4.8518518518519 1 1 1 1 1 Rating 4.85 (54 Votes)

Image

Camarinas.eu segue a ofrecerlles aos seus lectores as impresións dos principais políticos camariñáns. Esta semana a nosa xira detívose no lugar de Pedrouzo, na parroquia de Xaviña, onde foi obxecto da entrevista da sección de análise "Claves" Juan Bautista Santos Ramos, alcalde do Concello de Camariñas entre 1983 e 2007. Dende o seu retiro xaviñán Bautista pasou revista aos principais logros e erros dos seus vintecatro anos de mandato, deixou claro que non tolerará que se poña en dúbida o seu legado, e das súas declaracións despréndese que as relacións ca actual executiva do PSOE de Camariñas son correctas pero frías.

"Se me presentara ás eleccións pasadas aínda estaría de alcalde catro anos máis"

É doado para un bo reporteiro detectar cando se encontra ante un político de raza: solen ser persoas que analizan tódolos datos que obran no seu poder en clave política, que solen detectar un risco antes de que suceda, e si sucede, darlle unha solución rápida e quirúrxica (normalmente sobre cabeza allea), solen ser fríos, en ocasións implacables, tamén solen ter un olfato especial que fai que detecten os cambios de criterio que se producen na masa social antes de que acontezan para despois amoldarse a eles, suelen ir sempre uns pasos por diante das sociedades que lideran, e, sobre todo, a principal característica do político de raza é que nunca deixa de selo.

Por todo o anterior o reporteiro douse conta inmediatamente que ante Juan Bautista Santos Ramos encontrábase ante un político de raza, ante un home que consigueu para o PSOE seis mandatos municipais consecutivos, a maior parte deles con maiorías absolutas incontestables, ante un ser humano que vive por e para a política. E sen embargo, en datas recentes estaban a xurdir voces que cuestionaban os seus logros. Ante isto, o ex-alcalde non podía permanecer impávido e aproveitou a entrevista de camarinas.eu para reinvindicar o seu legado.

O encontro tivo lugar na casa que a familia Santos Ramos ten no Lugar de Pedrouzo, en Xaviña: unha tradicional casa campesiña rehabilitada e adaptada a tódolos avances do s.XXI cun gusto exquisito no medio dun paraxe natural de extraordinaria beleza. Os redactores de camarinas.eu, Juan Bautista Santos Ramos e a súa fermosa cadeliña dun ano, o novo membro da familia, Lúa, tomaron asento nunha pequena e coqueta salita profusamente decorada de recordos, fotos e demáis adornos, entre os que destacaba unha foto adicada polos mesmísimos Reis de España.

Cos Reis de España
Cos Reis de España

¿Que tal levas o retiro?
Ben. Despois de tantos anos por fin levo unha vida máis tranquila e familiar, e iso, claro a familia, en especial a miña muller, agradéceo.
Despois do ataque ¿como te encontras de saúde?
De momento ben, fai oito meses do meu infarto e, de verdade, estou moito mellor que antes. Camiño moito e atópome máis forte.
¿Non foi prematura a túa retirada no mundo da política?
Foron vintacatro anos. É unha vida de traballo pero aínda me quedaba fuelle, pero bueno, si estivera ca saúde de hoxe naquel entonces aínda me presentaría outra vez á alcaldía  e me veríades de alcalde catro anos máis. Na miña enfermidade tuvo moito que ver a presión do cargo que ostentaba. ¿Realmente era necesaria o cambio que sufreu o PSOE de Camariñas?
Penso que non hubo cambio porque a ideoloxía é a mesma. Hubo un cambio de personas pero tamén hubo continuidade doutras con experiencia na xestión do Concello.

