• Concesión da Bandeira Azul ao CNC

    As boas novas comenzan a chegar pouco a pouco ao Club Náutico de Camariñas. Fruto do esforzo sen precedentes levado a cabo pola súa Xunta Directiva durante os derradeiros meses, facendo frente á maior adversidade que endexamáis tivo que encarar unha institución náutica galega, na mañán deste xa histórico mércores 6 de xuño de 2012 acabamos de saber que a Fundación Europea de Educación Ambiental (FEE) ven de conceder ao Porto Deportivo do CNC a Bandeira Azul. A decisión facíase pública en conferencia de prensa desenrolada na sede da Organización Mundial do Turismo en Madrid, premiando deste xeito o carácter modélico de xestión que caracterizou dende o primeiro día a andaina da actual Xunta Directiva e supoñendo a primeira Bandeira Azul que se concede en toda a historia ao Concello de Camariñas: nunca antes unha praia camariñana obtivera tal distinción.
  • O Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoó en Camariñas

    Estaba desperdigada a redacción de camarinas.eu na tarde do sábado 4 de xullo de 2009, cubrindo o director un bautizo e exercendo por un día o comodoro as súas vitais e nunca ben ponderadas funcións nas instalacións do Club Náutico, cando a chamada dun dos nosos moitos usuarios alertaba que no Paseo Marítimo camariñán, frente á tenda de encaixe de Jola, estaba repartindo abrazos e apretóns de mans a diestro e siniestro nin máis nin menos que Alberto Núñez Feijoó, o Presidente da Xunta de Galicia.