• O Concello de Camariñas renova 102 luminarias na parroquia de Xaviña para mellorar a eficiencia enerxética

    Finalizan os traballos de renovación dun total de 102 luminarias nos núcleos da Grela, Tasaraño e Costa, na parroquia de Xaviña. Unha actuación valorada en 33.068,61 euros que está financiada polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia. Hoxe tivo lugar a recepción de obra por parte do Concello de Camariñas, á que asistiron a alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Urbanismo, Juan Carlos Canosa e o concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Caamaño.