Remarcando o carácter independiente, obxectivo e imparcial que define a camarinas.eu, os redactores do principal diario on-line camariñán elexiron para a segunda entrevista da sección de análise "Claves" ó Presidente do PP de Camariñas, Daniel Rego González. O líder da oposición municipal pasou revista a actualidade política do Concello de Camariñas nunhas explosivas e contundentes declaracións, nas que ademáis de axustar contas co anterior alcalde, Juan Bautista Santos Ramos, deixa clara a súa vontade de permanecer como líder dos populares Camariñáns ó menos catro anos máis.

"En catro anos veredes a Daniel Rego como Alcalde do Concello de Camariñas"

Cordial, amable, sempre elegante, así encontraron os redactores de camarinas.eu a Daniel Rego González, Presidente do PP de Camariñas e líder da oposición municipal na sede do PP Camariñán, sita na avenida da Coruña numero 45.

Daniel na sede do PP
Daniel na sede do PP

Era a radiante e soleada mañá do 31 de agosto de 2007, Festividade de San Ramón Nonato. Pola rúa a banda entoaba castizos pasodobres que levaban a ledicia ao corazón das boas xentes de Camariñas, as tradicionais e insustituibles bombas de palenque explotaban con estrépito nun ceo virxinal, que o vento do nordeste limpiara de manchas grises, e o sol, compañeiro inseparable de camarinas.eu nas súas entrevistas, irradiaba de luz ese conxunto urbano que chamamos Camariñas. Un Daniel Rego, en parte ferido, quixo deixar as cousas claras dende un primer momento:

¿Como se sinte agora, cal e o seu estado personal?
Coma sempre, optimista e contento. Queria especialmente darvos as grazas por darme a posibilidade de expresarme no voso diario e non cabe dubida, felicitar ao partido socialista.
Sabes que sempre terás as portas de camarinas.eu abertas.¿Esperabas uns resultados tan negativos?
Os resultados do PP en Camariñas foron, en votos, os millores acadados dende o ano 82. No obstante tamén foron os mellores resutados do PSOE.
Tendo en conta resultados anteriores onde o PP ganaba con solvencia na parroquia de Camariñas, esta vez ¿fixéstedes mal as cousas?
Polo meu espirito loitador non quero mirar ao pasado pero temos que ver que foi o que ocorreu para que a xente non confiara en nos.

Momento da entrevista
Momento da entrevista

¿A tripulacion era adecuada?
A xente era a adecuada, o que eu dudo era si eu sería o adecuado para levar adiante este proxecto polo sanbenito que me puxeron e co que me machacaron constantemente de que non son de Camariñas, e eu podo dicirche que von a seguir traballando por Camariñas dentro da oposición e que sempre fun de Camariñas aínda que algúns queiran mostrarme coma un extranxeiro.
¿Por que entra en politica Daniel Rego?
Debido á mocion de censura de Ruperto, naquela época había un pacto a nivel nacional entre PP e PSOE contra o transfuguismo, entón foi a Dirección do PP Galego quen me pedíu persoalmente que arreglara o tema en Camariñas. Elíxenme para presidente da xestora de Camariñas e posteriormente candidato a alcaldía.
¿Veremos algun día un alcalde de dereitas en Camariñas?
A xente de camariñas sempre foi socialista. Eu non me creo nin de dereitas nin de esquerdas. Eu son de centro-reformista e demócrata-cristiano moderno, ideoloxía na que teñen cabida múltiples sensibilidades. O "baile da yenka" xa non está de moda, esquerda-dereita, pero sí podo dicirche claramente unha cousa: para as próximas eleccións sí verás a Daniel Rego de alcalde de camariñas.
Acúsase a algúns membros do pp de absentismo do pueblo. ¿Non estades todo o que deberíades no pobo?
Eso de que non se viva no pueblo é subjetivo . Hoxe, analizar os problemas socio económicos de Camariñas non se fai só estando no pobo. Sí hai que estar no pobo para ver as súas necesidades reales, pero a xente do PP de camariñas ten un gran equipo e os problemas de Camariñas solucionanse en equipo, uns dende dentro e outros dende fóra.
¿Como será a oposición do PP nesta lexislatura?
Totalmente constructiva para todo o que o goberno faga para ben do Concello de Camariñas. Agora, tanto en control coma en fiscalización vai a ser moi esixente coa xente que goberna.

Daniel Rego González
Daniel Rego González

¿Notas algún cambio nos primeiros días de Pichurri respecto do anterior alcalde?
Non é a nosa intención criticar todo, de momento aínda non se sabe como gobernará. É moi cedo para facer unha valoración.
¿Cal é a valoración en conxunto do traballo do anterior alcalde?
Unha persoa totalmente acomodada a un puesto. O que non se pode facer  é entrar no concello as dez da mañá, saír a unha e as tres estar xogando no casino ao dominó e pasar ali toda a tarde. Un alcalde ten que estar traballando as 24 horas do día os 365 días do ano, senón ahí tes o que fixo ca depuradora.

