• Fitur: Feijoó desprecia á Costa da Morte

    Tan só tres días despois de que falecera en Dor Dona Josefina Rodríguez Cibrán, a Matriarca das puntilleiras de Camariñas, o Encaixe de Bolillos sufría un menosprecio e humillación díficil de entender e duro de superar. O mesmísimo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó perpetraba na Feira Internacional de Turismo (FITUR) unha ultraxe a Camariñas, ao seu encaixe e por extensión a toda a Costa da Morte que será difícil de olvidar por estes lares. Segundo conta a edición de hoxe de La Voz de Galicia en Carballo e que puido corroborar Camarinas.eu en conversa co alcalde camariñán Pichurri, o Presidente da Xunta renegou de forma escandalosa da Costa da Morte, rexeitando reiteradamente visitar o stand que agrupa aos concellos deste cada vez máis olvidado recuncho atlántico, esto incluso despois de que lle pedira en persoa o propio alcalde camariñán para que se achegase por alí e comprobase o traballo das dúas palilleiras camariñanas. Este foi todo o respeto que lle mereceu ao home que supostamente preside a todos os galegos o primeiro stand en toda a historia de FITUR de todos os concellos da Costa da Morte. O único territorio de Galicia no que o PP non é  gran forza política hexemónica e no que mantén paradas sine die inversións e infraestructuras vitais de necesidade (que imos decir xa da autovía).
  • Carta Aberta de Moncho de Dios a Núñez Feijoó pola Autovía da Costa da Morte

    No mesmo día que a Asociación Neria, expoliada por unha Diputación Provincial que prefire adxudicar contratos a empresas okupas amigas, solicita públicamente ao Presidente da Xunta unha entrevista para aclarar o estado real da situación da autovía da Costa da Morte, Camarinas.eu precede a publicar unha carta aberta a Núñez Feijoó escrita por un dos afiliados que máis decisivamente contribuiron a edificar o Partido Popular nesta franxa atlántica. Ramón Dios Carril, militante histórico do PP de Camariñas, colaborador habitual de Camarinas.eu, persoalidade independente e insobornable, diríxese en persoa, ca súa firma por diante, ao presidente autonómico para esixirlle unha solución á obra que paraliza o desenrolo futuro de toda a Costa da Morte. Unha inversión moribunda e finiquitada, sen datas previstas para a súa continuación, que esta redacción visitaba no mes de maio do exercicio en curso e atestiguaba a imaxe dantesca, fantasmal e ruinosa que ofrecía o seu trazado dende unha aldea en Vimianzo ata o cruce de Suxo. Ante este estado de cousas Moncho de Dios eríxese no único dos afiliados populares camariñáns que esixe respostas ao seu presidente. O último home libre.
  • Feijoo e Rueda visitan La Quintana

    Ese pequeno anaco de Concello de Camariñas, máis concretamente de Xaviña, enclavado en pleno corazón de Santiago de Compostela chamado Café La Quintana recibía na noite deste mércores 24 de outubro de 2012 unha visita moi especial. Nin máis nin menos que o home que ven de barrer nas Eleccións Autonómicas, o Presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo e o seu segundo no goberno galego e Conselleiro da Presidencia Alfonso Rueda visitaban este emblemático local compostelán rexido dende hai máis de un ano e medio con abrumador éxito de público polo noso querido amigo Félix García Insua e o seu irmán, o abogado e Secretario do Club Náutico de Camariñas, Manuel Ángel.
  • O Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoó en Camariñas

    Estaba desperdigada a redacción de camarinas.eu na tarde do sábado 4 de xullo de 2009, cubrindo o director un bautizo e exercendo por un día o comodoro as súas vitais e nunca ben ponderadas funcións nas instalacións do Club Náutico, cando a chamada dun dos nosos moitos usuarios alertaba que no Paseo Marítimo camariñán, frente á tenda de encaixe de Jola, estaba repartindo abrazos e apretóns de mans a diestro e siniestro nin máis nin menos que Alberto Núñez Feijoó, o Presidente da Xunta de Galicia.