Desde a Barca, Camariñas vese como unha illa de beleza
Desde a Barca, Camariñas vese como unha illa de beleza
Camarinas.eu naceu ca vontade de convertirse no voceiro mellor informado da Costa da Morte, no auténtico diario que propague a voz dos seus habitantes polo mundo adiante. Por iso non restrinxe a súa actuación só ao Concello de Camariñas, senón que ten intención de extender a súa actividade periodística a tódolos concellos que compoñen esa realidade xeográfica, cultural e social que é a Costa da Morte. Na nosa primeira expedición extramuros do Concello de Camariñas, auténtico epicentro da nosa actividade, camarinas.eu recalou na veciña Muxía onde entrevistamos ao seu novo alcalde, o socialista Félix Porto, o cal comentou para os nosos lectores as suás primeiras impresións sobre o estado no que atopou o Concello de Muxía e sobre cales son as claves que deben impulsar a colaboración futura entre Camariñas e Muxía, dous concellos veciños e irmáns.

"O anterior alcalde de Muxía favoreceu  urbanísticamente a determinados clans familiares"

Félix Porto, Alcalde de Muxía 

Félix Porto, Alcalde de Muxía
Félix Porto, Alcalde de Muxía

Só é un o camiño que vai de Camariñas a Muxía, o camiño que percorreron os nosos pais, os nosos avós, os nosos bisavós: O camiño do mar. A Ría de Camariñas, auténtica patria común e indivisible para camariñáns e muxiáns, foi durante séculos a vía que uneu a dous pobos tan semexantes e cercanos, e sin embargo nalgúns aspectos tan lonxanos e diferentes. O mesmo sangue corre polas nosas veas, o mismo mar bravo embate contra as nosas costas, o mismo vento nordeste nos volve en ocasións tolos a todos, e os intereses e problemas que nos atinguen son os mesmos. Por iso mesmo a intención da visita de camarinas.eu á costa sur da nosa ría común era a de incidir no hermanamento dos dous concellos.
A entrevista con Félix Porto tivo lugar nunha céntrica cafetería de Muxía, co fondo dunha vista incomparable de toda a ría. A mañá era desapacible e sorteando un mar picado pola marexada, precisamente pola vía marítima chegou a expedición de camarinas.eu ao porto muxián na embarcación "Buría" pilotada con man experta pola diputada autonómica Marisol Soneira. Unha vez feitas as presentacións comenzou unha entrevista que discorreu en todo momento nun clima de complicidade e entendemento:

Félix conversando con Diego Alonso
Félix conversando con Diego Alonso

Agora que pasaron xa dúas semanas, ¿atópaste recuperado da Barca?
Sí, encóntrome xa perfectamente: como dis pasaron dúas semanas. A verdade é que este ano a festa da Barca discorreu de forma exemplar, a convivencia foi perfecta, estou moi orgulloso de que xente de toda España viñera a Muxía a disfrutar da festa, pero non podía ser de outra maneira porque o pobo de Muxía sempre foi un excepcional anfitrión.
¿Que significa a Barca para un muxián?
É algo moi especial que non se pode describir con palabras, levámolo no fondo da alma. Son os catro días días máis importantes do ano para un muxián. É unha festa que pode desfrutarse tanto de forma relixiosa coma de forma pagana, máis sempre dende o respecto ás creenzas dos demáis. Agora xa comezou a conta atrás ata a Barca do ano que ven.
¿Aínda que un sexa socialista?
Un bo socialista sempre debe respetar as creenzas dos demáis. Entendo que ser socialista e católico é perfectamente compatible.
¿Que tal te encontras nestes primeiros cen días de mandato?
Ubicándome, deseñando un pouco o Concello que queremos. En moitos ámbitos estaba completamente abandonado. A excepción da capital municipal que é Muxía o 70% do Concello está sen saneamento. Polo de agora o máis básico son os servizos sociais para despois avanzar sobre o plano cultural que tamén estaba completamente olvidado.
¿Como deixou o Concello de Muxía o anterior alcalde Alberto Blanco?
Hipotecado, sen recursos. Había unha contratación partidista dos servicios a empresas vinculadas ao Partido Popular. En definitiva, creouse unha rede clientelar coa intención de ter unha importante reserva de voto cautivo.
¿Como se atopa urbanisticamente o Concello de Muxía actualmente? ¿É este un dos principais problemas de Muxía?
É un dos grandes problemas que ten Muxía sen olvidarnos de outros. A estas alturas ten xa difícil solución. O que se fixo foi favorecer urbanísticamente a determinados clans familiares vinculados politicamente ao anterior alcalde.
Trala entrevista que camarinas.eu lle fixo a Bautista Santos Ramos moitos dos nosos lectores defenderon que un dos seus principais acertos foi o impulso e a dinamización de todas as parroquias do Concello por igual; sen embargo en Muxía dise que a capital municipal foi a principal beneficiada e as demáis parroquias foron históricamente postergadas, ¿esta é a Muxía que te encontraches?
Sí, como xa che decía antes o resto do Concello estaba postergado, nun segundo plano, pero o pobo de Muxía tampouco foi o gran beneficiado, fixéronse unha gran cantidade de obras cara á galería. O actual porto de Muxía non lle gusta a ninguén. Tapáronnos o mar, quitáronolo. Meteron no porto uns búnkers que nadie entende que fan ahí. Gastáronse inxentes cantidades de diñeiro para nada.