Momento da entrevista con Diego Alonso
Momento da entrevista con Diego Alonso

Falando en términos futbolísticos,  xente como Alonso, ¿non lle quedaban aínda un par de anos bos de servizo ao pobo?
Sí, claro.Todos temos os nosos defectos e as nosas virtudes. Pero Alonso é unha persoa moi intelixente.  Alonso para min foi un auténtico visionario, un adelantado ao seu tempo, ademáis dun home intelixentísimo que eu, persoalmente, admiro. ¿Que tal son as túas relacións co goberno municipal?¿Pídenche consello nalgunha cuestión?
Non volveron a chamar, cando saín púnxenlle as obras que se fixeron no meu mandato enriba da mesa e non volveron a chamar, de todos modos estou á disposición do novo equipo de Pichurri para o que faga falta.
¿Revitalizou Pichurri un PSOE que ía á deriva?
Imposible, as enquisas telefónicas dábannos amplia maioría absoluta: oito concelleiros seguros e rozando o noveno. Non sei porque se di que o PSOE ía á deriva. Deixei obras case rematadas para inaugurar para catro anos: 134.000 € para o camión de basura; deixamos comprado e adxudicado o paseo marítimo de Arou; o dique de abrigo de Camelle; o paseo marítimo de Camariñas, do cal só teñen que entregar os terrenos porque os cartos xa están nos presupostos; a fachada marítima de Camariñas que se vai a contratar agora; a depuración das augas da Ponte e de Camariñas que tamén se van a contratar agora cos terrenos comprados; e o paseo fluvial novo da Ponte do Porto. Isto o deixamos feito nós, co que xa teñen un traballo realizado tan só para que o vendan eles.

En este momento Lúa, xoguetona e inquieta, sempre nos brazos de Bautista, aproveita para darlle un bico e o ex-alcalde non pode evitar rir emocionado ante o xesto de cariño da fermosa cadeliña. Os redactores tómanse un respiro e fan balance de como vai ata ese momento a entrevista, antes de volver intentar levar ao ex-alcalde, político curtido en mil batallas, ao seu terreno. Misión difícil.
¿Botas realmente de menos a alcaldía?

Foron moitos anos, sí que se bota de menos, e sobre todo a relación ca xente do pobo. Ademáis disfrutaba facendo favores a todo o mundo.

Momento do traspaso de poderes a Pichurri
Momento do traspaso de poderes a Pichurri

Facendo un repaso ao teu mandato, ¿cal é o proxecto do que te sintes máis orgulloso?
Mira, cando cheguei á alcaldía en Camariñas non había nada. Nós fixemos o que é hoxe Camariñas. ¿Un proxecto? Quizás pola necesidade creo que o máis importante foi a a traída da auga (cando entrei eu casualmente Juan do Andaluz cortou a auga do Concello). En Camariñas unha das obras máis importantes foi o dique de abrigo co cal, o porto de Camariñas quedou coma o máis seguro da Costa da Morte. Despois tamén creo que foi moi importante a cultura, a primeira escola taller foi moi importante para aquela xente que nin tiña o graduado escolar e sacárono alí. Houbo un cambio importante naquelas persoas porque foron tres anos de educación. Despois seguimos cunha nova escola taller e agora farase outra que nós deixamos adxudicada antes de saír do Concello.
E agora, coa perspectiva do tempo, ¿cal pensas que foi o principal erro?

Quizais o intentar facer urbano a rúa do Castelo en Camariñas. Por culpa disto non temos unhas normas subsidiarias en Camariñas que beneficiarían a todos. Esto producíuse tamén por un cambio de normativas na Xunta.
Na parroquia de Camariñas aínda moita xente segue sen perdoarche a decisión de levar o Instituto (IES) á Ponte do Porto...

Eso foi decisión da Xunta de Galicia e en segundo lugar tamén a votaron tódolos partidos e concelleiros do Concello de Camariñas. E eu sigo pensando que o Instituto está ben ahí porque abarca todo o Concello de Camariñas e gran parte do de Vimianzo. O que temos que pensar é que Camariñas tuvo por fin Instituto.

