3.6171875 1 1 1 1 1 Rating 3.62 (128 Votes)
Soto pasa revista ao proceso de compra do Castelo e aclara dúbidas sobre o destino que lle ten preparado

Soto pasa revista ao proceso de compra do Castelo e aclara dúbidas sobre o destino que lle ten preparado

Nestes últimos tempos cobrou actualidade na Vila de Camariñas un tema que levaba soterrado máis de cincuenta anos. Soterrado baixo ducias de toneladas de escombros que se foron depositando sucesivamente durante anos no seu recinto. Estamos a falar do Castelo do Soberano, a fortaleza militar construida en tempos do Rei Carlos III e que un día aciago o mesmo pobo camariñán decidío demoler para construir un porto máis seguro. Fortaleza que ven de ser adquirida por un sinxelo veciño da vila, hosteleiro de profesión e vello coñecedor do mundo da restauración de casas antigas, Juan José González Soto,  que é obxecto dunha longa entrevista en profundidade en Claves, a sección de camarinas.eu de análise da realidade política, económica e social do Concello de Camariñas.

"Sei que o Castillo é unha parte imprescindible da historia de Camariñas, por eso é miña obriga moral ter informado ao pobo do que acontezca con el"

A recente compra do Castelo por parte de Soto fixo cobrar nova vida ao que ata agora era un morto viviente
A recente compra do Castelo por parte de Soto fixo cobrar nova vida ao que ata agora era un morto viviente
Seiscentos anos despois, o recordo dunha derrota nun campo de batalla, a do Campo dos Mirlos (Kosovo Polie) frente ao Imperio Turco, servío para activar fatalmente en 1989 o nacionalismo serbio e embarcalo nun proxecto suicida que o levou a perder unha serie de guerras sucesivas e conseguir o desmembramento final da nación. O eterno e maléfico sentimento de infancia roubada, do paraíso perdido. Si hai un tema capaz de activar un hipotético sentimento nacionalista camariñán é aquel que ven constituido por todo o que rodea ao Castelo do Soberano, auténtico bucle melancólico da vila, ferida sin pechar agravada polo feito de que non foi un enemigo foráneo o encargado de desmembrar unha fortaleza militar emblemática senón que tal dubidoso honor lle caío en gracia ao propio pobo camariñán. Por todo elo, conscientes da importancia do destino desta peza arqueolóxica para o Concello e para a conciencia das boas xentes da vila, camarinas.eu decidío por vez primeira saírse dunha senda marcada ata o de agora únicamente por persoalidades políticas e adicarlle a sección de  análise sociopolítico da web máis vista da historia da Costa da Morte, Claves, a Juan José González Soto, actual propietario do Castelo do Soberano.
¿Por qué te prestas a facer esta entrevista?
Son consciente de que o Castillo aínda estando en mans privadas constitúe unha parte imprescindible do patrimonio e historia da xente de Camariñas, por eso é miña obligación moral ter informado ao pobo do que acontezca con el.

¿Cómo surxe a posibilidade da súa compra?
Por casualidade. Un día ven o Sr Pardiñas a comer á miña casa e na sobremesa díxenlle porque non limpiaba o Castillo e así poñía en valor un ben da súa propiedade. El contestoume: se queres véndocho e límpialo ti e alí surxío todo.

¿Por qué precisamente o Castillo?
Sempre tiven ganas de ampliar o negocio, e tiña que ser aquí en Camariñas, nunca se me ocurriría saír do pobo, e a verdade que sitios ben situados e cunhas vistas privilexiadas como este quedan poucos.

¿Que pasa despois de formalizar a compraventa?
Nada máis finalizar a compra fun ao Concello a informalo do asunto e a comprobar si tiña algún interese nel. Ofrecín ao Concello a posibilidade dunha permuta con outros terreos pero a contestación foi que aínda que saíra gratis non podían facer frente a o gasto da limpeza nin de rehabilitación que traería aparellada a súa adquisición, e esto tiroume para atrás, tamén ofrecín a posibilidade de facer un convenio onde eu cedería as instalacións unha vez feitas para actos sociais, tales como vodas civiles, presentacións municipais, concertos, reunións, etc, a cambio de que o concello me allanara o camiño da reconstrucción en forma de permisos, licencias e tramitación de subvencións, neste punto estiveron mui interesados pero ao final non se concretou nada.

