tempo para elaborar os seus típicos versos satíricos e humorísticos ("Javi", "El Entierro", "Darwin")  pero en todos eles, sempre, a paisaxe e a evocación de Camariñas como fío vector para versificar a añoranza dos días idos ou  a saudade pola lexanía do fogar amado.

  • Terceira Antoloxia Poetica: Beldoña, 2º posto nun Concurso nacional de Poesía

    Un poema adicado ao antigo Muiño do Vento encabeza a terceira Antoloxía poética de Antonio Puertas

    Un poema adicado ao antigo Muiño do Vento encabeza a terceira Antoloxía poética de Antonio Puertas

    Cun talento fora do común tanto para a poesía como para a prosa, dominando por igual galego e castelán, a maestría lírica do redactor literario de camarinas.eu ven agora de ser xustamente recoñecida por un xurado  da ámbito nacional con motivo do concurso de poesía organizado polo Centro Poético de Madrid, concedéndolle finalmente o 2º posto. E para homenaxear os éxitos do gran poeta de Camariñas, a web onde colabora Beldoña publica a súa Terceira colección de Poesía con sete novos poemas, onde destacan os adicados ao extinto e lexendario Muiño do Vento e a distintos usuarios de camarinas.eu. Con todos vos Antonio Puertas, un luxo dotado dun talento inconmensurable que se está a extender por toda España.

  • Historias de Camarinas: 3ª Coleccion de Narrativa breve

    "For a few dollars more" foi un lexendario spaguetti-western rodado en 1965 polo mestre italiano Sergio Leone en Almería, e aínda que en España foi traducido como "La muerte tenía un precio", literalmente significaría "Por un puñado de dólares más". Por un puñado máis de relatos de Antonio Puertas en camarinas.eu estaríamos dispostos a dar a luna e o sol con todos os seus habitantes intergalácticos. O caso é que un dos seus brilantes contos ambientado no extinto "Cine Rialto" trouxo á nosa mente todas aquelas películas de indios e vaqueros de orzamentos máis que limitados e guións un tanto ridículos que se exhibían tan a menudo no destartalado Cine do Campo. Catro novas evocacións literarias da Camariñas que fui da man do redactor literario de camarinas.eu.
  • Antonio Puertas, cumpreanos dunha eminencia de Camarinas.eu

    Antonio Puertas, o literato máis talentoso de camarinas.eu, cumpre anos por primeira vez na nosa web

    Pois estamos de noraboa en camarinas.eu xa que unha das persoas que axuda cos seus artículos a que esta nosa Vila de Camariñas teña a mellor web de toda a costa atlántica está de cumpreanos: Beldoña, o bardo camariñán, o poeta perdido de Camariñas que se reencontrou co seu pobo e ca súa xente neste humilde recuncho do ciberespacio que é camarinas.eu
  • Segunda Antoloxia Poetica de Antonio Puertas

    Catro novas poesías do noso usuario Beldoña

    Na Segunda edición da súa Antoloxía Poética, Beldoña recorda a súa casa de Camariñas
    Na Segunda edición da súa Antoloxía Poética, Beldoña recorda a súa casa de Camariñas

    No mesmo día no que esta redacción tiña coñecemento de que unha das poesías de Antonio Puertas recollidas na Primeira Antoloxía Poética deste talentoso usuario de camarinas.eu ("Las Mujeres de mi pueblo") e publicada o 19 de novembro de 2008 na nosa sección de Cultura, foi elexida para participar na semifinal do certame para poesías de fala hispana a nivel mundial convocado polo Centro de Estudios Poéticos de Madrid, procedemos a editar o Segundo Volumen da colección de poemas do noso usuario Beldoña, tal e como é coñecido na web ca sección cultural máis amplia e completa da Costa da Morte. Por outra parte, teremos que esperar a febreiro para saber si o poema adicado ás fermosas e intelixentes mulleres da Vila dos Encaixes chega á final do referido certame literario. ¡¡Suerte, Antonio!!

  • Historias de Camariñas: 2ª Coleccion de Narrativa breve

    Procedemos a publicar a segunda colección de narrativa breve do noso usuario Antonio Puertas (máis coñecido en camarinas.eu como Beldoña) con catro relatos de excepcional calidade literaria onde chega a desentrañar a verdadeira orixe do descubridor das Américas, relata historias de bicos furtivos que deron nome á desaparecida Praia do Bico, explícanos o significado dunha expresión tan camariñana como "cajar o kilo"  ou fálanos daquelas extintas épocas nas que a Vila dos Encaixes se caracterizaba por posuir unha alta tasa de mortalidade infantil. Antonio Puertas, o narrador dun tempo ido, volve a dar outra lección de talento narrativo con catro novas xoias literarias.
  • Historias de Camariñas: unha coleccion de relatos de Antonio Puertas "Beldoña"

    Unha vez publicada a súa Antoloxía Poética, camarinas.eu procede a editar a colección dos cinco mellores relatos breves publicados polo noso usuario Antonio Puertas (Beldoña) no Libro de Visitas da web máis vista con diferencia da Costa da Morte. Si os contos de Juan Camariñán, ca súa mezcla de humor amargo, pesimismo e brutalidade recordan a Antón Chéjov, os de Antonio pola súa rememoranza dos tempos idos, das vellas costumes e tradicións, parecen acercarse máis a Iván Bunin, o primer Premio Nobel da Literatura rusa, que dende o seu exilio francés escribía sobre os vellos tempos da Rusia dos terratenientes vidos a menos, da nobleza rural que se extinguía, unhas épocas sepultadas pola historia, unhas épocas que non volverían. Xusto como as dos relatos de Antonio Beldoña.
  • Primeira Antoloxia Poetica de Antonio Puertas "Beldoña"

    Camarinas.eu, a web que máis tempo e recursos adica á cultura na Costa da Morte, inicia a colaboración co noso talentoso e lírico usuario Antonio Puertas, un camariñán de vella estirpe, ca Antoloxía das oito mellores poesías que o mesmo publicou no Libro de Visitas nestes ultimos tempos. Dotado dun talento literario innato tanto para a poesia como para a prosa, ao longo dos vindeiros meses nunha sección propia veremos desfilar as mellores poesías e relatos breves da nova aposta cultural de camarinas.eu, que unidos aos contos inagualables de Juan Camariñán, o outro xigante da literatura dialectal en galego deste Bloque Occidental, farán da nosa unha das mellores seccións culturais de Galicia.