• A Comisión do Carme organiza unha Andaina dende Camelle ata Camariñas

    A comisión de veciños encargada da organización da Festa do Carmen de Camariñas encara o inicio deste novo ano cunha chea de proxectos e actividades das que iremos dando boa conta aquí nesta web. Entre todas elas procedemos a publicar o anuncio dunha nova Andaina do Carmen pola costa de Camariñas que se celebrará o próximo domingo 27 de xaneiro e que dará comezo na Casa do Alemán en Camelle rematando na Casa de Pedra de Camariñas. Nesta nova edición destas exitosas andaindas, ademáis de coidar a saúde facendo deporte, terás a oportunidade de colaborar na recaudación de fondos para o Carmen 2019. O punto de chegada e lugar de recepción de participantes é a Casa de Pedra sendo a hora de saída do Museo de Man ás 10 horas. Habilitarase un punto de concentración na Casa de Pedra ás 9:30 para todos aqueles que non dispoñan de coche para ir pola súa conta ata Camelle. Os interesados en participar nesta andaina poden facelo chamando ao teléfono de contacto 646 94 22 95 onde os informarán de todos os detalles da actividade. Compre destacar que despois de ter rematada esta intensa camiñata todos os asistentes veranse recompensados cunha espectacular churrascada ofrecida pola comisión de festas do carmen. Todo elo se poderá desfrutar o día 29 de xaneiro de 2019 polo módico prezo de 15 euros. Nos alí estaremos.
  • 1ª Edición da Andaina Solidaria de Camariñas NordesFitness

    Este festivo 6 de decembro de 2017 celebrarase a primeira edición da Andaina Solidaria que organiza a empresa camariñana de saúde e tempo libre NordesFitness. Cóntanos o noso amigo Luis Rodríguez Luaces, xerente en xefe da devandita empresa que parte da recaudación do evento irá destinada á delegación da Asociación Española Contra o Cancro de Camariñas. Entre os patrocinadores da primeira edición deste evento solidario encontramos a colaboración desinteresada de, entre outros, a organización da Mostra do Encaixe de Camariñas. Sandra Ínsua, a concelleira delegada da mostra, explícounos que sempre está entre as funcións da mostra a de colaborar na medida do posible cos eventos deportivos e sociales, sobretodo os solidarios, que se organizan dentro do ámbito territorial do Concello de Camariñas. Algo que, por outra parte, ven sendo habiltual dende os derradeiros anos e que enaltece moito máis a función da Mostra do Encaixe.