Pichurri, Félix Porto e Marisol durante a recente visita realizada a Cerdeimar
Pichurri, Félix Porto e Marisol Soneira

¿Coa túa chegada á alcaldía cumpríuse o soño da túa vida?
Sí, pero o meu soño é cumplir co compromiso adquirido co pobo de Muxía. O soño real de Félix Porto é lograr o pleno empleo, que Muxía sexa punteiro en moitos aspectos, lograr un Concello de Muxía con todos os adiantos do século XXI.
¿Que tal son as relacións co BNG dentro do bipartito?
Moi boas, cada un ten repartidas as súas áreas. Tivemos que definilas entre os dous partidos tralas eleccións. O saldo, a día de hoxe, é netamente positivo.
Pero a ideoloxía do PSOE, nacional e social-demócrata, ¿non está moi alonxada dos prantexamentos do Bloque?
Non, non estou de acordo con iso. A ideoloxía do PSOE está moi próxima a do BNG.
O tema da paralización e posterior reactivación do proxecto do Parador Nacional en Lourido, ¿non é realmente escandaloso?
Non, este é un tema onde se enganou a opinión pública. A anterior corporación non tiña preparados os terreos para poñelos á disposición de Patrimonio do Estado. Nós xa estamos traballando para logralo.
¿Cal foi a túa postura durante todo o contencioso da granxa de Pescanova de Touriñán?
A favor. O anterior alcalde Alberto Blanco convocou un pleno extraordinario, ao que concorrerron duascentas persoas na Casa do Concello só para meternos o pobo enriba, pero nós estabamos a favor do proxecto. A nosa opción non foi moi ben entendida no seo da directiva do PSdeG-PSOE, pero o noso compromiso principal estaba co pobo de Muxía.
¿Entón tamén estas a favor da granxa de Prodemar-Stolt Sea Farm en Merexo?
Eu polo que estou a favor é de traer inversións cara ao noso Concello, cara a Costa da Morte. No tema de Merexo é diferente se cabe ao de Touriñán, xa que significa que se non hai ampliación a empresa terá que pechar as instalacións: Ampliación ou desaparición, así de simple. O que non pode ser é manter a nosa costa como unha reserva, virxe para que determinadas persoas veñan a encontrala en este estado tres ou catro fins de semana ao ano.
A Asociación de Percebeiros de Muxía, unha das máis respetuosas cas leis e o medio ambiente da zona, está a denunciar un furtivismo despiadado na súa xurisdicción, ¿que ten que dicir o Alcalde de Muxía sobre o estado desta situación?
Teñen toda a razón. Non se pode deixar sen recursos a esta xente que está a traballar e conservar os seus recursos tan duramente. Dende a alcaldía terán total apoio e colaboración á hora de encontrar unha solución a este problema.

