Onte, 15 de Febreiro, foi a estrea da oitava entrega do “Eu Son Camariñas” o programa de carácter municipal que da visibilidade aos habitantes máis senlleiros do Concello de Camariñas. Desta volta o protagonista foi Juan Manuel Cabrejo Pasantes exfútbolista profesional e actual director da escola de fútbol do Concello de Camariñas.
Coñecido como "O Mago de Corea”, Juan Cabrejo percorreu diversos puntos de España a desenvolver a súa paixón polo deporte rei que agora narra coa perspectiva dos anos nesta entrevista. Anécdotas, curiosidades, momentos duros e aqueles máis felices vense reflexados nas súas palabras durante a primeira parte desta entrevista, para centrarse nunha segunda metade na súa volta e o novo proxecto que está a liderar: unha escola de fútbol na súa vila nata, Camariñas.
https://eusoncamarinas.es/entrevistas-esc/juan-cabrejo-director-escola-futbol-concello-camarinas/