¿Que pasa agora cos permisos?
Agora mesmo a empresa de arqueoloxía que teño contratada está redactando o Plan de Limpeza que esixe a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia. Nel tense que plasmar punto por punto como se vai facer a limpeza. Asemesmo, debe sinalarse un museo, que seguramente sera o de San Antón da Coruña, para donar obrigatoriamente  tódolos restos arqueolóxicos que aparezcan no recinto do noso Castelo. Esto constitúe unha gran lástima: que non poida quedar nada en Camariñas pois aquí non temos museo que albergue pezas arqueolóxicas.
Plano orixinal do Castelo do Soberano
Plano orixinal do Castelo do Soberano
¿Aporiáronche os políticos locais ao longo de todo este camiño?
Dentro das súas posibilidades si, teño que agradecer o enorme interese que puxo Marisol Soneira para que este proxecto se levase a cabo, o apoio de Daniel Rego en canto a contactos, e as palabras do Alcalde Pichurri promentendo que non poñería impedimento ningún si se fai todo seguindo o disposto na lexislación vixente. De todas formas si no seu momento alguén houbese mostrado un maior interese polo tema, seguramente o Castillo sería municipal.
¿Consideras que atopaches algunha porta pechada?
De momento non, Costas, Patrimonio e o Concello non se están portando mal, tan só destacar a parte técnica do Concello, pois a arquitecta  non esta moi de acordo co proxecto. Nalgúns departamentos municipais por desgracia falta o sentimento camariñán, o de ver crecer a o pobo natal, que e o que fai a un pobo grande.
Pero, ¿de quen dependen as autorizacións para a reconstrucción?
Para a limpeza depende básicamente da Delegación de Patrimonio da Coruña, a cal dou seu visto e prace, tan só falta rematar os trámites ca presentación da documentación necesaria para que que remitan os permisos por escrito e así comenzar xa cas labores de limpeza. Precisamente este último venres 20 de novembro estivo visitando a zona o arqueólogo de Patrimonio, o cal antes de pronunciarse quixo ver en persona como estaba todo. Emocionado, díxome que levou unha mui grata impresión, porque segundo as súas propias palabras pensaba vir a ver unhas ruinas e encontrouse con un Castelo.
O tema da reconstrucción xa é mais complicado, non depende de Patrimonio senón do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM): unha vez aprobado este tense que facer un Plan Especial para o Castelo do Soberano onde se determine o seu uso. Agora mesmo a pelota está no teito do Concello e da empresa redactora do PXOM, despois xa entraría en xogo Patrimonio marcando as directrices da reconstrucción, as cales terían que respetar escrupulosamente os planos orixinais do antigo edificio, depositados no Museo Militar de Madrid. Sin eles sería imposible a rehabilitación.

¿Qué administracións están implicadas?
Moitas: Patrimonio, Costas, o Concello a través do PXOM, etc, pero a última palabra a  ten o Concello, xa que normalmente todas as administracións delegan a decisión final no político de turno que se sente no sillón municipal.