En este punto Daniel Rego tómase un respiro e bebe un grolo de auga e o redactor de camarinas.eu non pode evitar pensar, abraiado, no seu parecido físico e xestual (característica típica de toda a familia Rego) con dous dos seus sobriños: Juan José e Pablo Rego, agora nas Baleares, grandes amigos, amigos da alma, de tódolos redactores que participan na principal web de Camariñas. Unha vez esgotada a pausa, camarinas.eu volve á carga:

¿Desaproveitou o PP os ultimos anos do mandato de Bautista e sobre todo o tema do PXOM para facerlle máis dano ao PSOE?
Polos principios de dignidade que eu tiña xamáis o faría. Eu díxenlle a Bautista no seu momento que fixera dunha vez o PXOM e que a culpa dos males deste llos puxera a Daniel Rego e despois él que gañara as eleccións. Iso díxenllo con testigos diante (Director Xeral de Urbanismo, Ruperto, etc..)
¿Que opinas da desaparición de históricos do socialismo camariñan como Alonso ou Bautista??
A miña premisa é non meterme nunca na casa dos demáis, o único que lle pido ao PSOE e que solucionen os seus problemas e que se centren na melloría do pobo.
¿Cales son os principais eixos  que deberían impulsar o crecemento do Concello de Camariñas?
Pesca, marisqueo, actividades derivadas da pesca: conservera, comercialización do pulpo, por suposto turismo, facer un plan para a atracción de xente cara o noso concello. Artesania como un valor engadido. Ademáis, o sector importantísimo da construcción que tanto traballo da á moitos camariñáns, pero, volvemos ao plan urbanístico.
¿Vai o PP a apoiar a elaboración do PXOM, ¿e necesario partir de cero no urbanismo?
O PXOM é un documento ao que non hai que terlle medo. Teño que decir que nunca o vin porque non mo enseñaron. o mais importante é que o apoien os cidadans por eso hai que enseñarllo e explicarllo á xente de todo o concello. En definitiva, facer pedagoxía.
¿Deberían atraerse hacia camariñas inversións de grandes empresas?
Se non hai solo industrial dificilmente vai a vir aqui ningunha empresa. Estamos manexando un estudo que di que camariñas ten sólo 6 empresas principais que facturan un total de 15 millóns de  euros ao ano. Temos que atraer máis empresas, e eu teño datos de empresas que queren vir a traballar a Camariñas.

Daniel Rego conversando con Diego Alonso
Daniel Rego conversando con Diego Alonso

Hai un estudo da Xunta que dí que Camariñas será o motor económico da Costa da Morte. ¿Que opinas disto?
É fume, só é papel mollado. Eu non vin ese estudo pero podo dicirche obxectivamente que "non creo en paxariños preñados". Non podemos falar disto cando Vimianzo está a facer un polígono industrial inmenso, ten un P.A.C. que tiña que estar en Camariñas e o pobo o demandaba, un centro da 3ª idade, por Vimianzo vai a pasar a autopista da Costa da Morte, todos estes datos son preocupantes para Camariñas e desminten esas palabras do alcalde e ese papel. Respecto ó PAC engado: unha empresa de 2000 empleados coma citroen ten que ter asistencia medica 24 horas ao día, sen embargo o Concello de Camariñas con 7000 habitantes non a ten. Esta é a realidade.
¿Que se pode facer para loitar contra a droga en Camariñas?
A droga é un problema co que se loita metendo máis medios materiais e humáns. O que eu faría sería falar xa co delegado do goberno para ter, permanentemente 15 guardias civís con base en Camariñas. Camariñas é unha península, polo tanto a droga sólo ten un camiño de entrada e ahí e donde hai que actuar.
¿Que opina da actual situción da casa de Man?
¿Por que crees que Camelle confiou no pp desde sempre? Temos claro o que hai que facer co Museo de Man. Ese museo ten que revertir no noso concello. Temos que facer un plan para restauralo e protexelo. ¿Crear unha fundación? O PSOE nunca creeu en fundacións. Non sei para que se fai cando o Concello ten o poder e os medios para desarrollar un plan para restaurar e conservar o legado de Man. Fixeron a Casa da Cultura de Camelle: un insulto para Camelle, este pobo non merecía que se afeara a súa fachada marítima desta maneira, unha fachada que sempre me encantou. Un insulto arquitectónico para Camelle.
¿Como che gustaría que che recordasen?
Que non me recordaran. Simplemente pásase por esta vida. Os que crean que fun mala persona que o sigan pensando o que sí podo decirche é que non foi a miña intención.

O detalle de camarinas.eu

Entrega do agasallo de camarinas.eu
Entrega do agasallo de camarinas.eu

Rematada a entrevista, camarinas.eu fíxolle entrega a Daniel Rego dunha fermosa vista panorámica do Faro Vilán de 35cm de alto por 75 de ancho, para que teña sempre presente ao noso Concello alá onde se encontre. Despois, ledo, tranquilo, ca conciencia do deber cumprido, sempre elegante,marchou cara a Santiago de Compostela onde ten a súa empresa, ademáis, non quixo asistir á súa festa querida de San Ramón por respeto hacia súa nai "Teresita" (respeto ao que aquí se suma camarinas.eu dándolle o seu máis sincero pésame) que finou hai uns meses. Nós, marchabamos raudos a redactar para a opinión pública camariñá esta entrevista. Xa habería tempo de pasalo ben: quedábanos por diante todo o día da festividade de San Ramón Nonato de 2007.

Saúdo de Daniel Rego a todos as persoas do Concello de Camariñas

 

Á vista das declaracións do Presidente do PP Camariñán Daniel Rego González camarinas.eu emplaza dende aquí a Juan Bautista Santos Ramos, anterior Alcalde de Camariñas, para ser entrevistado na sección "Claves" a próxima semana. A invitación queda cursada.

En camarinas.eu creemos que tí como usuario desta web e cidadán do Concello de Camariñas tes que participar no debate para o desenrolo social e económico do noso Concello. Pensamos que isto é fundamental. Para elo tes dispoñible os comentarios nestas entrevistas nos que podes opinar, criticar, propoñer, en definitiva participar no debate xeral de Camariñas. Anímate e fai que che oian. Camarinas.eu dache a oportunidade.

Engadir un comentario