• Camariñas aposta polas enerxías limpas nas instalacións deportivas

    O concello de Camariñas foi pioneiro na instalación no seu territorio de proxectos innovadores e pioneiros en materia de enerxías limpas. O parque eólico de Cabo Vilán foi o segundo parque desta natureza instalado en España e, a parte de producir enerxía eléctrica limpa, serviu para investigar e experimentar melloras espectaculares no campo da produción de enerxía procedente do vento. Hoxe Camariñas da un paso mais alá e dota a dúas instalacións deportivas emblemáticas do concello de paneis solares que suporán un grande aforro na factura eléctrica e contribuirán a frear o cambio climático que hoxe xa ninguén cuestiona.
  • Continúa a cruzada polo medio ambiente e o aforro enerxético do Concello de Camariñas

    A Xunta de Goberno do Concello de Camariñas ven de adxudicar a substitución de luminarias e a instalación doutras novas en varios puntos do concello por outras moito máis eficientes, mais económicas e menos contaminantes. En concreto son 105 luminarias novas, de tecnoloxía LED, que van a supoñer un aforro con respecto as actuais do 80.3%. En términos medioambientais esta mellora significa unha redución do consumo en 64,520 KWH, e a redución de CO2 á atmósfera en preto de cuarenta e dúas mil toneladas. Xeograficamente estas luminarias serán instaladas 68 nás rúas Rampa, Castelo, Tomás Artaza, O Bico, Atalaia, Churruca, Curro Santa Ana e Portocelo, da capital municipal. En Xarás, A Ponte do Porto, instalaranse 20, e as 17 restantes instalaranse en Prado, na parroquia de Xaviña. Continúa deste xeito o programa do concello de disminuir o consumo de enerxía eléctrica e, polo tanto, a cuantiosa factura da luz que pagamos polo alumeado público verase reducida significativamente.