¿Tes coñecemento de casos parecidos ao que aquí estamos a tratar e de cuia experiencia poidera aproveitarse Camariñas?
Por suposto, moitas fortalezas de Galicia e Portugal están actualmente a funcionar como Hotel, entre elas o Parador de Baiona que é o auténtico emblema desta vila.
Un home e o seu soño. o da futura reconstrucción do Castelo do Soberano
Un home e o seu soño. o da futura reconstrucción do Castelo do Soberano
A entrevista ten lugar nunha magnífica sobremesa dun chuvioso e desapacible día de semana no salón reservado do Hostal Restaurante Puerto Arnela. Anteriormente dérase conta con fruición caníbal dos habituais manxares da casa e xa reposados, ao carón dun café cortado e de unha das célebres bombillas de pacharán que o dono da casa tanto contribuío a extender entre os membros desta redacción, a charla discurre placentera e  cálida. Unha das paredes do reservado presenta obras: o carácter inquieto de Soto levouno a cambiar unha espléndida parede de pedra rústica por un revestimento de madeira ("en inverno, esta sala é demasiado fría"). O redactor alega serias dúbidas sobre o resultado estético final, pero Soto volve ao epicentro do furacán que devora actualmente o seu maxín: o Castelo do Sobrerano.
Pero ao fin e ao cabo, ¿non constitúe este un proxecto descabellado?
Cando se fala de recontruir un castelo sempre veñen á memoria torres, almenas, pontes levadizas, etc, pero este non é o caso: o noso Castillo a pesar da súa beleza  foi un  edificio sinxelo que tiña unha casa central de uns setenta metros de largo por oito de ancho onde albergaba os cuarteis, polvoríns e salas de oficiais; na parte norte, unha parede que servía de protección; no centro, un foxo con dous fornos para quentar proxectiles e un alxibe; e frente ao mar, a muralla. A base de todo elo está intacta e eso axuda moito á hora de subir os muros, ademáis este é un proxecto a moi longo prazo onde ao estar catalogado o edificio como un BIC (Ben de Interese Cultural) tamén se dispón de moitas subvencións, e esto precisamente é o que me recalcaron dende Patrimonio. En definitiva,  o propietario dun BIC ten poucos dereitos e moitas obligacións, pero entre as ventaxas está a de que a administración ten que axudalo á hora de poñello en valor .

¿Estás disposto a cumplir todalas esixencias?
Non me queda outra, estón xogando a partida con Patrimonio e eles sempre levan os ases.

Mirando ao corto prazo, ¿finalmente, cres que se vai limpar?

Esto non ten marcha atrás, unha vez aberto o expediente en Patrimonio ou se limpia ou se depuran responsabilidades, e estas poden ser tanto privadas como municipais, pois a lei leva 15 anos obrigando aos concellos a que garanticen a protección e conservación dos bens protexidos.

¿E si a o final non consigues os permisos?
O Castillo leva setenta anos sin que nadie mire por el, pode esperar catro, oito o dezaseis máis, as xentes de Camariñas seguiremos aquí, pero os políticos cambiarán e algún día entrará alguén que se interese por el.

Pero se o teu proxecto acaba saíndo adiante, ¿non quedará un Castelo do Soberano de propiedade privada para disfrute de uns poucos privilexiados?
Non, porque a ser un BIC a lei obliga a telo dous días por semana aberto ao publico, e así tódolos interesados en visitalo poden facelo sin ningún impedimento.

Cañón do Castelo no Poso do Muelle
Cañón do Castelo no Poso do Muelle
¿Sabes algo do destino dos cañóns do Soberano?
Sei que non están recibindo o trato e o respecto que se merecen. É increíble que os nosos mandatarios se preocupen  máis por temas cotidianos sin relevancia algunha  que pola nosa historia, a identidade de un pobo mídese por súa fala e por súa historia. O pasado non admite cambios e o futuro é unha cousa superflua.

¿Qué pasará co Hostal Restaurante Puerto Arnela no caso de saír adiante o proxecto da restauración do Castelo?
O tesoro máis preciado de un negocio non é a súa ubicación nin o seu aspecto senón  os seus clientes. Eu por sorte teño unha clientela admirable tanto do pobo e arredores como de fóra, unha carteira de clientes que ano tras ano teñen seus dias ao ano para pasar uns días aquí. Estes, cada ano que pasa  recoméndannos a amigos e familiares e xa somos todos como un Gran Hermano Naciona. Agora non lle podo fallar, teño que seguir atendéndoos e o tema do Castillo si se leva a cabo será para outra clase de cliente que seguramente buscará outra cousa. Cada negocio ten a súa clientela, e cada cliente busca un negocio específico, agora mismo teño un restaurante con hotel, o Castillo en caso de que se leve a cabo será un hotel con restaurante.

