• Este sábado Danza Rosa en Camariñas para conmemorar o Día contra o Cancro de Mama

    Mañana, sábado 20 de octubre, ás 17 horas o Concello de Camariñas levará a cabo a súa ‘Danza Rosa’ en colaboración coa xunta local da Asociación Española Contra o Cancro para conmemorar o Día Internacional Contra o Cancro de Mama. As persoas participantes irán vestidas de rosa e a acción será silenciosa como homenaxe á traballadora municipal recéntemente falecida, Raquel Moreira.
  • El gran diseñador Javier Barrio dona dos vestidos exclusivos a la Asociación Contra el Cáncer de Camariñas

    El diseñador pontevedrés de alta costura Javier Barrio colaborará con la Asociación Contra el Cáncer de Camariñas donando dos vestidos exclusivos para la cena benéfica que se celebrará el 13 de mayo en la localidad. El diseñador quiere aportar su grano de area para ayudar a luchar contra esta grave enfermedad que él mismo sufrió hace unos años. En el 2000, con sólo 26 años, le diagnosticaron un cáncer, y los médicos que pronosticaban entre uno y dos años de vida. Su madre había muerto cuatro años antes como consecuencia de la misma enfermedad.
  • Cartel da Cena Solidaria da Xunta Local da AECC de Camariñas

    Un ano máis chega o principal acontecemento social do ano no Concello de Camariñas. Aquel que congrega a maior muchedumbre, aquel ao que acudirán as principais persoalidades da nosa terra, aquela en definitiva que ten un mellor obxectivo e sirve á máis benéfica das causas. Faino con novidades, nesta edición ese gran equipo solidario capitaneado por Pilar Insua confeccionou un atractivo cartel que como nos seus mellores tempos volta a un Pavillón Polideportivo do Areal que sen dúbidas reventará de camariñáns ansiosos de aportar o seu gran de area na loita titánica, constante e esforzada contra o que é o gran mal do noso tempo. A cita terá lugar o sábado 9 de maio a partires das 22:00 horas e contará ca axuda das administracións públicas representadas neste caso polo Concello de Camariñas. Unha cita, en definitiva á que ninguén que teña corazón no corpo e intelixencia na cabeza pode faltar, porque nesta batalla todos nos xogamos a vida, a propia ou a de calquer ser querido. Sábado 9 de maio de 2015, Pavillón Polideportivo do Areal, onde hai que estar.
  • O CNC colabora na loita contra o cancro

    A poucos días de que se cumpriran tres meses exactos de ocupación ilegal das súas instalacións, o Club Náutico de Camariñas fixo entrega dunha subvención de 200,00 euros á Asociación Española Contra o Cancro. Foi no acto de inauguración da XXII Mostra do Encaixe cando o Comodoro Ignacio Martínez Mañas e o Secretario Manuel Ángel García Insua en nome do CNC facían entrega á Pilar Insua, Presidenta da sección camariñana da AECC, do donativo, o cal non deixa de ter o seu mérito considerando o enorme quebranto económico que verse privado das súas instalacións supón para o CNC.  A pesares de sufrir o ataque máis brutal perpetrado en toda a historia contra un club náutico galego, a Directiva continúa a desenvolver na medida das súas posibilidades as funcións encomendadas pola súa maioría social: tomando decisións e levando a cabo novas xestións que redunden no beneficio colectivo da institución náutica decana da Costa da Morte. Tratan deste xeito de facer frente a unha desgracia inimaxinable non hai moito tempo, a de que os principais responsables en Camariñas do partido político que actualmente goberna en cáseque tódolos niveis administrativos en España, apoiándose no seu poder político, puxeran ao CNC como obxectivo das súas pretensións privadas.