Tres leyendas vivas no PSOE da provincia
Tres leyendas vivas no PSOE da provincia
¿Cal foi o teu mellor momento en vintecatro anos de mandato?
Cando conseguimos o dique porque foi importantísimo, pero en vintacatro anos tes moitos momentos alegres. Cando a a traída de auga na Ponte foron 1,2 millóns de euros e en Camariñas tódolos veciños teñen auga corrente da traída. Ese tamén, para min foi un dos mellores momentos: o saneamiento case integral de Camariñas.
¿E o peor? ¿Tal vez os dous últimos anos co tema do PXOM?
É necesario o PXOM pero a xente pensa que é a panacea, pero non. O PXOM é unha boa arma para desenrolar o urbanismo pero tamén é perigoso polos promotores especuladores que abundan por outros pobos desta costa. Tempo teremos para ver que vai a pasar con esos concellos coma Fisterra que teñen capacidade para 15000 habitantes e viven so 4000. Antes de falar hai que saber do que se fala, porque o mellor que pode ter Camariñas é o casco urbán cheo de casas e as vellas rehabilitalas.
¿Algún proxecto que non che dou tempo a facer e que che gustaría haber legado ao pobo?
Os dous polígonos industriales. Ao de camariñas non lle fai falta o PXOM para realizarse, pero ao da Ponte sí.
¿Que tes que dicir ante as declaracións de Daniel Rego a camarinas.eu o sábado pasado?
Daniel a única cousa boa que ten é a lingua, pero a utiliza para o peor, para insultar e meterse cos demáis. Se quedara mudo era mellor.
Con Daniel Rego
Con Daniel Rego

¿Botaches de menos que algún membro da executiva do PSOE saíra na túa defensa ante as declaracións de Daniel Rego?

Nadie dixo nada, pero bueno, tampouco facía falta. Todo o mundo sabe como é Daniel.
¿Cales cres que deben ser os eixos polos que debe discorrer o futuro económico de Camariñas?
Aos pobos véxolle pouco futuro porque España estase industrializando moito e a xente estase a ir cara as zonas metropolitanas a traballar, e os rapaces empezan a estudar alí e xa quedan cando comezan a traballar. A agricultura eliminouse completamente e o mar segue o mesmo camiño. Se siguen os barcos de pesca será con xente de fora que veña a traballar neste sector. Oxalá me engañe, pero non vexo moito futuro. Tampouco hai que estar pensando en que as empresas teñan que estar en Camariñas porque si están en Vimianzo ou Dumbría, ¿que máis nos da coller o coche 20 minutos para desprazarse ata onde está o traballo? E o turismo nesta zona hai que ver que temos só dous meses de verán co cal temos un problema. Así e todo temos que ser conscientes de que temos un concello dos que mellor se vive na Costa da Morte.
Durante a túa alcaldía, ¿meteches de menos o apoio dunha Xunta sempre en mans do PP? ¿Non conta o actual goberno municipal ca ventaxa de contar con un goberno amigo na Xunta?
Creo que fun respectado igualmente polo goberno do PSOE que co do PP, pero ter un goberno amigo significa case ter un cheque en blanco para o gobernante do concello.
¿Como levou a familia de ter que compartirche co Concello durante 24 anos, toda unha vida?
A muller moi mal e os fillos tamén, e pedíronme que o deixara como regalo de reis, pero non se olvida a política. O que foi político segue séndoo toda a vida.
Finalmente, os teus 24 anos de mandato fan que pases á historia do Concello de Camariñas como o alcalde que máis tempo estivo no posto en democracia. ¿Como che gustaría que che recordaran?
Coma unha persoa honrada e boa. O de honrado podo demostralo, o de boa persoa cada un terá a súa opinión.

Lúa, intuindo o final da entrevista, saltou veloz do regazo de Bautista e marchou pola porta para fora: sabía que chegara a hora de acompañar ao seu amo nos seus cotidiáns paseos vespertinos polo marco incomparable do Ariño. Alí, Bautista, ¿quén sabe?, volvería a xogar na súa mente os partidos xa xogados no pasado: aquel maldito proxecto que saeu mal ou non todo o ben que él esperaba. Ou recrearíase en calqueira dos grandes logros que se trouxeron ao concello durante o seu mandato. E o humilde e solitario redactor, ó abandoar aquel fogar xaviñán, non poido evitar sentir unha certa melancolía por unha hipotética vida familiar, fogareña, tranquila, feliz, que aquela casa lle traía ao centro dos seus desexos.

Image


Engadir un comentario