CLAVES é a nova sección de camarinas.eu para a análise intelixente, obxectiva e independiente, sen partidismos, da realidade socio-económica de Camariñas. Cada semana irán desfilando por este novo recuncho que aquí abre o principal diario on-line Camariñán, un dos persoeiros claves na vida política, económica e social do noso concello para, entre todos, intentar encontrar as "claves" que deberán impulsar o progreso e desenrolo xeral do Concello de Camariñas. A primeira entrevista, non podía ser de outra maneira, foi co máximo rexedor municipal, Manuel Valeriano Alonso de León "Pichurri".

Camariñas está chamada a ser o motor económico da Costa da Morte

Manuel V. Alonso de León "Pichurri"para Camarinas.eu

Reafirmando o compromiso que esta web ten co desenrolo integral do Concello de Camariñas procedimos a entrevistar a Manuel V. Alonso de León "Pichurri" na mañá do Sábado 25 de Agosto na Casa do Concello. O Alcalde recibíu cordialmente aos redactores de camarinas.eu no seu despacho, e con él tivemos unha charla longa, en profundidade, exhaustiva, onde prácticamente non deixamos resquicio algún da realidade do Concello de Camariñas sen tocar. Os raios de sol entraban pracidamente a traves das rendixas das persianas, inundando de luz todo o recinto. Fóra, na sala de recepción, os funcionarios traballaban nas funcións de rexistro para a entrada e saída de documentos, os documentos que fan que se mova a máquina administrativa. A atmósfera foi en todo momento relaxada.  Esta é a entrevista, xuzguen vostedes:

Pichurri falando para camarinas.eu
Pichurri falando para camarinas.eu

¿É este un dos seus mellores momentos profesionais e persoais?

É un momento máis de todos os que pasei ao longo da miña vida, e foron uns cuantos, pero este momento actual supón sen nengunha dúbida o máis importante de toda a miña vida política.
¿Esperaba gañar con tan ampla maioría?

En parte sí, esperaba gañar con unha boa maioría porque tiñamos datos que o abalaban. Estes datos eran que o PSdG-PSOE non perdeu a súa maioría absoluta en todas as eleccións autonómicas, xerais, municipais, etc.. dende o ano 82 e porque notábamos o ánimo e a ilusión que nos transmitía a xente pola calle. Esto era o máis importante.
Vendo os resultados que obtivo o PSOE nas anteriores elccións ¿Facía falta unha renovación do PSOE de Camariñas?
Desde que presentei a miña candidatura a Alcaldía de Camariñas cría que tiñamos que darlle un cambio ás persóas que compoñían a anterior corporación. Os resultados nas eleccións abalan o cambio feito.
¿Estaba esgotado o anterior proxecto?
Non, o proxecto socialista nunca se esgota, é un proxecto de futuro, pero sí facía falta un cambio xeracional das persoas.

¿Desgasta o poder?
¿Qué é o poder? Traballar con ilusión polo teu pobo, ¿eso é ter poder? Se eso desgasta por intentar mellorar a calidade de vida dos nosos cidadáns, benvido sexa ese desgaste.
¿A linea que vai seguir a nova corporación será a mesma ou haberá cambios?
Un cambio importante na forma de planificar o traballo e na xestión dos recursos existentes.Teremos continuidade en moitas cousas que se fixeron ben e teremos que correxir as que creamos que se poden mellorar.
¿É o urbanismo o peor problema de Camariñas?
O urbanismo non é un problema exclusivo de Camariñas. E verdade que temos que planificar un concello para o futuro e nese senso espero contar con todas as forzas políticas e sociais e con todos os cidadáns.
¿Cales son as principais liñas que van a marcar a lexislatura?
A elaboración do Plan Xeral de Ordenación conlevará a mellora do saneamento integral en Camariñas. Eso é fundamental para o desarrollo de calquera actividade económica e empresarial no noso concello. A creación dos polígonos industriais que conlevará consigo o desenvolvemento e desenrolo das empresas do municipio. A preparación de Camariñas para o turismo, que creemos que vai ser un dos nosos motores económicos.
¿Algún proxecto estrella?
Como decía anteriormente ter o plan urbanístico é fundamental. Necesitámolo para o desenrolo de Camariñas.
¿Como se vai a afrontar a polémica ampliación de Stolt Sea Farm en Cabo Vilán?
Creo que non vai a ter continuidade a ampliación. Esa cuestión está zanxada.
¿Que se pode facer para atraer grandes inversións empresariais hacia o noso Concello?
Eu creo que non podemos depender de grandes empresas coma outros pobos e cidades por exemplo Vigo: ¿Imaxínaste que cerre a factoría de Citroën en Vigo? Sería unha catástrofe para esa cidade. Temos que impulsar a pequena e mediana empresa e tamén fomentar a protección e o cuidado do entorno para o turismo.

