Juanillo coa sua xente

"Juanillo sí moviliza ao seu Cartagena" No partido que xogou onte o equipo levantino no seu estadio Cartagonova de Caratagena víuse unha imaxe moi especial: Juan Cabrejo, xogador do Cartaxena e Camariñán por todos nos coñecido volcouse coa súa xente. Como debe de ser. Toda a plantilla do equipo do Cartagena levou a mesma camiseta que levaba Juanillo nun partido que foi televisado pola Televisión Autonómica de Murcia, polo que o puideron ver centos de miles de persoas. Ademáis no campo había 10000 persoas que aplaudiron o xesto. Os medios de comunicación Murcianos fixeron preguntas a Juanillo para saber algo...

NOTA DE PRENSA DE CAMARINAS.EU

Imaxes do artigo publicado en La Voz de Galicia este sábado 22 de setembro de 2007 Hoxe vintadous de setembro nas páxinas dun coñecido diario coruñés de ámbito autonómico citáronse extractos literais de camarinas.eu baixo a frase "una página web de la villa". A redacción de camarinas.eu non pode mostrarse máis decepcionada ante a falta de rigor, a carencia de profesionalidade e o desprezo que se desprenden da lamentable información do poderoso diario coruñés. Por moi mastodónticos que sexan, por moitos apoios políticos de que disfruten ou por moitas subvencións financiadas con cartos públicos que reciban, como mínimo nós entendemos que deberían...

Comunicado da Familia Lin de Camarinas

A familia Lin de Camariñas quere comunicar aos camariñáns o agradecemento polo seu apoio. Esta é a nota que nos deron para todos vos: Retrato de algúns integrantes dunha familia destrozada: a Familia Lin "Énchenos de ledicia, e ao mesmo tempo, non podemos conter as bágoas ao ver esta páxina web. Gracias a todos os Camariñáns que nos apoian nesta páxina porque sabemos que nos queren, e gracias tamén a todos os que  non o fan porque están ahí. Unha aperta de Corazón" Familia Campaña Carril *Por favor, se escribides algo que sexa só para darlles ánimos a familia...

En Camariñas queremos volver a ver este barco XA!!

¿Por qué están presos os nosos veciños?...¿Por qué? Esta imaxe non pode desaparecer. Toda Camariñas ten que estar cos fillos de Lin. En Camariñas estase a saber realmente por qué os nosos veciños están na cadea. A xente sabe por qué: "Hai unhas denuncias de Portosín, que son os que teñen o poder político, para encadear e poñer baixo chave a armadores de Camariñas...", estas son as palabras que máis se repiten en Camariñas a día de hoxe. Xente traballadora, mariñeira e de Camariñas están na cadea como se fosen terroristas, ou peor que terroristas, porque os etarras están ceibos...

Rexistro da Garda Civil na casa dun armador de Camariñas

Escudo da Garda CivilAs autoridades rexistraron as casas e propiedades  dun armador camariñán. Axentes especiais da Garda Civil, xuíces, cans adestrados na busca de explosivos...  Segundo fontes sen confirmar os axentes do orden estarían buscando dinamita. Os gardas civiles estaban equipados con diversos aparellos para buscar explosivos e ademáis ían con cans policía expertos na loita antiterrorista adestrados para atopar explosivos. Despois desta noticia e da dos "Jallejos" parecenos que ser armador en Camariñas é peor que se foras un etarra. Desde esta web queremos dar ánimos a toda a familia dos detidos e esperamos que todo se resolva canto...