• Destrozos dun vehículo pesado nun solar de Camariñas

    Na tarde deste venres 7 de decembro o veciño de Camariñas Ramón Antelo recibía a noticia de que un vehículo non identificado realizara unha serie de destrozos nunha das súas fincas. Concretamente tratábase dun solar duns 2000 metros cuadrádos situado no lugar do Río da Reja. Ata alí desprazouse este veciño e ao chegar alí pudo comprobar o estado desastroso en que se atopaba o muro que cercaba a súa propiedade. Obra seguramente dun vehículo bastante pesado que probablemente se deu á fuga. O dono da finca  trasladou os feitos ata a Policía Local de Camariñas para que abrise dilixencias ao respecto aínda que será moi difícil, por non dicir imposible, dar co responsable do desastre se non existe ningunha testemuña presencial según o axente de dito corpo armado. O dono da finca pide a colaboración cidadán para a pronta resolución do caso.