O traballo cotidián do Alcalde
O traballo cotidián do Alcalde

¿Que opinas do estudo económico que realizou a Xunta e que di que Camariñas e Cee van a ser os motores económicos da Costa da Morte?
Alédome sinceiramente, pero eran datos que nós xa barallábamos. Temos un porto pesqueiro dos máis activos da Costa da Morte que xera o 50% da renta dos cidadáns de Camariñas, a Asociación de Mariscadores máis grande da provincia, industrias de procesado e envasado de pulpo importantísimas, temos a única industria conserveira de toda a Costa da Morte,  temos o Encaixe de Camariñas que xera un capital engadido á renda dos cidadáns e un potencial turístico envidiable. Con todo estes datos reales a Xunta ve que Camariñas ten que ser un dos motores que tire do progreso económico da Costa da Morte.
¿Hay rumores en Camariñas sobre a marcha de Cerdeimar cara ao polígono de Vimianzo?
Falso rotúndamente. Para min non ten nengún fundamento tal rumor. Non creo que a empresa Cerdeimar que desde 1889 estivo en mans da mesma familia Camariñana desplacen ás súas instalacións cara outro sitio.
¿Como se vai a afrontar no futuro a mostra do encaixe?
É o noso salón da artesanía. Imos a afrontala con unha perspectiva máis de futuro e que lles sirva ás nosas palilleiras de escaparate. É importante que potenciemos a creación de empresas para a comercialización do encaixe de Camariñas para que sexamos capaces de ver un sector económico con máis perspectiva de futuro dentro da nosa comarca.
Pero os rapaces non queren ir ao mar e as rapazas non queren palillar ¿Non se debería ir pensando en reciclarse hacia outro sector económico, por exemplo o turismo?
Non estou de acordo, temos que ver que o mar é o sector económico máis importante do concello e que teremos que evitar que a nosa xuventude teña que coller a maleta tendo este importante actividade económica e social. Teremos que coordinar entre o Concello de Camariñas e as Confrarías de Pescadores uns mellores mecanismos de profesionalización deste sector tan vital para nós, porque o mar é a nosa ideosincrasia.
Falando de turismo ¿Non debería o Concello de Camariñas dotar a reira de mellores accesos para facela máis atractiva turísticamente?
O que temos que facer en Reira é preservala de máis atropellos urbanísticos porque é o futuro paisaxístico de Camariñas. O verán que ven dotarémola de servizos básicos como son socorristas, mobiliario de servicios, etc.. pero sempre sen danar o medio ambiente e o entorno do que nos sentimos tan orgullosos.
¿Que se vai facer co legado cultural que Man nos deixou?
Estamos dando os primeiros pasos para a creación da fundación Man e desde ahí artellar e desenrolar  o seu patrimonio que legou. Sentímonos moi orgullosos deste Camellán.
Hay rumores de que nunha apartada calle de Camariñas se está a vender  heroína e outras drogas. ¿Como se debe actuar contra esta lacra a nivel municipal?
A droga é un problema mundial, e estamos radicalmente en contra da xente que tratan de meter a nosa xuventude no pozo da drogadicción e faremos o imposible, dentro da legalidade, para erradicar esta lacra. Vamos a solicitar a entrevista co Delegado do Goberno en Galicia para coordinar os diferentes corpos e forzas de seguridade do Estado para intentar dar unha resposta contundente que faga que desaparezca dunha vez a venta de drogas do noso Concello. En todo caso, aos que venden droga dígollo claramente: O Alcalde de Camariñas será o seu enemigo Nº 1.
Finalmente; ¿Que obra, que proxecto che gustaría legar a todo o Concello de Camariñas?
O desarrollo integral de todo o Concello de Camariñas, tanto económico e social e que todas as parroquiass conten co mesmo bo nivel de servizos sociais.
Para rematar, ¿Como che gustaría que che recordaran?
Como o que fun sempre e intentarei ser: Unha persoa do meu pobo.

O recordo dun vello compañeiro
O recordo dun vello compañeiro

Unha vez rematada a entrevista, camarinas.eu fíxolle entrega ao Alcalde dun agasallo moi especial: unha foto en marco de prata labrado do seu querido e leal compañeiro Roque, can xa falecido, que tantas veces viaxou ao seu carón no asiento do copiloto nos viaxes de Ponte do Porto ata Camariñas. En este punto o alcalde emocionouse especialmente, mostrando así o seu lado máis humano. Fora era xa a unha da tarde, os funcionarios cumpriran a súa labor. Xa nadie quedaba na Casa do Concello. O Alcalde pechaba as portas e marchaba para unha das súas innumerables reunións. O sol regaba de luz toda Camariñas. E nós marchábamos a redactar para vostedes esta, a nos primeira entrevista.

Desde aquí emprazamos para a entrevista da semana que ven a Daniel Rego González, Presidente do PP de Camariñas e líder da oposición municipal para que con nós analice a realidade socio-económica do noso Concello. A invitación queda cursada.

Engadir un comentario