¿Cres que o destino de este pobo está no turismo?

Unha cousa está clara, industria  temos moi pouca e o mar cada día está máis difícil. Penso que o turismo pode ser unha fonte importante de ingresos para calquer pobo costeiro, pero en Camariñas non confiamos bastante nas nosas posibilidades, fáltanos o espíritu emprendedor de outras zonas, temos que cuidar o turismo que temos agora mesmo  non masificalo como pasou en outros sitios, vale máis un bo cliente que vinte malos. Hai asociacións que queren atraer o turismo de grupos para esta zona, eu creo que eso sería un gravísimo error: agora mesmo temos un turista que busca a tranquilidade que en toda a costa da Península non encontra, e precisamente ese é o turismo de calidade e deberíamos aguantalo por que é o que poñe en valor o pouco que temos, sin esixir máis do que ofrecemos.
Tamen deberíase cuidar  e potenciar máis si cabe o tema do encaixe porque trátase da nosa tarxeta de presentación e constitúe un importante reclamo para o sector femenino, e xa se sabe, aínda que non queriamos recoñecelo os homes sempre vamos detrás das mulleres.

¿Cres que un Castillo do Soberano reconstruido cumpriría unha función hostelera semellante a de un Parador Nacional?
Si fai anos a min de dixeran que iban a recontruilo para un hotel a min importaríame pouco: eu quixera ver o castillo construido, o antiguo faro feito, o Castro de Mourín restaurado, o aentamento do Castro rehabilitado, tamén o Muiño do Vento levantado e importaríame mui pouco si todo fora feito con diñeiro privado ou publico. Si a o fin e cabo de calqueira das dúas formasé axeno ao cidadán de a pe. Non coñezo ningún museo estatal ao que non haia que pagar entrada, nin ningún Parador do Estado que de habitacións gratis a os contribuíntes.
Tamén sería unha boa forma de competir co Parador Nacional que se vai a facer en Muxía. Non me imaxino como se vería dende a nosa vila veciña a estela do Villano por unha parte e a do Castillo do Soberano todo alumbrado por outra. Seríamos a envidia de toda a Ría.

Os que che conocemos vemos que estas moi metido en esto...
Non me queda outra, como decimos por aquí "teste que meter hasta cota". É a única forma de que che tomen en serio.

Para rematar co tema do Castelo, ¿eres conciente realmente do que significa o Castillo de Camariñas para o pobo?
Cando eu era rapaz todos os rapaces camariñáns xogábamos por entre os seus muros e troneras centos de veces, e cada unha de esas veces soñábamos con que algún dia se reconstruiría, falábamos do que alí pasaría, quen viviría entre os seus muros, quen morrería e por que o desfacerían, sentiamos rabia porque o desfixemos os mismos camariñáns, e sentíamos esperanza de que un día os mesmos camariñáns o recontruirían. Ese sentimento de autoinculpación e ese soño de velo feito outra vez só se teñen de rapaz, e aínda que perdure toda a vida non se pode ter de adulto ca mesma intensidade. Precisamente ese sentimento, o sentimento de xogar e imaxinar velo feito é o que penso eu que lle faltou aos alcaldes que tivemos á hora de valorar as posibilidades do noso Castelo.
Un Soto consciente da dificultade do proxecto a realizar, posa nos restos do Castelo
Un Soto consciente da dificultade do proxecto a realizar, posa nos restos do Castelo
Falas da túa infancia, de xogar arredor do Castelo, ¿cales son os teus principais recordos desa época?
Penso que os de todo o mundo: os amigos, a despreocupación daqueles días e sobre todo a familia, porque si o pensas ben xa só ca túa familia materna pasas un cuarto de toda a vida. Polo demáis recordo como aos trece anos pasaba máis tempo nos pasillos que na clase polo que os meus pais mandáronme para un internado da Coruña, pero ao ano chamáronnos para que me viñeran a buscar porque según o director non tiña arreglo, así que me puxeron aos catorce a traballar na panadería da casa. Alí estiven ata os dezaoito anos cando faltou miña nai e pechamos o negocio. Despois de uns meses fun para Santiago primeiro e para A Coruña despois a traballar de guardia de seguridade, aos vintadous caseime e puxen un negocio de construcción que aos tres anos pechei por quiebra, como de algo había que comer o meu sogro introducíome no mundo do percebe, andiven con un cuñado meu aos ourizos, ao marisqueo no río e aos propios percebes. Un día ocurríoseme poñer un bar, e o resto xa o sabedes. Con todo, teño que recoñecer que todo o importante da miña vida sucedeu no Barrio de Corea, o meu auténtico fogar.  Alí teño os recordos dos familiares que xa non están conmigo e alí coñecín á miña muller, que é o motor de todo canto fago, teño e represento.