Félix Porto en Xaviña co Presidente da Xunta Touriño
Félix Porto en Xaviña co Presidente da Xunta Touriño

Félix Porto mira de vez en cando preocupado o seu reloxio, esperábao un compromiso ineludible: unha boda. Sen embargo, unha vez feita a pregunta un torrente de palabras brotaban da boca dun alcalde volcado con todo o que teña que ver co seu concello

¿Cales son os eixos que deben de impulsar o futuro socio-económico de Muxía?
O turismo, a acuicultura, que sempre defendemos desde o PSOE muxián, e a Ría, que ten que servir de fonte de riqueza fundamental do noso Concello. Non olvides que Muxía é sobre todo un Concello mariñeiro.
Polo que tí coñeces, ¿como eran as relacións do anterior Alcalde de Muxía co Concello de Camariñas?
Descoñezoas pero imaxino que correctas.
¿Hai química personal entre tí e Pichurri?
Somos amigos. Os amigos se non teñen química xa non son amigos. Son moitísimos anos de convivencia política e personal: reunións de partido, comidas familiares, en fin, amistade persoal. É unha persoa da que me inspira moitísimo respeto toda a súa traxectoria.
¿Esta boa relación persoal pode traer consigo grandes melloras ás dúas ribeiras da ría?
Iso esperamos os dous, somos novos no cargo. Os dous entendémonos ben entre nós e sabemos o que queremos, sabemos cales son as necesidades reais dos nosos concellos, e por iso podemos facer forza xuntos en Santiago ou donde faga falla.
Pero á hora de captar financiación de outras administracións (U.E., Goberno, Xunta, Deputación) Camariñas e Muxía, ¿compiten ou uníndose poden conseguir máis?
Non pode haber competencia porque os dous reunímonos conxuntamente con altos cargos de Santiago constantemente para conseguir inversións, axudas, proxectos para os dous Concellos. Non hai competencia, hai obxectivos comúns entre Camariñas e Muxía.
Hai unhas semana pudo vérseche co Alcalde de Camariñas nunha coñecida industria conserveira de Camariñas, ¿deixou o mar de ter a importancia que tiña anteriormente para Muxía, para toda a zona?
Salín sorprendido de Cerdeimar, en serio. Non debe ser fácil, a pesares de ser unha empresa con tanta tecnoloxía e con tanta competencia, sobrevivir nun recuncho tan apartadode Galicia tan ben como o están a facer. Pola miña parte donlles a noraboa á familia Cerdeiras de Camariñas e creo que hai que axudar e apoiar a este tipo de empresarios para poder acadar que o mar siga sendo a nosa principal fonte de riqueza.
¿Gustaríache ver un día unha ponte estilo Golden Gate que cruzara a nosa ría?¿Sería eso posible?
Home claro. Pero polo de pronto, esa ponte ten que ser virtual entre as xentes de Camariñas e Muxía para unirse en obxectivos comúns porque temos os mesmos problemas aos que hai que buscarlles as mesmas solucións entre os dous. Esa é a ponte que ten que haber entre Camariñas e Muxía.
¿Como che gustaría pasar á historia do Concello de Muxía?
Gustaríame que me recordaran como o alcalde que consigueu a unidade de todos os muxiáns despois da fractura social que provocou o Prestige.

Como colofón a unha cita marcada pola converxencia en aunar esforzos para conquerir unha mellora xeralizada en inversións, infraestructuras, axudas e todo canto sexa necesario para mellora-la calidade de vida dos nosos concellos, camarinas.eu fixo entrega ao alcalde muxián do xa clásico obsequio do noso diario: unha foto de Félix Porto con Pichurri, Alcalde de Camariñas durante a comida celebrada no merendeiro do Ariño, en Xaviña con motivo da visita do Presidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño. Unha foto que a podedes atopar no mesmísimo despacho do Alcalde de Muxía.

Entrega do agasallo de Camarinas.eu

Engadir un comentario