• Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?

    A Costa da Morte é un territorio que agocha as principais sinais identitarias de Galicia. Nela están xacementos que amosan a pegada humana dende milenios, como o dolmen de Dombate. Fisterra é un fito xeográfico que identifica ao territorio dende fai milenios. No monte Pindo teñen a súa morada os deuses primitivos dos homes e mulleres que poboaron estas terras dende a orixe da propia humanidade. Eduardo Pondal, autor do noso himno, nace e imprégnase dun xeito de entender Galicia e o mundo porque é orixinario de Ponteceso, en pleno corazón da Costa da Morte. As simbioses entre os deuses antigos e a nova fe cristiá atopa a súa máxima expresión na romaría da Barca. Ningunha artesanía identifica mellor a Galicia cos encaixes de Camariñas... E, sen embargo, existe unha especie de fobia por parte da Xunta de Galicia cara a Costa da Morte que se amosa en canto ten ocasión.
  • Porto de Camariñas: A Gran Mentira do 2011

    Non queríamos aquí en camarinas.eu rematar o ano que recén acaba sen deixar constancia ante a posteridade do que foi posiblemente o maior engano de toda a historia do Concello de Camariñas, a mentira máis ignominiosa, vergoñante e desvergonzada en todo o acontecer histórico destas benditas terras.  Os seus protagonistas: o agora defenestrado ex-Presidente de Portos de Galicia José Manuel Álvarez-Campana e toda a súa cuadrilla local, sen dúbidas sabedores do engano masivo que se perpetraba o día 10 de abril de 2010 contra as xentes de Camariñas, día que todos lembramos como o da presentación por todo o alto, TVG incluida, na Cofradía de Pescadores do así chamado rimbombantemente "Programa de Actuacións 2010-2014. Camariñas Século XXI", o conxunto de sete actuacións destinadas a cambiar o borde portuario da Vila das Palilleiras para sempre e que estaban orzamentadas inicialmente en 11,2 millóns de euros.
  • Programa de Actuacións 2010-2014. Camariñas Século XXI

    O día 10 de abril de 2010 pasará á historia da Vila de Camariñas con letras de ouro. Posiblemente, un dos días máis importantes da súa historia, senón o máis importante. Asesmesmo o día que acabou ca lenda negra de que os gobernos populares na Xunta de Galicia non invertían no Concello de Camariñas. Porque a impresionante batería de investimentos que na soleada e radiante mañán deste primaveral sábado de abril foi presentada na Lonxa Nova da Vila dos Encaixes deixará obras por un valor  nunca antes visto, 11,2 millóns de euros, a inversión máis grande acometida por goberno algún na historia do Concello, e dotará a Camariñas dunhas impresionantes instalacións pesqueiras e náutico-recreativas culminando asemesmo o acondicionamento do borde marítimo ca construcción da fase do Paseo Marítimo que vai dende o Canzorro ata a Punta da Carnicería. O principal responsable deste milagro inversor que en tres anos revolucionará a nosa vila: Jose Manuel Álvarez-Campana, Presidente de Puertos de Galicia.
  • Visita do Presidente de Portos de Galicia a Camariñas

    O flamante novo director do ente público Portos de Galicia, José Manuel Alvarez-Campana Gallo, levou a cabo este venres 18 de maio unha visita bastante completa a Camariñas. Así, pasadas as 20:30 tomou parte no mitin que enmarcado dentro das eleccións ao Parlamento Europeo do 7 de xuño celebrou o Partido Popular na Casa de Pedra (e no que sorprendío a presencia dalgún que outro veciño da nosa vila), para unha vez rematado este e tras un breve intervalo no céntrico Restaurante Villa de Oro, desprazarse a cenar ata o Club Náutico de Camariñas inivitado pola directiva do mesmo. Pulsa na  imaxe para ver unha galería fotográfica da visita do Presidente de Portos.