Precisamente xunto a ela puxeches en marcha o proxecto do Café Bar Arnela...
Fixen o bar non porque non me gustara o mar no que estaba a traballar daquela, senón porque tiña un local e non era capaz de alquilalo. Con unhas chapas sobrantes fixen a barra e os asientos foron tapizados polas miñas cuñadas con telas vellas. Fui todo artesanal pois cartos non había un peso, recordo que algunha bebida cando foi de abrir salío de algún que outro mueble bar, despois pouco a pouco fun facendo unha clientela mui boa: Pedro de Corona, Chaflín, Kempes, O Soco, todos os percebeiros e toda a familia da miña muller... Mui ben o temos pasado alí, éramos poucos pero de calidade.

¿Esperabas que o Café Bar Arnela acabara sendo unha institución de Camariñas?

Para nada. Viña de perdelo todo no negocio anterior, e este dixen si vai, vai, e si non outro para o currículum.  Por sorte todo salío ben.

¿Cómo foi surxindo o proxecto do Hostal Restaurante Puerto Arnela?
Todo foi debido á Mostra do Encaixe. Cada ano vía como marchaba muita xente do pobo sin comer por non haber restaurantes suficientes, entón detrás do bar tiña un pequeno local e acondicioneino con seis ou sete mesas como comedor, ca axuda de Lola do Piticlín na cociña pois a miña muller traballaba nun super en aquel tempo. Demos comidas durante a Mostra e todo salío ben, seguimos durante todo o vran ca experiencia, e tanto a miña muller como a min gustounos máis o retaurante que o bar e finalmente decidimos buscar un local en condicións, encontramos a casa onde hoxe está o Hotel Arnela e aquí estamos.

¿Foi duro deixar o Barrio de Corea polo do Campo?

Corea, como decía anteriormente, é a miña patria pequena, miña media vida, pero aquelo que fixen do que me sinto máis orgulloso na miña vida laboral está constituido polo feito de vir a vivir para o Barrio do Campo. Aquí coñecín muitísima xente e outra clase de vida, completamente distinta da que podes ter si vives en calquer outro lugar de Camariñas. O Campo é o epicentro da nosa vila, todo canto se fai e coce en Camariñas pasa polo Campo, todo o pobo si sale a pasear baixa ao Campo, e non falemos da vida mariñeira, este é o seu santuario.

Pero unha vez mudado ao Campo e asentado e feito realidade o sono dun dos mellores restaurantes da Costa da Morte, necesitabas un novo proxecto co que encher o maxín...
Son o que se di un cu inquieto, non son capaz de estar sin facer nada, si non teño onde romper o sentido teño que buscar algo. Teño tido grandes discusións ca muller por este motivo, pero ao final sempre me deixa facer o que eu quero.

Para rematar esta longa entrevista, ¿cómo che gustaria que che recordaran?
Dame igual, todo o que fixen foi porque sempre carecín do sentido do ridículo. Este é un sentimento que tira pola borda moitos bos proxectos, seguramente recordaranme polo tipo aquel que quixo reconstruir (ou reconstruío) o Castillo.
O Castelo do Soberano, señores. O Castillo. Palabras maiores.
Camarinas.eu adicou por vez primeira a súa sección Claves a unha personalidade non política
Camarinas.eu adicou por vez primeira a súa sección Claves a unha personalidade non política

Engadir un comentario